miércoles, 28 de diciembre de 2011

POLO NADAL UN LIBRO

Qué? Tróuxovos PAPÁ NOEL moitos agasallos?
Algún libro?
Seguro que si. Pero, por se non se acordou, todavía estades a tempo de pedirllos aos REIS MAGOS.
Aquí vos deixamos as suxestións lectoras que dende o Equipo da Biblio do Centro vos entregamos este Nadal. Se vos fixastes, dariadesvos conta que todas elas están relacionadas cos Contos, pero, se vos traen algún outro libro que poida resultar interesante, non vos olvidedes de recomendárnolo.

lunes, 26 de diciembre de 2011

AGASALLOS LECTORES

Chegadas estas datas sempre agasallamos a aqueles alumnos que pola súa participación nas actividades organizadas, as súas visitas á biblio ou o número de préstamos do trimestre, consideramos merecen un pequeno cariño.
Neste trimestre en concreto levamos a cabo o 4º concurso de adiviñas, na que a gañadora foi: Arrieta, seguida moi de cerca de outros tres compañeiros, porque a cousa estivo moi disputada.
Recordade que no segundo trimestre seguiremos aquí....
Con máis propostas.....

domingo, 25 de diciembre de 2011

NADAL EN REBOREDA

sábado, 24 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS

viernes, 23 de diciembre de 2011

CARTAS DE CONTO

Chegaron cartas de moitos personaxes, algúns moi coñecidos e outros non tanto: Carapuchiñas, lobos, fadas, flautistas, brancaneves,... Pero sobre todo hai que ver para canto nos da a imaxinación: PINOCHO:"Como fun bo e non dixen moitas mentiras..... E para o meu pai "Gepeto" unha caixa nova de ferramentas" - CINCENTA: "Un zapato de cristal, pero só un" - OGRO: "Como non me comín a ningún neno...." - LOBO FEROZ: "Sigo unha dieta a base de vexetais..." - REIS MAGOS: "Non me pidades moitos regalos, están moi caros" - FADA MADRIÑA: "O meu gorro quedou sen cor na lavadora, .... o meu gato espachurrado, .... a miña variña sen maxia,..." - GATO CON BOTAS: "Moitas botas de reposto" - CAMPANILLA: "Un pouco de po de fadas.... e un agasallo para Peter, pero, un que lle guste moito".

lunes, 19 de diciembre de 2011

miércoles, 14 de diciembre de 2011

CARTA AOS REIS

Xa escribistes a vosa carta aos Reis?
Xa pensastes o que ides solicitarlle ás Súas Reais Maxestades?
Seguro que entre as cousiñas que pedides, tamén hai un pouco de AMOR, para compartir nestas datas tan entrañables, non si??
Pero, e si por un momento nos convertíramos en: Lobo, Carapuchiña, nun Ogro, nunha Fada, .... que lle pediriades aos Reis.

martes, 13 de diciembre de 2011

SIGNOS PARA O NADAL

NADAL
ANO NOVO
FELIZ
PAPÁ NOEL
REIS MAGOS

lunes, 12 de diciembre de 2011

POSTAIS DO NADAL


No colexio de Reboreda, como cada ano cando chega o Nadal adornamos o noso centro: facemos o nacemento, colocamos a árbore e debuxamos e pintamos as postais de Nadal. Este ano aos nenos e nenas de 1º ciclo tocoulles facer as postais. Por certo !!Quedaron "SUPER CHULIS !!" e senon comprobádeo vós mesmos.........

ADIVIÑA Nº 6

Ánimo muchach@s, que xa estamos chegando ao final e isto vai sobre rodas, mellor dito... isto vai sobre contos!!!

Eiquí vos deixamos unha nova adiviña, probade sorte que o concurso xa remata.

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA Nº 5

Vaia, vaia canto saben estes pequech@s da escola de Reboreda!!!

