lunes, 30 de noviembre de 2009

SAÍDAS MOI DIDÁCTICAS

Os nenos e nenas de terceiro aproveitamos a nosa visita ao Alcampo para comprar os ingredientes para facer unha tarta de tres chocolates.
Esta actividade serviunos para poñer en práctica os nosos coñecementos: ler e interpretar instruccións, sumar, restar, multiplicar, dividir….. bueno, como dividir aínda non sabemos utilizamos a calculadora, pero no manexo dos euros somos uns expertos.
Unha forma moi, moi deliciosa de aprender.

Nenos e nenas de Terceiro curso

CONCURSO ADIVIÑAS 6

ADIVIÑA 6
Na horta da miña casa
hai algo que ti non cres:
Ten dentes e non ten boca,
ten cabeza e non ten pes,
cuberto cun manto branco,
adiviña ti o que é.

PALABRAS NO AR

Escoita en Radio Redondela o programa:
"PALABRAS NO AR"
Ás 14:10 horas
Dende o luns 30 de Novembro ao Venres 4 de Decembro
no 94.4 e 94.9 da Frecuencia Modulada.


Soarán as voces dos escolares de Redondela que participaron na campaña de animación lingüística da Consellería.
No noso Centro o alumnado de Quinto Curso.

sábado, 28 de noviembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 5

A LETRA "M"
Se ve na palabra "Minuto"

na palabra "seMana"

e na palabra "Mes"

pero, en "ano", non está.

viernes, 27 de noviembre de 2009

VISITA AO ALCAMPO

Traballando ao redor dos alimentos e a súa elaboración, os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º curso, visitaron o Alcampo de Vigo. E como en outras ocasións tivemos uns reporteiros de luxo:
FERNANDO:
Ensináronnos a froitería e coñecemos un montón de froitas exóticas: chiles, coco, piña, kiwi, granada, phishalis, limas, ... Vimos como se facía o pan coas máquinas. Necesítase sal, fariña, auga e levadura. Cando todo está amasado, métense ao forno a cocer e logo a vender.
RAQUEL:
Vimos como separan o lixo, o cartón, o plástico e a máquina que os aplasta. Dixéronnos como se diferenciaba o peixe blanco do peixe azul, pola cola. E como na carnicería traballaban cun guante e un delantal de aceiro. Para rematar a mañá fomos á cafetería e déronnos un "croissant", uns caramelos, globos, unha carteira, e un selo.

jueves, 26 de noviembre de 2009

HOXE CELEBRAMOS

O NOSO REXISTRO 4000
Que libro tivo este grandísimo honor???

E agora a seguir, e con máis ilusión se cabe. Pouco a pouco, pasiño a pasiño, vamos conseguindo rexistrar todo o fondo bibliográfico da nosa Biblio.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Lemos un manifesto en contra da violencia de xénero, esta foi a visión dun neno e unha nena de quinto:

IRENE:
Todas as persoas temos dereitos e obrigas. As mulleres somos as que normalmente somos as débiles e os homes créense mellores só por ter máis forza e por iso moitos maltratan ás mulleres. E que nós non temos dereito a ser iguais que os homes??
Pero, como xa dixen TODOS temos obrigas e dereitos a facer as mesmas cousas. Algúns pensan que por ser home e ser forte mándanlle facer as tarefas(as obrigas) ás mulleres.
ESO NON É ASÍ!!
Por que TODOS somos persoas, e TODOS, podemos realizar as mesmas cousas, así todo o mundo será un pouco máis feliz.

PEDRO:
Estou farto de que sempre falen do mesmo en todos os lados, da violencia de xénero. Aínda que teñen un pouco de razón de que non se debe maltratar ás persoas, pero, é unha tontería facer un manifesto porque con iso non van conseguir nada.

| View Sample Photo Books | Create your own Photo Book

lunes, 23 de noviembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 5

ADIVIÑA 5
Que cousa, cousiña é,
que se ve nun minuto,
nunha semana e nun mes,
e nun ano non se ve??

domingo, 22 de noviembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 4

O PARRULO

Moi ben!

Xa falta menos. Atentos á seguinte.

