Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e nesta ocasión tivemos na aula a un superheroe moi, moi cercano: o profe Guillermo. Resulta que o profe ten o superpoder de atopar fósiles cando anda de paseo polos montes na Rioxa e, fósil a fósil, foi estudando, investigando e aprendendo unha chea de cousas deles. Así que a semana pasada tivemos a sorte de telo na nosa aula compartindo os seus saberes con nós.
jueves, 30 de marzo de 2017
miércoles, 29 de marzo de 2017
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS CONTADA POR PAULA DE 5º A
Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!!
lunes, 27 de marzo de 2017
COÑECENDO A ORIXE: A INVISIBILIDADE
Lembrades o concurso “Coñecendo a orixe” da biblioteca?
Os xoves os equipos que levaron as maiores puntuacións no concurso fan un taller na biblio onde comparten as súas respostas con 20 rapaces que poden ir a sesión. A semana pasada tocáballes aos finalistas pero non estaban preparados así que a profe Marina díxonos se podían ir os Apolos.
Non tiñamos nada preparado así que pregunteilles na clase e dixeronse que sí ao momento. Lembrábase de todo o proceso pero, antes de ir a biblio, volvemos ver o vídeo da experiencia na aula.
E así, sen apenas preparación, mirade coma o fixeron.
DÉIXANME SEN PALABRAS. SON FANTÁSTICOS!
viernes, 10 de marzo de 2017
miércoles, 8 de marzo de 2017
CONTO DOS CHIBOS CHIBÓNS
Un xoves, máis, na hora de ler un novo contacontos visitou a clase dos
choquetes cun libro moi especial para este entendido público de contos.
Andrea preparou a súa historia con moito mimo durante moitos días, ata
lles preparou uns bonito marcapáxinas para estes peques. Mirade que ben o
fixo!!! Parabéns Andrea!!!
lunes, 6 de marzo de 2017
miércoles, 1 de marzo de 2017
CONTO: “A VISITA DOS DOMINGOS”, POR MARA DE 5ºA
Cada xoves, una novo contador de historias visita a clase dos
choquetes. Nesta ocasión Mara achegouse cun conto moi especial e
sorprendente, “A visita dos domingos”.
Levou preparando a súa presentación varias semanas para que todo
saíse perfecto. Ata lles preparou unas fermosas chapas como recordo do
seu paso pola nosa clase. Mirade que ben o fan estes pequenos contadores
de historias!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)