miércoles, 22 de diciembre de 2021
PROXECTO DOS DINOS: 1º TRIMESTRE
martes, 21 de diciembre de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA BIBLIO PARA ESTE NADAL
Un ano máis, e antes de marchar de vacacións, dende a biblio queremos suxerirnos algunhas lectoras para este días de lecer.
BOAS FESTAS PARA TODOS!!
jueves, 16 de diciembre de 2021
RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS DE NADAL
Un ano máis aproveitando estás datas e dándolle unha nova vida aos libros de expurgo da biblio, participamos na recollida solidaria de alimentos de Nadal. #biblioblogreboreda, #voznatura, #nadal
lunes, 13 de diciembre de 2021
jueves, 2 de diciembre de 2021
A NOSA BIBLIO XA ESTÁ PREPARADA PARA AS LECTURAS DE NADAL
Xa é decembro e respírase ilusión no ambiente.
Para acompañarvos nestas datas tedes unha chea de libros, música, películas... relacionadas con estas datas agardando por vos.
Non esquezades pasar a botar un ollo e, de paso, levar algo.
martes, 30 de noviembre de 2021
NA AULA TAMÉN SE CONTA: LA VERDAD SOBRE LOS DINOSAURIOS
O tema do PDI deste curso está dando para moito. Os ovos invadiron a biblio pero tamén as aulas.
Os ovos que abriron todos os compis do cole foron feitos por segundo e antes de facer ovos houbo que porse mans a obra e aprender moito sobre os dinos e que mellor que descubrindo toda a verdade.
Dende maxianaclase, a profe María nos comparte, a través de instagram un novo conto na aula.
viernes, 26 de noviembre de 2021
25 NOVEMBRO: E DESPOIS DO TRABALLO... TOCA VISIBILIZAR
A TIRANOSAURA: 25 N
Dentro do traballo realizado polas aulas para commemorar o 25 N, os compañeiros de segundo para traballar, entender e extinguir a palabra machismo fixeron un fantástico traballo cun conto que se titula "A tiranosaura". Un conto estupendo para achegar aos máis pequenos e de xeito sinxelo contidos moi complexos, inclusivos e de igualdade.
Aquí vos deixamos o audiolibro que preparon os rapaces despois de traballar co libro.
NORABOA, fantástico traballo!!!
25 NOVEMBRO: DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Un ano máis o noso centro únese a commemoración deste día uníndoo co PDI Jurassic Park.
A actividade dividiuse en dúas partes, por un lado fixemos un mural co lema: "QUE VOLVAN OS DINOS E SE EXTINGA...", cada aula traballou unha palabra relacionada coa violencia e plasmou todo ese traballo nun código QR.
Os carteis coas palabras e os códigos colocáronse no mural para que o resto dos compañeiros puidesen ver o traballo de todas as aulas.
As palabras que traballamos, entre outras foron: insultos, ameazas, humillacións, violencia, patriarcado, machismo, feminazi, mansplaining, brecha de xénero...
Por outra banda, cada aula fixo 4 pegadas de dinosaurio en aerofix violeta e dentro de cada pegada, por equipos, escribiron unha palabra en positivo para contribuír a extinción de todas estas palabras que queremos que desaparezan. Despois, cada aula foi colocando as pegadas dende a súa aula ata o corredor central onde está o cartel, de xeito que todos os pasos nos levan ao mesmo lugar.
Un traballo no que participaron todas as aulas e todos os alumnos/as do centro. Un día no que, máis que nunca, a educación debe estar moi presente porque so a educación pode cambiar as cousas que non están ben.
martes, 23 de noviembre de 2021
NA AULA TAMÉN SE CONTA: OS CALZONCILLOS MALÉFICOS
O covid obrigounos a repensar moitas actividades e espazos e, aínda que a nosa biblio xa está aberta, os cursos non se poden mesturar así que deseñar actividades non é sinxelo.
