Recordades a exposición "MULLERES GALEGAS NA HISTORIA"?
A ver se é certo...!!
Intentade contestar a estas preguntas.
A ver se é certo...!!
Intentade contestar a estas preguntas.
CANTAS ACERTASTES???
Nós dende o noso pequeno recuncho, aquí en Reboreda, seguro que tamén podemos facer algo para mellorar a calidade da auga, facer un consumo responsable, axudar ao seu aforro, ...O obxectivo do Día Mundial da Auga para este ano 2011-Agua para as cidades:Respondendo ao desafío urbano- é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidumbre causada polo cambio climático, os conflictos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
-"A dun libro esquecido que tras percorrer boa parte do centro retorna ao seu lugar natural: A BIBLIOTECA. Aproveitamos ademais para dar a coñecer o Centro, potenciar a Biblio, recordar a CDU, asociando imaxes, números e cores, en definitiva, facer formación de usuarios."-
Se queredes saber máis,... visitade o seu blog: O MANANTIAL DE 4ºA
Atentos que comezamos!
Despois do periodo de inscripción para que todos fixerades o voso equipo para poder participar, chega o momento da verdade.
O venres primeira pregunta!!
O PREGUNTÓN DO VENRES!!
Recordade que para o preguntón teredes que vir buscar a pregunta á biblio
Mentras esperades ide vendo toda a información desta Olimpiada na páxina que temos na barra lateral, na sección "os nosos recunchos": Bases xerais, bases das distintas preguntas, equipos participantes, ....
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial.
A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia http://www.gatopoeta.net/. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…
Unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro, neste ano 2010 no que se conmemora o 125 aniversario do seu pasamento.Rosalía, a nosa grande escritora, foi tamén a precursora do feminismo en Galiza. Muller loitadora e adiantada ao seu tempo, como tantas outras que destacaron pola súas singulares vidas en distintos eidos, rompendo moldes e chegando, en moitas ocasións, a pór en perigo a propia existencia polo único feito de seren mulleres.