Consultade a clasificación para saber como vades.

sábado, 21 de noviembre de 2009

VISITA DE MUSEO

O xoves 19 de novembro os nenos e nenas de primeiro ciclo do cole foron a Pontevedra para coñecer o Múseo. Esto foi o que nos contaron:
"Ayer fuimos al múseo de Pontevedra. Allí nos recibió una chica llamada María. Nos enseñó un montón de cosas: pulseras de oro, pendientes, un dragón pequeño, un molino, muchos cuadros, una concha grandísima, barcos, ... Visitamos un camarote de un barco que se caía y tenía una puerta secreta.
Lo que más me gustó:
  • -Laura V.: El camarote del barco
  • -Lucía R.: El catalejo y la concha
    grandísima
  • -Lidia C.: El molino de hace 4oo
    años
  • -Sergio M.: El camarote del barco
Cuando salimos del museo fuimos a merendar a una plaza llena de palomas con las que jugamos y le dimos de comer."

viernes, 20 de noviembre de 2009

OBRADOIRO ORALIDADE

AVISO IMPORTANTE
(sobre todo para os de quinto curso)
Acabamos de recibir correo de Xosé A. Pérez (Kalandraka editora):
"Xa comezamos a colgar as novas dos obradoiros feitos en Redondela no blog de PALABRAS NO AR.
A primeira corresponde a unha actividade de Adiviña Animais feita no Ceip Santo Paio de Abaixo para a que inventamos un divertido xogo que agardamos vos guste.
http://palabrasnoar.wordpress.com/2009/11/20/pequechos-do-mar-de-redondela/
En breve teredes máis novas sobre os obradoiros e sobre algúnha das sesións de contos que ainda non publicamos.
Moitas grazas e non esquecedes enviarvos os vosos comentarios e suxerencias."

jueves, 19 de noviembre de 2009

TÍTERES

Este mércores, 18 de novembro, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º curso foron convidados ao multiusos de Redondela a ver unha obriña de Títeres, escoitade o que vos teñen que dicir Carla, Claudia e Lorena
"Xa emprendemos a viaxe.
Xa está empezando o "Títiricircus de Tanxarina Títeres e Marionetas". Son moi graciosos. Ja, ja,ja. Mándannos facer un "Suspense", é como aplaudir. Presentáronnos a Bigotini; a unha serpe chamada Josefina e a un señor da Arxentina, Palindranate, que fai número con Josefina; Hai que aplaudir moi baixiño para que o señor Tato non se asuste, o señor Tato e pallaso e malabarista; Tamén nos reunimos co señor Venancio que está a facer as rampas saltadoras, e atención ao gran final, saltou por enriba de Alba, unha nena do noso cole.
Pasámolo Xenial!!"
CARLA,CLAUDIA E LORENA

ACTUACIENCIA

"COMO AS BACTERIAS SE ADAPTAN AOS ANTIBIÓTICOS"

Poden as bacterias evolucionar e adaptarse aos antibióticos?

Son sempre infalibles os antibióticos?

Debemos automedicarnos?

Estas e outras preguntas foron as que nos resolveron a Compañía de Teatro Xerpo coa súa obra ao redor dos antibióticos, enmarcada dentro do Proxecto Actuaciencia no que colaboran o Servizo galego de saúde, Innovación, ciencia e tecnoloxía e a Xunta de Galicia.



Pero, por se todavía quedastes con dúbidas, podedes entrar na súa páxina e resolvelas: http://www.actuaciencia.org/ . Aquí ademais vades topar nos próximos días algunhas das vosas fotos, buscade na sección "NOVAS".
Mentras aquí tedes un vídeo da súa actuación.
Recordades como era a canción?

miércoles, 18 de noviembre de 2009

AS FESTAS DO ANO: O OUTONO

E con el as castañas.
Aquí vos presentamos o cuaderniño que editamos dende o Equipo de Normalización Lingüística, cos materiais que recollemos o pasado curso ao redor do outono: "Contos, cantos, refráns, adiviñas,... "
O noso agradecemento a todas as familias que colaboraron na súa elaboración!!

lunes, 16 de noviembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 4

ADIVIÑA 4
Son de terra e son de aire,
cando de andar estou canso
se se me antolla, voo
ou, se se me antolla, nado.

domingo, 15 de noviembre de 2009

CHEGA "LUNA NUEVA"

Adiántase o estreno de "Luna Nueva", a segunda parte da saga "Crepúsculo". Atentos, o día 18, o próximo mércores, por fin nas nosas pantallas. Non desesperedes, xa falta pouco, mentras a seguir lendo o libro, para non perdernos detalle. Recordade que o tedes na Biblio, aínda que está tan solicitado, que vades ter que reservalo.
Para moi curiosos e impacientes, aquí vai un adianto:

Pero, todavía hai máis:
Sabedes que o estreno mundial da película vai ser en Madrid?.
Sabedes tamén que na banda sonora da película ademais de grupos internacionais como "The Killers", "Muse", ou "Thom Yorke", tamén hai unha canción dun trio pop-punk español?
A canción chámase: "Sed"(seguro que sabedes porque). Pero, saberedes cal é o nome do grupo español que colabora na banda sonora orixinal de "Luna Nueva"?. (Atentos ao vídeo)

sábado, 14 de noviembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 3

A CASTAÑA

Algúns despistáronse desta vez!!