Nesta ocasión puxéstedes a Margarida nun apreto, xa que Margarida pensaba que era unha cousa e todos vos pensastedes noutra e todos tiñades razón por iso, nesta ocasión teremos que dar por verdadeiras as dúas solucións. Por iso seguro que esta semana temos unha chea de gañadores. Noraboa a tod@s!!!




sábado, 10 de diciembre de 2011

10 DECEMBRO-DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

jueves, 8 de diciembre de 2011

OS PEQUES DO COLE TENTAN ADIVIÑAR OS ENIGMAS DE MARGARIDA

Como este ano estamos a traballar cos contos, Margarida quixo xogar un pouquiño con todos nós e deixounos unha chea de obxectos misteriosos pola súa biblioteca.
Eran obxectos de contos, algúns eran moi coñecidos pero outros resultaron un pouco complicados. Pero a verdade que estes exploradores coñecen moitos contos e acertaron rapidamente os enigmas misteriosos que Margarida deixou esquidos polas baldas dos seus queridos libros.
Eiquí vos deixamos un vídeo con todas as reflexións dos exploradores para que vexades que ven investigan e exploran estes pequenos aventureiros do cole de Reboreda.

martes, 6 de diciembre de 2011

FOLERPAS PARA MARGARIDA

COMO TÓDOLOS VENRES, OS SÍNEFOS VISITAMOS A MARGARIDA PARA PEDIRLLE PRESTADO UN CONTO, QUE LEMOS NA CASA COA NOSA FAMILIA. ENCÁNTANOS ESTE MOMENTO, PORQUE MARGARIDA SEMPRE ESTÁ AHÍ CUN GRAN SORRISO PARA RECIBIRNOS. PERO NESTA OCASIÓN O SORRISO NON SÓ ERA POR ALEGRARSE DE VERNOS SENON PORQUE QUE LLE LEVABAMOS UN PEQUENO AGASALLO PARA QUE DECORASE A BIBLIOTECA. DÉMOSLLE UN SOBRE CHEO DE FOLERPAS QUE FIXEMOS NA AULA CON MOITO CARIÑO E ESPERAMOS QUE LLE GUSTEN.

lunes, 5 de diciembre de 2011

MANDALAS "NATURAIS"

Nos dous cursos de 6º estivemos a investigar sobre os MANDALA, que en sánscrito significa "círculo". Aprendemos moito desta arte efémera mirando aos monxes budistas. Para eles o máis importante é o camiño, non a meta. Mirade que pasada.

Logo fixemos o noso MANDALA DE OUTONO con elementos naturais. Nesta creación colectiva cada un aportou a súa pegada estética. Encantounos o resultado.
Tamén descubrimos que o mundo que nos arrodea está cheo de mandalas, só é cuestión de mirar con atención...e ter unha cámara a man.

ADIVIÑA - 5

domingo, 4 de diciembre de 2011

CONTANDO CONTOS

Tedes que escoitar este conto que atopamos en "Youtube", na voz de nenos e nenas de Primeiro curso.
Impresionante!!

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA - 4


Vaia, vaia, pero que ben o facedes, sodes todos uns expertos investigadores.
Eiquí déixovos a solución da adiviña número 4.

viernes, 2 de diciembre de 2011

AMPLIANDO VOCABULARIO

ZUMO
HOLA
ADIOS

miércoles, 30 de noviembre de 2011

CULTURGAL EN PONTEVEDRA

FOSTES ALGÚN ANO AO CULTURGAL??
Pois animadevos. Só tedes que acercarvos ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Este ano con máis actividades ca nunca. Botádelle un vistazo ao programa e vede o que máis vos pode interesar: Obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentación de libros, discos, .....
Pero, movédevos, porque é este fin de semana, venres-2, sábado-3 e domingo-4.
Para saber máis das actividades consultade a súa web.

SEGUIMOS SIGNANDO??

