lunes, 28 de febrero de 2011

MECO MARTES

O MARTES CHOVA OU VENTE
TRAE O PESCOZO QUENTE

MECO LUNS


O LUNS NUBRADO É O PRIMEIRO
TOCA VIR CON SOMBREIRO


sábado, 26 de febrero de 2011

XIII CONCURSO "DA REBORAINA"

XIII CONCURSO DE NARRATIVA "DA REBORAINA"
Sabíades que celebramos o XIII concurso de narrativa "Da Reboraina"?
O número trece ten sona de dar mala sorte, pero... non fagades caso de agoiros e ...
ANIMÁDEVOS A ESCRIBIR E PARTICIPADE!!

viernes, 25 de febrero de 2011

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Entroido. Neste monográfico especial podedes atopar información bibliográfica e da rede sobre o entroido, especialmente sobre o entroido tradicional galego; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.

jueves, 24 de febrero de 2011

MOCHILAS LISTAS

Preparadas ao fin!
Traballiño costou, pero xa,...
Con estas mochilas, agasallo da Asesoría de Bibliotecas, tentamos animar ás familias a compartir momentos de ocio, lendo, curioseando, vendo cine, xogando no ordenador, escoitando música,...
Cada aula terá a súa propia Mochila Viaxeira, que irá rotando polos compañeiros de clase. Dentro da mochila tedes ademáis dos distintos materiais, unha libretiña onde ir facendo as vosas propias aportacións: opinións, suxerencias,... algún debuxo.
Esperamos que vos gusten moito e que as disfrutedes!

miércoles, 23 de febrero de 2011

OES, EU LEO!

OES, EU LEO! é un proxecto piloto dirixido a lectores de idades entre os 10 e os 12 anos dende a Xunta de Galicia. O obxectivo é incentivar a curiosidade dos rapaces a través da audición co fin de conseguir a posterior lectura autónoma da obra. Hai estudos que mostran que a lectura autodeterminada xoga un papel importante á hora da condución cara á evolución dun interese e un gusto propio na lectura para toda a vida.
Fomos escollidos xunto con outros 59 centros de toda Galicia para poñelo en marcha e ver os resultados acadados.
Tivemos unha primeira sesión onde unha monitora puso en marcha a experiencia cun dos cursos de quinto, agora, tócanos a nós continuar.
Polo de agora, cando menos, distinto e interesante... Dispoñer das grabacións desos primeiros 15 minutos de dez obras distintas da literatura infantil galega é todo un luxo. Seguiremos vendo a evolución!!

domingo, 20 de febrero de 2011

VISITA DE AUTOR

Coñecedes este libro?
Os nenos e nenas do segundo ciclo de primaria pedíronlle este libro aos Reis Magos polo Nadal. Ao voltar ao cole lérono, e gustoulles tanto, que tivemos que chamar ao autor, Xerardo Quintiá, para que viñera compartir con nós a súa creación.
Unha mañá moi interesante onde descubrimos moitas cousiñas do burro Feldespato e a súa namorada Marica Pendella, sobre o autor e a profesión de escritor, ... e moito máis.
POEMA DE AMOR-AMOR PARA MARICA PENDELLA
A Marica Pendella
pícalle a orella
e rasca que rasca
arríncalle a casca.
.
.
.
Anímate a lelo!, Seguro que botas unhas risas!

miércoles, 16 de febrero de 2011

ESCRIBINDO CARTAS

Non paramos de escribir, levamos case dúas semanas escribindo, enviando, recibindo,... cartas e máis cartas. Cartas para os amigos e amigas, para os e as profes, para Margarida, para o Concello, a Consellería, ... xa perdemos a conta. Pero, ante todo aprendendo a escribilas, porque non é o mesmo escribirlle a un amigo, que facer unha solicitude a unha institución, ou plantexar unha queixa oficial.
E hoxe en día con esto de Internet e os correos electrónicos certamente estamos a perder esa forma tan especial de dirixirnos ás persoas a través da "CARTA".
E que mellor forma de aprender que poñendo en práctica todo o que estivemos a traballar?

lunes, 14 de febrero de 2011

OBRADOIRO ESCRITA

Primeiro foron os mestres.
Agora foron os alumnos de cuarto.
Queriamos aprender a escribir, a crear, ..., acadar unha maior competencia escritora.
Xa case somos uns artistas!
Aló por Novembro, e da man de Francisco Castro, moitos dos mestres e mestras do Ceip Santo Paio de Abaixo, levamos a cabo un obradoiro de escrita creativa.
Foi xenial!
Escribimos, escribimos e escribimos. Din que a práctica... Técnicas, recursos, ... motivación, ... Pero, tocaba poñer en práctica e para comezar, Francisco impartiu dúas sesións cos nenos e nenas de cuarto.
Que vos conten eles!
En breve teredes o seu vídeo!

jueves, 10 de febrero de 2011

CONCURSO DE DEBUXO: A COCA DE REDONDELA


Do 1 de febreiro ao 15 de marzo pode visitarse no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego, en Chapela, a mostra A COCA DE REDONDELA EN MIL IMAXES.
A mostra irá acompañada dun CONCURSO DE DEBUXO para rapaces e rapazas, co tema central da Coca. Este terá lugar o xoves 24 de Febreiro, de 17:00 a 19:00 h.
O concurso premiará ás mellores imaxes da Coca segundo un xurado formado por representantes das asociacións culturais de Chapela.
Faránse 3 categorías por idades:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 12 anos

Os premios consistirán en lotes de libros xunto con outras sorpresas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
Ánimo e a participar!!

martes, 8 de febrero de 2011

OS PEQUES E A LECTURA SILENCIOSA

Xa estamos no segundo trimestre e, pouco a pouco, imos collendo as rutinas do cole. Os Vincis, Exploradores e Sínefos somos un espertos niso da lectura silenciosa, nembargantes, os Waters, cando chegaron non entendían moi ben o que había que facer e custáballes estar en silencio. Agora xa o fan como os maiores.
Mirade que ben len os nosos peques!!

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Co experimento que fixemos, os de segundo comprobamos que algúns materiais e sustancias, como unha cortiza, o aceite ou un lapis de madeira aboian na auga, en cambio o azucre ou o vinagre disólvense nela.
O experimento estivo moi divertido porque puidemos comprobar por nós mesmos todas estas cousas e apuntámolo todo nunha táboa, aínda que acabamos con cheiro a vinagre e as mans sucias de graxa...
OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO

viernes, 4 de febrero de 2011

CON MOITAS VITAMINAS

Hoxe, e por xentileza do Catering que serve ao comedor do Centro, e coa colaboración da ANPA, tivemos unha merenda de excepción: Zume de laranxa recén exprimido, acompañado dunhas galletiñas.
QUE RICO!
QUE BO ESTABA!
ISTO HAI QUE REPETILO!
MOITAS GRAZAS POR TAN BOA INICIATIVA!
Sobre todo agora que nos abaten todos estos virus invernais,... benvida vitamina C.

martes, 1 de febrero de 2011

PEIXIÑOS DE PAPEL

Os nenos e nenas de 1ºB, a través do traballo cooperativo, experimentamos coa auga. Fixemos uns peixes de papel, e con ceras, tesoiras e unhas pinguiñas de aceite, conseguimos...
Que nadaran como o Peixe Vela!!
O máis rápido do mundo!!!!!!