Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de enero de 2013

ODAIKO nas escolas

O mércores 16 de xaneiro os de 5º e 6º visitamos o Auditorio do Centro Cultural Novagalicia en Vigo, para escoitar o concerto didáctico do grupo de percusión ODAIKO (¿sabedes de onde ven esa palabra?). 
Pasámolo en grande, miramos e escoitamos no escenario todos aqueles sons que sabemos facer co instrumento musical máis vello: O CORPO. 
Tamén fixeron verdadeiras virguerías con obxectos cotiáns...
E por suposto, tocaron os instrumentos de percusión máis sofisticados -como a MARIMBA-,
pero ... ao seu xeito. 
¡¡¡RIMOS MOITÍSIMO!!! 
¡¡¡ENCANTOUNOS!!!

viernes, 3 de febrero de 2012

¡¡¡QUE MEDO!!!

IMPROVISA
Durante o 1º trimestre estivemos traballando con 5º e 6º arredor do tema MEDO. Indagamos un pouco sobre as cousas que nolo producen, limos algúns textos...E con todo iso creamos pequenos fragmentos sonoros e imaxes. 

Picando no enlace ides atopar todos eses sons e imaxes nas teclas alfabéticas do voso ordenador (menos o ñ). É como ter un órgano terrorífico. Podedes probar a xogar co teclado e improvisar.
En parella aínda é máis divertido.
Se queredes saber máis cousas de como o fixemos podedes entrar aquí e ver como gravamos, mesturamos, como son os debuxos orixinais (algúns animados), etc.

lunes, 6 de junio de 2011

COLABORACIÓN MUSICAL INTERCENTROS


Sabiamos que a nosa profe de música era estupenda, só hai que ver as moitas e variadas actividades que nos ofrece durante o curso, e que calidade... Seguro que foron moitos os que alucinaron o día que baixaron os nenos de sexto curso ao multiusos.


Pois mirade o traballo que está a facer con outros mestres de música, algúns do Concello de Redondela.


"Somos un grupo de catro mestr@s de música que estamos investigando sobre as posibilidades musicais que ofrece o noso contorno. Así, intentamos sacar o máximo proveito de cada situación que nos rodea e darlle un sentido musical na aula. Desta maneira, é importante sinalar que cada un de nós ten un proxecto a nivel de centro co cal tentamos interactuar o máximo posible dentro da aula de música en pro dunha ensinanza globalizada. Así, os diferentes centros que participan e os seus proxectos de centro son:
1. CEIP Laredo (Redondela): os bosques
2. CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela): a auga
3. CEIP Outerio das Penas (Redondela): a illa de San Simón (1º trimestre) e a alimentación (2º e 3º trimestre)
4. CRA Antía Cal (Gondomar): os bosques.
A parte de mostrar diferentes actividades relacionadas cos proxectos de centro e co contorno máis cercano, tamén levamos a cabo unha serie de actividades cunha temática común entre os catro centros, as cales podedes observar no blogue no apartado lateral "proxectos comúns"."


(CLICA NA IMAXE PARA IR AO SEU BLOG)
Teredes este blog tamén na barra lateral, sección "As nosas páxinas"

miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS - 2011

Durante estes días estamos celebrando no colexio actividades arredor das Letras Galegas que este ano homenaxean a LOIS PEREIRO.

Vistes os cartaces que temos polos pasillos e escaleiras do Centro sobre este autor?

Son chulísimos!

Pois foron feitos polo alumnado do CEIP de Laredo (Chapela).

Atentos estos días ao blog. Cada día iremos publicando un pequeno vídeo sobre o noso idioma. Hoxe para empezar unha canción dun autor galego, Roi Casal. Escoitade con atención, seguro que vos gusta.


martes, 3 de mayo de 2011

I MOSTRA MUSICAL DOS CEIP DE REDONDELA

Con motivo dos MAIOS, cinco dos Ceip de Redondela decidiron compartir as súas experiencias musicais. Por un lado, era unha forma de coñecerse os nenos e nenas de sexto, que o próximo curso compartirán Centro; Por outro, unha maneira distinta de traballar ao redor dos temas que se traballan nos Coles, no noso en concreto "A AUGA"; E finalmente, un xeito de dar relevancia a unha data tan significativa en Redondela.

"Primeiro exploramos sonoramente (coa Auga) nela e con ela, con obxectos que evocaban algunhas das súas formas, etc.
Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."


viernes, 17 de diciembre de 2010

PIMPÉ NO RAINBOW WARRIOR

¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.
A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.

Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.

¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie? Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.

¿Sabedes por onde pasei?

Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda… Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.

martes, 23 de noviembre de 2010

MAMÁ CABRA EN CONCERTO

Recordades a "Mamá Cabra"?
e a Gloria Sánchez?
Si, os que cantan a do "pirata metepata", "Timoteo", "señora dona Anica", a "Sereiña", ... e moitas máis. Pois atentos porque este domingo 28 de novembro, ás 18:00 h, no multiusos da Xunqueira de Redondela, Gran concerto de Mamá Cabra para nenos de 3 a 8 anos.


E non queda aquí a cousa porque áo sábado seguinte, 4 de Decembro, teredes a posibilidade de apuntarvos a un obradoiro de música e xogos.
Todo esto dentro do programa BOCABERTA de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coas editoriais, en este caso Galaxia.


Coñecedes o seu novo libriño-CD-DVD recén saidiño do forno??
Pois, ollo!!, que o mesmo hai agasallo sorpresa!!

TEMOS DEREITOS E TAMÉN OBRIGAS

20 Novembro Día DEREITOS NEN@S
10 Decembro Día DEREITOS HUMANOS

Seguro que nestos días vistes pola tele un spot publicitario onde aparece Pau Gasol cunha camiseta que pon "Kimbo". Pensastes un pouquiño o que nos pretenden dicir??

As veces con música entendemos mellor a mensaxe!!!

Recopilación recursos Ceip Victor Saénz

jueves, 18 de noviembre de 2010

ONDE ESTARÁ PIMPÉ?


Non sabemos nada del dende que comezou o curso. A última vez que se comunicou con nós foi a través dun correo para contarnos que estaba nun veleiro no mar Mediterráneo, e que este curso só se movera polo mundo a través da auga en todas as súas formas.
Se alguén o viu e pode darnos algunha pista de por onde anda, agradeceriamolo, porque na aula de música estamos esperando por él. E non estamos sós, tamén esperan por el os seus amigos Pancho e a Bruxa.
Moitas grazas!

sábado, 6 de noviembre de 2010

CHEGA O MAGOSTO

O próximo martes imos celebrar o Magosto no cole. Estes días andamos preparando cestos para as castañas, pensando nos xogos e, por suposto, cantando. Porque, que sería dunha festa sen música? Os Vincis queremos compartir con todos vos esta divertida canción do Magosto. Estade atentos ao vídeo porque tamén ten baile.

domingo, 31 de octubre de 2010

¡VIVA CALACA!

O día dos Mortos celébrase en moitas partes do mundo. En México é unha auténtica festa, co seu fabuloso colorido e a súa rica cultura de contrastes.
Aquí vos queda unha curtametraxe musical, "¡Viva Calaca!", que obtivo varios premios de animación e foi proxectado en numerosos festivais ao redor do mundo, baseada neste Día dos Mortos Mexicano. A música orixinal é do artista americano Voltaire.

viernes, 29 de octubre de 2010

DE OGROS E DE BRUXAS

"EL OGRO Y LA BRUJA". Los Rosarinos.

miércoles, 16 de junio de 2010

INSTRUMENTOS DO MUNDO 3

CHIFRO


ASALATO



E coñecedes a este músico?


Canto traballaron estos nenos e nenas!,
Canto traballou esta profe!!

martes, 15 de junio de 2010

INSTRUMENTOS DO MUNDO 2

SOALLEIRO DE TAPÓNS- 3ºB educación primaria

MARACAS DE CARTÓN - 4ºB educación primaria

TIMBAIS DOBRES-4ºA educación primaria

Si, todavía máis!

lunes, 14 de junio de 2010

INSTRUMENTOS DO MUNDO

Na aula de música este ano coñecemos instrumentos doutras culturas e quixemos facer réplica dalgúns deles, aproveitando a ocasión para reutilizar materiais candidatos a ir ao lixo e as veces contaminar.
Empregamos bastantes elementos de plástico, cartón, e o noso material “estrela”: as vexigas de porco que nos conseguiron as familias.
A verdade é que o resultado sonoro e máis que apreciable e quédanos na clase de música unha colección INTERCULTURAL e ECOLÓXICA.
GLOBÓFONOS-educación infantil 4 anos (Vincis)

TAMBORA COLOMBIANA- 5ºB educación primaria

QUIRIBILLO-5ºA educación primaria

TAMBORA E QUIRIBILLOS

Pero, esperade que todavía hai máis!

viernes, 21 de mayo de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores da Semana das Letras Galegas tivemos un concerto didáctico no que vimos como a interculturalidade está presente tamén na nosa música popular. Algúns instrumentos dos que nos parece que sempre foron de aquí, teñen a súa orixe en outros instrumentos de culturas lonxanas no tempo e no espazo. Vimos e escoitamos catro deles: O VIOLÍN, O ACORDEÓN, O CLARINETE e O SAXOFÓN.
O violín foi un dos instrumentos elixidos por algúns cegos para acompañarse cando cantaban e contaban polas feiras romances, relatos de crimes, vodas, as novas de outras aldeas...
O acordeón, clarinete e saxofón sumáronse á gaita e á percusión formando CHARANGAS que gostaban de tocar todos os ritmos de moda, algún chegados de fóra como a RUMBA, a POLCA, a MAZURCA, o FOXTROT...
Contamos coa colaboración de:

Suso (avó de Pablo e Dani Martínez Couñago), que tocou o clarinete.
Manuel tocou o saxofón
Jaime tocou o acordeón
Ailén tocou o violín e logo a caixa
Vanessa tocou o bombo con prato
As profes Loli e Isabel tocaron a gaita coa CHARANGA.