YO
QUERER
AGUA

martes, 29 de noviembre de 2011

CONCURSO FELICITACIÓN DE NADAL

Dende a Xunta ofrécennos a posibilidade de participar nun concurso de Felicitacións de Nadal.
PODEDES DENDE A VOSA CASA, E NO ORDENADOR, CON Power Point OU CON Impress CREAR AS FELICITACIÓNS E LOGO PARTICIPAR DO CONCURSO ENVIÁNDOAS E PODER GANAR ALGÚN AGASALLO.
PREGUNTÁDELLE AOS VOSOS PAPÁS E MAMÁS SE VOS PODEN AXUDAR.
SE QUEREDES SABER MÁIS E COÑECER AS BASES DO CONCURSO PARA ASÍ PODER PARTICIPAR, CLICADE NESTA LIGAZÓN.
Mentras podedes ir vendo algún dos gañadores de concursos anteriores. Na páxina da Xunta están animadas, entrade a velas.

QUE, ANIMÁDESVOS??

lunes, 28 de noviembre de 2011

ADIVIÑA Nº- 4

Vexo que xa sodes todos uns expertos investigadores no mundo das adiviñas. Por iso unha semana máis quero deixarvos un novo acertixo. Atentos, atentos... seguro que algún de vos coñece a esta personaxe tan branca.

domingo, 27 de noviembre de 2011

COÑECIADES O CONTO??

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA-3

Fixádevos nas fotos, o mesmo vos dan unha pista para futuras adiviñas.
Non vos soan de algo?

viernes, 25 de noviembre de 2011

DÍA LIBRERÍAS

Hoxe celébrase en toda España, e por primeira vez, o Día das Librerías, baixo o lema "Librerías abertas ao futuro e abertas a ti".
Pois atentos todos porque van a estar abertas ata as 21:30 - 22:00 h, moitas delas con autores, ilustradores, e por suposto con descontos especiais.
Xa sabedes, é o momento!
Ese libro que tanto nos apetecía ler....

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SIGNOS DE TEMPORADA

OUTONO

FOLLA

lunes, 21 de noviembre de 2011

ADIVIÑA 3

Nesta nova semana, Margarida quere sorprendernos cunha nova adiviña. Atentos ás pistas e veredes que é moi doado atopar a resposta.

domingo, 20 de noviembre de 2011

A PRINCESA E O CHÍCHARO

E para os que non coñecían o conto desta segunda adiviña, aquí vos deixamos un vídeo.

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA 2

Como foi esta semana con esta nova adiviña, seguro que tod@s descubristedes cal era a solución correta.
Se queredes ver a clasificación botade unha ollada na barra lateral, OS NOSOS RECUNCHOS, "Concurso de Adiviñas". E, ánimo que aínda quedan moitas adiviñas por acertar.
MOITA SORTE!

miércoles, 16 de noviembre de 2011

SAUDÁNDONOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

BOS DÍAS
BOAS TARDES

BOAS NOITES
Xa sabemos dicir un montón de cousiñas....
QUEREDES SEGUIR APRENDENDO MÁIS??

martes, 15 de noviembre de 2011

A VOSA RECOMENDACIÓN

Todos sabedes que entrando en "comentarios" podedes ademais de opinar, deixar as vosas recomendacións lectoras. Tanto como ledes, seguro que podedes axudar a Margarida a escoller e seleccionar  novos libros para traer á nosa Biblio.
Esta semana Delio de 6ºA deixounos esta suxestión:
"A CHAVE DA ATLÁNTIDA" - Anxo Fariña
Científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas Illas Cíes.

lunes, 14 de noviembre de 2011

domingo, 13 de noviembre de 2011

viernes, 11 de noviembre de 2011

E TI, ENTÉNDESNOS??

Unha das capacidades máis singulares e importantes das persoas é a de comunicarnos. Para isto, empregamos desde sistemas como os xestos, os bailes, as cancións, as poesías… ata outros tan complexos e completos como as linguas.
No cole de Reboreda somos conscientes desta valiosa habilidade e, por iso, estamos a aprender un montón de idiomas: galego, castelán, inglés e un que vos vai sorprender: lingua de signos (bimodal). Esta é a que vemos nunha esquina da pantalla da tele cando nos explican como votar, ou nalgúns programas de noticias… É moi práctica  xa que nos sirve para falar cando non nos oímos porque hai moito ruído ou para comunicarnos coas persoas xordas, ou con outras que non poden falar...
Con todo isto, no noso cole a palabra trilingüe quédasenos curta. Ademais, sempre estaremos abertos a aprender unha nova forma de comunicarnos porque sabemos que os idiomas non nos separan senón que nos achegan a máis e máis persoas: ÚNENNOS.
Se ti tamén pensas coma nós, aprende lingua de signos coas palabras que imos colgando no noso blog. 
Iremos ampliando o noso vocabulario cada mes.
 ANIMÁDESVOS??
BIBLIOTECA