Inda así, as aulas sempre fan un traballo extraordinario cos contos e imos aproveitar para compartir convosco ideas e xeitos de traballar os contos nesta nova sesión que imos chamar "Na aula tamén se conta",
.Empezamos coa aula dos xirasois que publicou no noso instagram un conto que lles encantou aos cativos: "Los calzoncillos maléficos".
viernes, 19 de noviembre de 2021
COMO NOS GUSTA A NOSA BIBLIO
miércoles, 17 de noviembre de 2021
INVASIÓN MANGA
viernes, 5 de noviembre de 2021
III FESTIVAL DE CURTAS: "PELÍS PUBLICADAS"
Un ano máis o noso festival de curtas foi un éxito e xa vimos todas as pelís.
Agora tócanos compartilas con vos.
Na aula virtual da páxina web do centro tedes as pelís, non vos esquezades de pasar por alí para velas.
jueves, 4 de noviembre de 2021
ARRANCA O PDI: REBOREDA JURASSIC PARK
Este ano imos embarcarnos nunha nova aventura. Trátase dunha viaxe ao pasado para aprender máis dos dinosaurios.
Estades preparados? A biblio xa ten todo listo:
Andeis cheos de libros de dinos
Novo espazo acorde coa temática
Ovos de dinos con algo agochado
Libro de retos para este curso
...
Aquí tedes a visita dos primeiros grupos. Ao longo da semana todas as aulas pasarán pola biblio para romper o seu ovo e comezar o traballo ao redor do PDI, estamos desexando ver os resultados!!
miércoles, 3 de noviembre de 2021
REAPERTURA DO NOSA BIBLIO 100% RENOVADA
A nosa biblio é a de sempre pero parece nova.
Novo mobiliario, novos espazos, nova distribución e novo enfoque para un espazo fantástico no que aprender e desfrutar.
Inda non foche vela? Pois non esperes máis, agardamos por ti!!
martes, 26 de octubre de 2021
PEÚGO O CALCETÍN MELENUDO
Este ano celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cun contacontos moi especial xa que nos visitou a autora do conto Peúgo, o calcetín melenudo e fixemos unha sesión onde houbo contos, arte e ata xogos.
domingo, 24 de octubre de 2021
miércoles, 13 de octubre de 2021
martes, 21 de septiembre de 2021
PROTOCOLO COVID DA BIBLIOTECA
Inda que a biblioteca inda non está aberta, o equipo de biblio non paramos.
Temos unha chea de novidades para este curso que vos iremos desvelando pouco a pouco. Comezamos publicando o protocolo COVID para este curso coas adaptacións necesarias.
viernes, 25 de junio de 2021
REVISTA BOLBORETA
O último día de clase todos os alumnos/as levaron para casa unha nova edición da revista do noso cole, a revista Bolboreta.
Aquí volo deixamos en pdf, botádelle un ollo porque hai algunhas cousiñas máis que na edición impresa.
miércoles, 23 de junio de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Rematamos o curso coas nosas recomendacións lectoras para este verán.
DESFRUTADE MOITO, VÉMONOS EN SETEMBRO!
miércoles, 16 de junio de 2021
VISÍTANOS EVA MEJUTO
Hoxe os alumnos de sexto tivemos o enorme pracer de recibir no noso cole a Eva Mejuto que veu falarnos do seu libro "As lavandeiras de San Simón". Libro sobre o que os alumnos de sexto traballaron arreo e que serviu para descubrir moitas historias agochadas das súas familias.
Foi un encontro moi animado onde falamos dunha chea de cousas.
MOITAS GRAZAS EVA!
viernes, 11 de junio de 2021
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS BIBLIOTECARIOS
Vai rematando o curso e chega a hora dos recoñecementos.
Xa comentamos con anterioridade que estamos encantadas coa labor dos nosos bibliotecarios que adican o seu tempo de lecer a axudar na biblio, a preparar contos para infantil e a botar unha man sempre que fai falla.
NON PODEMOS ESTAR MÁIS AGRADECIDOS E ORGULLOSOS!!!
jueves, 10 de junio de 2021
ENCONTRO VIRTUAL CON LEDICIA COSTAS
Os alumn@s de terceiro tiveron unha animada charla con Ledicia Costas para falar do libro "Os minimortos".
Un auténtico pracer!!!
viernes, 4 de junio de 2021
LER CON D: ÚLTIMA SESIÓN
Rematamos o programa de Ler con D cunha última sesión de contos.
