miércoles, 28 de febrero de 2018

CELTA ZORKA EN REBOREDA

Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!

Ao rematar sortearon 2 camisetas do club e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.
Foi unha experiencia fantástica!
Gustounos moito traballar con elas. Pasámolo moi ben.
Ata a próxima!
Sorte na liga.
SEXTO A