martes, 8 de noviembre de 2011

MURAL FESTAS DE OUTONO

Despois de facer un mural precioso das festas que se van a facer ao longo do Outono, os nenos e nenas de 2º A xunto coa súa profe están recortando as cabazas para o SAMAÍN.............................

lunes, 7 de noviembre de 2011

CANTAS ADIVIÑAS EN CONTOS

Un outono máis chegou a escola de Reboreda o tan esperado Concurso de Adiviñas. Nesta ocasión teredes que abrir ben os ollos e buscar e buscar entre as follas dos contos de Margarida cales son as respostas a estas peculiares adiviñas. Pista: As solucións van estar todas elas relacionadas con personaxes e obxectos dos contos.
Xa sabedes pero vóuvolo recordar nunha ocasión máis. Para poder concursar teredes que contestar a través do blog da bibio e deixar os vosos comentarios en cada unha das adiviñas, pero non esquezades deixar o voso nome e o voso curso cada vez que deades unha resposta para poder contabilizar os vosos acertos, xa que ao final, coma sempre, Margarida seguro que ten un gran agasallo para todos os campións.
Ánimo e boa sorte a tod@s!!!

domingo, 6 de noviembre de 2011

COMUNICÁNDONOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

CASTAÑA
MAGOSTO
(Festa + Castaña)
LUME

ANIMÁDESVOS???

sábado, 5 de noviembre de 2011

CONTOS PARA O MAGOSTO

Seguro que coñecedes infinidade de contos relacionados co Magosto, coas castañas, cos froitos do Outono,.... Nós despois de visitar internet, esa fonte inesgotable de recursos, e en concreto na Web de Norberto, atopamos este conto: "A castaña de rebentou de risa", alí podedes atopar o conto, actividades para despois da súa lectura, e incluso un Lim onde seguir aprendendo. Deixámosvos aquí os enlaces por se son de utilidade.



jueves, 3 de noviembre de 2011

VIAXANDO POLO PAÍS DOS CONTOS CON MARGARIDA

Margarida un ano máis chega cargada de propostas unha vez que a biblio abre as súas portas. Este ano na entrada da mesma apareceu un mural cheo de personaxes moi coñecidos por todos pero que agochaban unha pequena sorpresa. Axuda a Margarida a atopar aos profes da escola.
Logo dentro da bibio atopamos unha decoración moi novelesca, con tesouros, variñas máxicas, coroas, mazás, gorros,… Sabedes a que conto corresponde cada cousiña?
Atentos a este vídeo para así poder axudar a Margarida e resolver todas as súas dúbidas…

RECURSOS MAGOSTO

Como cada ano, temos a sorte de contar co traballo levado a cabo noutros coles  recopilando recursos relacionados con estas datas. Aquí vos deixamos algunhas das páxinas creadas por algúns desos Centros. Poderedes atopar unidades didácticas, contos, lendas, ditos, refráns, adiviñas, xogos, ... E moito máis.