MOITAS GRAZAS AOS NOS@S BIBLIOTECARIOS!!!
lunes, 31 de mayo de 2021
CONTACONTOS DIA DO LIBRO: O POLO PEPE
viernes, 28 de mayo de 2021
CONTACONTOS DÍA DO LIBRO: UNHA DE CHIVOS
GALICIENCIA 2021
Unha edición máis o alumnado de sexto participou en Galiciencia.
Desta volta participaron nun taller chamado CSI onde viron a vinculación que existe entre a investigación policial e a ciencia.
FOI MOI DIVERTIDO!!!
jueves, 27 de mayo de 2021
CONTACONTOS DIA DO LIBRO: CONTO DE SARA 3 ANOS
miércoles, 26 de mayo de 2021
martes, 25 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS EN FAMILIA
Rematamos os contos do Día do Libro con este de Sabela e Irene.
MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR!!!
lunes, 24 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS EN FAMILIA
viernes, 21 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS EN FAMILIA
Rematamos a semana cun conto, nesta ocasión Matías, Roque, xunto cos seus avos, nos contan Carabuñas, un monstro que nunca cortaba as unllas.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Esta semana estamos a celebrar o as letras galegas.
Comezamos inagurando o noso panel sobre Xela, panel que fixemos cos seus libros e cos seus debuxos xa que sendo unha nena ilustrou o conto de Soños na Gaiola.
O martes fixemos o noso acto de inaguración no patio exterior tocando e cantando o himno todos xuntos.
Seguimos coa recollida de alimentos solidarios a cambio de libros de expurgo en galego.
A todo isto hai que sumar todas as actividades levadas a cabo polas aulas e... seguide atentos porque haberá máis.
jueves, 20 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Seguimos cos nosos contos do día do libro. Hoxe tócalles a quenda a Estela e Manu:
EXPOSICIÓN DO PDI SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
Onte as portas do noso cole abríronse para que as familias puidesen ver todo o traballo que levamos feito ao longo do ano ao redor do cambio climático.
Sacamos os paneis ao patio e compartivos cos que se quixeron achegar algunhas das cousas que levamos feitas este curso.
GRAZAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS
miércoles, 19 de mayo de 2021
EXPOSICIÓN PARA AS FAMILIAS DO PDI
viernes, 14 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
jueves, 13 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
miércoles, 12 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
martes, 11 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
lunes, 10 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COA FAMILIA
LER CON D: "O GRUFFALO"
viernes, 7 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
jueves, 6 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
miércoles, 5 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
martes, 4 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
lunes, 3 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
domingo, 2 de mayo de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
sábado, 1 de mayo de 2021
MAIO, MAIÑO PONTE DE PÉ...
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
viernes, 30 de abril de 2021
LER CON D: EL MONSTRUO ROSA
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
jueves, 29 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
miércoles, 28 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Os avós tamén contan contos chulísmos.
Mirade o que nos traen Alma e Elsa.
FANTÁSTICO!
martes, 27 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Novo vídeo cos contos que nos enviástedes as familias.
Encántannos!!!
lunes, 26 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS COAS FAMILIAS
Seguimos con todas as actividades que levamos a cabo para celebrar o Día do Libro.
Ademais dos contacontos e a Escape Room, pedimos colaboración as familias para que se unisen a nos nesta celebración.
As familias que quisexen tiñan que enviarnos un vídeo contando un conto. O día do Libro, cada aula viu os contos das familias correspondentes e agora, imos ir publicándoos no blog para que todos gocedes con eles.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR E ACOMPAÑARNOS UN ANO MÁIS.
viernes, 23 de abril de 2021
ESCAPE ROOM: DÍA DO LIBRO
Celebramos o día do libro como máis nos gusta, encerrados na biblio, resolvendo misterios, fedellando en libros distintos, paseando polas diferentes seccións, descubrindo curiosidades, aprendendo de autores e coleccións e, sobre todo, pasándoo moi, moi ben. A chave da biblio estaba no libro de Harry Potter e, unha vez aberta a porta, averiguamos a combinación do cofre do tesouro onde tiñamos un agasallo fantástico, moi acorde co día.
