lunes, 11 de marzo de 2024

CONTACONTOS DE CUARTO AOS NENOS DE INFANTIL

 Os alumn@s de cuarto contaron un conto as estrelas.

Unha forma estupenda de comezar a mañá.



viernes, 8 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 4

 Presentamos o último vídeo compilador do 8 M.

Ademais de ir polas aulas, os alumn@s de quinto deseñaron un mural onde recoller as ideas transmitidas. Un mural colaborativo onde cada aula deixou a súa pegada:
Infantil e primeiro as escamas da Coca marcando o camiño que tiñan que recorrer as mulleres represaliadas na Guerra Civil.
Segundo coloreou as letras do título.
Terceiro debuxou as lavandeiras de San Simón e cuarto e sexto fixeron as biografías das mulleres redondelás que resaltaron na súa època.
Un final fantástico para un traballo excelente do alumnado de quinto.
Noraboa rapaces!!!



jueves, 7 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 3

 Esta semana foi moi intensa. Traballamos moitísimo e moi duro pero pagou a pena.

Os alumn@s de quinto preparamos información sobre as mulleres de Redondela, organizámonos en parellas para ir ao resto das aulas, deseñamos unha actividade para cada nivel, preparamos un mural para engadir o feito Nas aulas... E isto non è nada.
Seguide atentos!!!



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 2

Despois do paseo de onte para coñecer as mulleres de Redondela, agora temos unha misión importantísima. Debemos compartir todo o aprendido co resto do cole. Menuda responsabilidade!!! Así que toca poner mans á obra.




lunes, 4 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA

Os alumno@s de quinto tivemos a sorte de facer un paseo acompañados por Sole para coñecer a mulleres relevantes da nosa Vila.

Foi unha saída fantástica que completamos coa visita ao concello.
A actividade forma parte do programa Enredadas pola Igualdade organizado polo Concello.
Encantounos e serviunos para comezar a semana fo 8M.