domingo, 30 de octubre de 2011

TEMPOS DE MEDO

Achégase o 31 e nós espantando os MEDOS. Durante toda a semana lévase traballando o tema do medo en todo o cole, nas titorías, dende o departamento de Inglés, dende a Biblio,...
O SAMAÍN-O HALLOWEEN
Tradicións que compartimos distintas culturas, con distintas celebracións e un mesmo orixe: Os pobos Celtas. Se queredes saber máis:
Durante a semana reflexionamos sobre os Medos. Ao longo da mañá, e entre algún que outro susto, ademais dos aniversarios monstruosos de educación infantil, e algunha que outra visita á biblioteca auténticamente tenebrosa, os nenos e nenas foron levando as súas cabazas á entrada do cole (terroríficas) e depositando os seus medos na "Pota da bruxa" (os profes tamén). E, despois da Lectura Silenciosa, chegou o momento cumbre, a lectura do "Conxuro Quitamedos" e a queima de todos eles.
XENIAL!!!!
Logo, e despois de ter traballado moito sobre, receitas de cociña tradicionais, ou temas relacionados co feito de compartir, seguiron. O Cole encheuse dun rico olor a chulas de cabaza!

sábado, 29 de octubre de 2011

LENDO SEN MEDOS


Cando Andrés Miranda queda encerrado no colexio, apenas é capaz de imaxinar todas as aventuras que lle tocará vivir. Ás dificultades de encontrar unha saída, pois todas as portas están cerradas, ....



Mentras María xoga, a escuridade entra a través da ventana do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando.


Todos os nenos e nenas cren que hai un monstruo baixo da súa cama, ou no seu armario, ou escondido detrás das cortinas, ou tal vez oculto baixo as sombras que forman os obxectos cando apagamos a luz.
No caso de Lorenzo é verdade: hai un monstruo debaixo da súa cama, un pequeniño, pero famento, moi moi famento .....

Todos temos os nosos medos. Algúns evidentes, outros agochados moi, moi adentro. O noso rato pequeno ten innumerables fobias que quere compartir con todos nós e deixa un recuncho en cada folla para que lle vaiades contando. E vós, Cales son os vosos Medos?.

viernes, 28 de octubre de 2011

RECEITA PARA ESPANTAR OS MEDOS

AQUÍ TEDES, a "Receita para Espantar os Medos" e debaixo o "Conxuro Quitamedos"
Vós mesmos.....



Eso si, que non vos quede ningún medo no corpo.....

jueves, 27 de octubre de 2011

A QUE TEDES MEDO??

Fiz, tenlle medo a todo....
Non sei se sabedes, pero, temos unha gran receita para "Espantar os Medos".
QUEREDES COÑECELA?????

miércoles, 26 de octubre de 2011

XOGANDO CO SAMAÍN

Dende a Biblio do Ceip A Pedra en Bueu acaban de chegarnos estos xogos estupendísimos ao redor do SAMAÍN. Desfrutádeos!
E moitas grazas a todos estos coles que constantemente nos aportan recursos tan fantásticos.
Para Primaria
(preme na imaxe)

Para Educación Infantil
(preme na imaxe)

martes, 25 de octubre de 2011

REAPERTURA BIBLIO

Preparamos o espazo bibliotecario, reorganizamos os fondos bibliotecarios, artellamos os préstamos ás aulas en caixas viaxeiras, formámonos como bibliotecarios e bibliotecarias, e despois das primeiras visitas á biblio, tocaba xa.
Por fin, Abriuse a BIBLIO!!
E como non aproveitamos este día tan sinalado, o 24 de Outubro, Día Das Bibliotecas. Un bo día para comezar!

domingo, 23 de octubre de 2011

24 OUTUBRO
DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES

jueves, 20 de octubre de 2011

AS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Un ano máis as Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela reunímonos coa intención de organizar actividades conxuntas, de compartir materiais, e colaborar no posible. Nesta ocasión o anfitrión foi o Cep Santa Mariña de Redondela, con María ao frente. Grazas pola vosa invitación!. Teñen unha biblioteca moi chula!.
Oidas as propostas, e despois de moito pensar e debatir, chegamos a algunhas conclusións interesantes, que iremos desvelando pouco a pouco.