Os nenos de 5º A investigaron as características e orixe destes catro instrumentos e tamén fixeron de presentadores no concerto. Decatámonos de que acollendo estes instrumentos, a nosa música enriqueceuse e non perdemos por iso a nosa identidade. Pensamos que entón podemos, sen medo, abrirnos a todas as culturas do universo... Sempre será para medrar.


viernes, 7 de mayo de 2010

MESES EN CUNA

Recordades que Pimpé estivo por Colombia?
Queredes aprender algo máis da lingua e cultura Cuna?

ENERO -YOLANII - MES DEL SOL
FEBRERO - ARINII - MES DE LA IGUANA
MARZO - DILLANII - MES EN QUE FLORECE EL ÁRBOL DE LA DILLA
ABRIL - OLLORNII - MES EN QUE CANTAN LAS CIGARRAS
MAYO - YAUKNII - MES DE LA TORTUGA DE CAREY
JUNIO - MASARNII - MES DE LA CAÑA BLANCA
JULIO - BUNURNII - MES DEL BUNUR, PLANTA MEDICINAL
AGOSTO - GIGNII - MES DE LAS GOLONDRINAS
SEPTIEMBRE - APINII - MES DE LA APIN, PLANTA MEDICINAL
OCTUBRE - GUIBLONII - MES EN QUE PASAN LOS GAVILANES
NOVIEMBRE - INANII - MES DE LA MEDICINA
DICIEMBRE - BARDUDNII - MES DE LA FLOR DE SAL, PLANTA MEDICINAL

jueves, 29 de abril de 2010

PIMPÉ EN COLOMBIA

¿Lembrades a viaxe de Pimpé no verán pasado? Pois ben, cando rematou a visita a México, subiu nun avión e aterrou en BOGOTÁ, capital de COLOMBIA. Bogotá queda xusto no medio do país, pero como había unha gran feira de artesáns, Pimpé coñeceu a moitos indíxenas que ían vender alí a especialidade da súa tribu. Fíxose amigo de OLOWAILI, unha nena da tribu dos CUNA que levaba os MOLAS (tecidos bordados) a vender na capital.
Olowaili ensinoulle a Pimpé cantidade de lendas, cantigas, danzas, xogos e tamén a dicir algunhas cousas na súa lingua:

Ola!- Te guite

Estás ben?- Be nuedi

Ben- An nuedi

Grazas!- Nuegambi

Como te chamas?-Igi be nuga

Chámome...- An nuga...

Ata logo- Cuzar maloe

Agasallouno cunha GAITA MACHO, unha maraca, un sombreiro ZENÚ...Todo isto feito polos seus amigos artesáns de outras tribus. Pimpé transmitiunos a nós moitas das cantigas, historias, danzas, etc., etc.

domingo, 27 de diciembre de 2009

AGUINALDOS

Que fermosa tradición!
Preparar unhas cantigas e sair a cantalas, e nós os que escoitamos a cambio entregamos un pequeno aguinaldo.
Pois un ano máis da man da profe Isabel os nenos e nenas saíron polo Centro dando un auténtico ambiente de Nadal, este ano moi INTERCULTURAL.
Todas estas cancións chegaronlle a Pimpé vía correo ordinario (os bordes dos sobres tiñan as cores do país do que procedían, como antaño), para que él as transmitira aos nenos do noso cole. (menos a treboada e a canción de Silvio Rodríguez)
As cancións de México envioullas a súa amiga MIXCÓATL, as de Brasil seu amigo NUNO, e as de Bolivia seu amigo KORI SISICHA.


