Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!
Clicade sobre o vídeo para ver máis.
Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!
Clicade sobre o vídeo para ver máis.
Neste segundo trimestre retomamos o obradoiro "Xoga un conto" pero esta vez cunha temática ben distinta. Despois de explorar as posibilidades creativas dos bosques, agora tocaba ir un pouco máis lonxe. O espazo foi a temática desta nova edición. De novo coa colaboración da biblioteca do centro, fixemos unha selección de libros sobre o ceo, o espazo, as estrelas, as constelacións...e ademáis de disfrutar destas lecturas creamos entre tod@s un ceo imaxinario que neste caso tiña sorpresa final! Durante toda a sesións o alumnado creaba o seu particular ceo nocturno con elementos fluorescentes sobre papel negro. Case a piques de rematar, as luces se apagaban para iluminar o salón con lámpadas de luz negra. O resultado como podedes ver era impresionante e todos ficaban un rato abraiados observando as súas particulares nebulosas, constelacións ou planetas . ☄️🌙🌌🌚🧑🚀✨⭐ #xogaunconto #biblioblogreboreda #obradoiros
Clicade sobre a fotografía para poder ver un pouquiño máis.
Hoxe celebramos o día do amor resaltando a importancia das palabras e o que nos fan sentir.
Primeiro lemos os libros “Palabras con corazón” de @bruno_editorial e “Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo…” de @tramuntana_editorial