Consultade a clasificación. Sabedes onde?. Seguro que si. Pero, por se queda algún despistado, recordade, na sección "Os nosos recunchos"-"Concurso de adiviñas"

A ver na próxima. Sorte!

DEBUXANDO CON SUSO CUBEIRO

Hoxe tocaba obradoiro de ilustración xunto a este fantástico ilustrador de Natureza que é Suso Cubeiro. Seguro que recordades todos esos marabillosos libros nos que participou: "Larita", do que ademáis é autor; "El secreto del bosque viejo", con esas extraordinarias ilustracións que gardan tantos segredos; "No corazón da fraga", "O señor mago e a folla", e tantos outros...
Descubrimos que cunhas cantas figuras xeométricas podemos facer innumerables personaxes, humanos e animais.
Agora xa podemos ilustrar os nosos contos.
Esperamos os vosos debuxos!!

viernes, 13 de noviembre de 2009

OBRADOIRO DE ORALIDADE

A golpe de xoves nenos e nenas de quinto curso puderon disfrutar dunha interesante sesión, onde deron renda solta á súa imaxinación: Leron poemas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, crearon adiviñas a partires dun animal mariño,... e da man de Alberto Barreiro que dirixía o obradoiro, gravaron o son de todo o que alí se fixo.
Segundo nos dixeron logo, con todas esas gravacións elaborarán un CD co que nos agasallarán e emitirano a través da Radio Local.
Teremos que estar ao "loro".
Esta actividade está enmarcada no programa "Bocaberta", da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Programa de dinamización que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega nas franxas máis novas.
Este ano tocounos traballar coa editora Kalandraka e a súa campaña "Palabras no ar" da que somentes puidemos contar co obradoiro. Que pena de contacontos!!
Entrade na súa páxina e avisade se saen as vosas gravacións!!

martes, 10 de noviembre de 2009

MAGOSTO EN REBOREDA

Un ano máis chegou o San Martiño, e con el o Magosto. Cantamos, bailamos, xogamos, ... e comemos mooooooooooiiiitas castañas!! Canto nos gustan !! E para rematar, ... negros coma chamizos, como ten que ser.



Saberedes quen foi o/a que comeu máis castañas na mañá de hoxe?

lunes, 9 de noviembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 3

ADIVIÑA 3
Alto me vin,
baixo me vexo,
e aló enriba
quedoume o pelexo

domingo, 8 de noviembre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 2

A CABAZA
Moi ben!, Moi ben!
Fostes moitos os que acertastes.

E seguro que sabedes que esa fermosa pero terrorífica adiviña sacámola dun libro de poesía que temos na biblio: "Adiviñas Monstruosas" de Gloria Sánchez. Pasade a velo, e autenticamente monstruoso, Auuuuuuuuuuuuuh!!!

jueves, 5 de noviembre de 2009

UN NOVO CONTO

Parece que as musas nos sorrín.
Temos un novo conto no "Club de Escritura".
Esta vez, unha nena de 3º curso, Laura, unha das máis e mellores lectoras que temos no cole, e asidua escritora de contos, trouxonos un dos contos que escribiu o curso pasado: "Una aventura en el bosque". Pasade polo club a ler o seu conto, seguro que vos gusta. Podedes ademáis dar a vosa opinión.
E ánimo, esperamos os vosos contos.

lunes, 2 de noviembre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS 2

ADIVIÑA 2
Unha cabeza de vento
que se criou nunha horta
e vai na noite de Santos
asustando á xente toda.
Cos seus dentes de serrón,
cos seus ollos de fachón.
Non ten mans, patas
nin brazos.
Nin leva luvas,
nin ten zapatos.
Aínda que é barrigana,
nin proba prebe,
nin porta trapos,
nin casca portas,
nin quebra crocas...
É unha cabeza de vento
que se criou nunha horta.