lunes, 17 de octubre de 2011

MERCADILLO SOLIDARIO

O pasado curso, co tema da auga, traballamos moito cunha páxina de UNICEF, "GOTAS DE AGUA PARA NÍGER", páxina adicada a concienciar e movilizar a Centros Escolares co obxectivo de apoiar a supervivencia infantil neste país africano.
Despois de todo o traballado o curso pasado ao redor deste tema, seguro que todos temos moi clara a importancia da auga potable na supervivencia e calidade de vida de todos os seres vivos.
E chegou o momento de colaborar! Este venres, dentro do proxecto ARCE, algunhas aulas van organizar un "Mercadillo Solidario", con libros donados por nenos, nenas e mestres do Centro co fin de recaudar fondos para esta campaña.
O importante é colaborar, non si?, pois escoitade a canción e vede se podemos seguir colaborando...

sábado, 15 de octubre de 2011

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

16 de Outubro - Día Mundial da Alimentación
Proclamado en 1979 pola Conferencia da FAO, ten como obxectivo despertar no público conciencia acerca do problema que aflixe ao mundo en relación coa alimentación e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a malnutrición e a pobreza.
Nós dende aquí aportamos un granciño.
Irupé camiña tranquilamente pola Xungla, sen darse conta de que o famento Yaguareté o acecha escondido entre a herba...

No medio do bosque, nunha fermosa cabaña viven un Gato, unha ardilla e un pato. Cada día fan sopa de cabaza para cear. Cada un encargase dunha tarefa ata que un bo día...



Alimentos con sentimentos moi humanos. DELICIOSOS!

"Sanguijuelas fritas", "pis y caca", "dientes podridos", "sangre coagulada",... Si, un libro de Cociña. Irreverente e provocador, pero, con receitas sans e nutritivas e unhas ilustracións moi divertidas.
E VÓS QUE TAL COMEDES??

jueves, 13 de octubre de 2011

CONTOS EN VÍDEO

Seguro que estades desexando ver outro conto...
CARAPUCHIÑA VERMELLA


Non vos impacientedes,... aquí está a segunda parte.

miércoles, 12 de octubre de 2011

WEB CONTOS

Na idea de recopilar recursos para traballar durante este curso ao redor dos contos, estamos a elaborar unha nova páxina web.
Deixámosvos o icono de enlace que está tamén na barra lateral. Facede clic na imaxe para acceder á páxina.
Se coñecedes algún conto interesante que poidamos engadir escribídenos un comentario.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

sábado, 8 de octubre de 2011

LECTURA SILENCIOSA

Chegada a primeira semana do mes de outubro comezamos coa lectura silenciosa. E aquí temos aos nenos e nenas de 1º, collendo os contos que lles farán imaxinar, viaxar, vivir e contar divertidas e apasionantes aventuras....A DISFRUTAR!!!

viernes, 7 de octubre de 2011

RECOLLIDA DE CONTOS DE REBOREDA, SAN MARTIÑO E REDONDELA

OLA FAMILIAS E ALUMNADO:
COMO XA SABEDES ESTAMOS RECOLLENDO CONTOS TRADICIONAIS DA NOSA CONTORNA: SAN MARTIÑO, REDONDELA E REBOREDA.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
MANDÁDENOS AS VOSAS HISTORIAS DE SEMPRE. AS QUE NOS CONTAN OS NOSOS PAIS, OS NOSOS AVÓS, ...
LOGO DENDE O COLEXIO FAREMOS UNHA PUBLICACIÓN DO RECOLLIDO.
UN SAÚDO!
Reboreda, 11 de outubro do 2011
ENDL - NORMALIZACIÓN REBOREDA

Se necesitas máis espacio onde escribir esas tradicionais historias, clica aquí e poderas imprimir unha nova plantilla.

CHEGADA DE NOVO ALUMNADO: OS COCORICOS

Cando comeza o curso sempre faltan os rapaces de 6º que remataron a súa vida na escola e comezan unha nova no instituto, e queda ese oco libre. Por sorte, sempre veñen nen@s novos de 3 anos que van compartir unha chea de anos connosco. Este ano chegaron a Reboreda 24 nen@s. Coma imos traballar cos contos, decidimos chamalos OS COCORICOS igual que no conto, porque, sabedes o conto verdade? Por se as moscas, o equipo de infantil, deixámosvos aquí o conto e algunhas actividades para que pasades un bo rato.