Queredes coñecer esas Cantigas?
Infantil 3 anos: DORME, cantiga de ninar de Brasil na que, para conseguir que o neno durma, primeiro temos que facer que durman todas as cousas que o arrodean. Puxémoslle son a cada un deses elementos empregando instrumentos brasileiros (a maioría deles).
Infantil 4 e 5 anos: GAZI SI NANA, arrullo tradicional mexicano, de OAXACA, está en lingua zapoteca do istmo de Oaxaca. Fala de que cando durman a avoa e o avó, roubarán medio real para comprar pan duro e para ir á igrexa. Tamén eliximos entre todos un son para cada unha das frases. Bibi tocará unha frauta de cana. Uns amigos que están a traballar polos dereitos dos oaxaqueños alí enviáronme a tradución. Levaremos a bandeira de México e tamén a de Oaxaca.
1º CURSO: DORME DORME MEU MENINO, cantiga de ninar de Brasil (aínda que é portuguesa), na que se intenta que o neno Xesús durma. Acompañamos con instrumentos de pequena percusión, entre eles uns “TARIYAS” (non sei como se escribe) de Marruecos que trouxo o ano pasado Salwa.
2º CURSO: SEÑORA SANTA ANA, arrullo tradicional mexicano, no que San Xoán (amigo da familia) lle píde axuda a Santa Ana (nai de María) para facer durmir ao neno, que non para de chorar. María e Xosé están ocupados coas tarefas domésticas e San Xoán promételle que se dorme, cando esperte lle dará atolito (papilla feita a base de fariña de maíz), guayabate (doce de guayaba)...pero seica non ten moito éxito co chimpallate (chamaco, guagüita, rapariguiño...). Acompañamos este berce con cabazos e axóuxeres. (e con nós si que conseguiu o obxectivo de relaxarnos, facernos bocexar).
3º CURSO: NIÑO MANUELITO, villancico coya que lle canta ao neno Manuel, que se atopa en Perú e en Bolivia (seguramente tamén o coñecen no noroeste de Arxentina e norte de Chile), Aquí tocamos sistros (variña con chapas), chas-chas (soalleiro de pezuñas de cabra), “caja chayera”, charango y pinkullo ( frauta de cana). Todos estes instrumentos son tradicionalmente empregados na música andina, e é importante salientar que as comunidades indíxenas (os primeiros ecoloxistas) reutilizan e reciclan TODO: deste xeito unha cabra dá de comer, dá a súa pel para facer a caixa, coas pezuñas fanse chas-chas, coas tripas faise o bordón que leva a caixa (nel van engarzados parte dus tubiños das plumas de aves que tamén comeron), e as canas das beiras do camiño serven para facer infinidade de cousas, entre elas quenas, pinkullos e sikus. Levaremos a bandeira de Bolivia e tamén a Wiphala (bandeira cadrada dos pobos andinos).
5º CURSO: faremos unha TREBOADA para recoller aos nenos dos patios e levalos ao multiusos. Esta, concretamente é recollida en Pazos de Borbén, e contan os gaiteros da miña idade, que de pequenos ían pedir o aguinaldo polas casas tocándoa. O instrumento por excelencia da treboada é o BOMBO, aínda que tamén hai outros como a gaita, o tambor, a pandeireta e o que atoparan....coma sempre.
6º CURSO: imos cantar CANCIÓN DE NAVIDAD, de Silvio Rodríguez. Coma sempre, Silvio fainos reflexionar sobre os nosos rituais sociais establecidos.
E como a música se presta e é cubana, tocaremos unha CONGA (máis coñecido como DJEMBÉ), CLAVES, e SHEKERÉ (este último vano construír eles con cabazos ou cocos, a ver que tal lles queda)

miércoles, 28 de octubre de 2009

PIMPÉ EN MÉXICO

Pimpé, na súa viaxe, tamén visitou un país de América do Norte: MÉXICO.
Alí fixo unha nova amiga: MIXCÓATL (serpe de nubes en Náhuatl). Cando se coñeceron, ela presentouse:

-ne notoka Mixcóatl (chámome Mixcóatl)
-¿ken tika? (como estás?)
Pimpé aprendeu a responderlle na súa lingua:
-kuali ¿iuan te? (ben, ¿e ti?)
O Náhuatl é unha das numerosas linguas indígenas de México. É falada por case dous millóns de persoas, e a ela debémoslle palabras como: CHOCOLATE, AGUACATE, CACAHUETE (ou cacahuate), CHAPAPOTE (orixinariamente CHAPOPOTE), GUACAMOLE, CANICA, TOMATE, CHICLE, PETACA, etc. etc.
Mixcóatl ensinoulle a Pimpé moitas cousas das tradicións mexicanas. En especial, contoulle todo o relativo ao “DÍA DE MUERTOS”. É unha festa que ocorre cando nós festexamos SAMAÍN. Nela se baila, toca, canta e bebe. Cóntanse lendas de calaveiras, bruxas e aparecidos, e fanse altares adornados con “PAPEL PICADO”. Nestes altares póñense fotos de defuntos e as comidas que lles gustaban cando estaban vivos. Tamén se fan doces con forma de calaveira; e como eles son irreverentes e toman a morte un pouco a broma, teñen personaxes como A CATRINA, que é unha “calaca” (esquelete) da alta sociedade, e que simboliza á propia morte.
Pois ben, Mixcóatl ensinoulle a Pimpé cancións, danzas e lendas do Dia de Mortos e tamén lle regalou un sombreiro de Mariachi e fotos das calacas máis famosas.