NORABOA A TODOS.
FELIZ DÍA DO LIBRO
DIA DO LIBRO: LER CON D
Celebramos o día do libro, léndolle aos pequenos un conto moi, moi divertido.
DÍA DO LIBRO: SESIÓN DE CONTACONTOS CON OLGA CUERVO
Comezamos celebrando o Día do Libro coa visita de Olga Cuervo que veu chea de contos para os nenos e nenas de infantil. Na biblioteca estiveron acompañándoa os alumnos de 4 anos mentres que o resto de aulas de infantil seguiu a sesión por Webex. Foi unha actividade moi chula que nos vai achegando, as poucos, a tan ansiada normalidade.
MOITAS GRAZAS A OLGA POR VISITARNOS, PASÁMOLO XENIAL!!!
miércoles, 14 de abril de 2021
viernes, 9 de abril de 2021
AMPLIANDO O NOSO FONDO: LIBROS-CDS
martes, 6 de abril de 2021
FICCIÓN EXPRESS
Xa estamos de volta, con moitas ganas e cheos de novidades.
A primeira que vos queremos contar é que os sextos están probando a plataforma de lectura online Ficción Express.
É unha plataforma de lectura interactiva creada para mellorar a competencia lectora a través da participación. Cada 8 semanas se publican 3 libros diferentes por capítulos e dirixidos a tres etapas educativas distintas (terceiro ciclo de primaria, 1º e 2º da ESO e 3º e 4º da ESO). Os lectores poden participar na toma de decisións sobre como continúa a historia a través dos seus votos e falando cos escritores.
Un xeito moi atractivo de ler e achegarse á literatura dun xeito dinámico e moi participativo.
viernes, 2 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil e non hai mellor xeito de celebralo que lendo un bo libro.
Na biblio do cole ou na biblio de Redondela tedes unha chea de opcións e se queredes darvos un agasallo, nas librerías da vila tedes o 10% de desconto.
FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL PARA TOD@S
viernes, 26 de marzo de 2021
LER CON D: A PRINCESA ROSA
Rematamos os contos de marzo adicados á muller cunha historia moi rosa... ou, igual non tanto!
jueves, 25 de marzo de 2021
POÑÉMONOS A PROBA?
Que vos parece se despois de visitar a nosa exposición sobre o cambio climático, vemos todo o que aprendemos.
Premede no enlace e xogade!!!
CONQUISTADORAS!
Os alumn@s de sexto rematan o trimestre e este mes adicado á Muller visitando a exposición Conquistadoras sita na Alameda de Redondela. Por parellas cubriron un caderno de investigación que logo puxeron en común. Aprenderon un montón.
Os referentes si importan.
A visita tamén se recolleu en Radio Redondela.
lunes, 22 de marzo de 2021
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DAS AULAS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
viernes, 19 de marzo de 2021
PDI O CAMBIO CLIMÁTICO: VISITA AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL
O alumnado de sexto ven de participar no programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
Despois de facer na aula dúas sesións de aprendizaxe sobre a compostaxe, microorganismos e intrusos do composteiro, completan a actividade facendo unha visita ao composteiro municipal e a o centro de estructuración do concello.
Un xeito estupendo de seguir implicándonos no noso PDI.
jueves, 18 de marzo de 2021
LER CON D: UNA CAPERUCITA ROJA
viernes, 12 de marzo de 2021
LER CON D: A PRINCESA VESTIDA CUNHA BOLSA DE PAPEL
miércoles, 10 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER: TRABALLOS DAS AULAS
Un ano máis as nosas aula énchense de violeta para traballar a igualdade e para desenvolver unha sociedade máis igualitaria onde homes e mulleres teñan os mesmos dereitos.
Aquí tedes unha mostra dalgúns dos traballos feitos polas aulas.
martes, 9 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER NO CEIP REBOREDA
Ao longo desta semana iremos contándovos as diferentes actividades que están levando a cabo nas aulas para conmemorar o 8 de Marzo.
Todos os alumn@s do cole pintaron unhas ás e con elas fixemos unhas ás grandes que nos serviron de photocall para fotografar a todos os alumnos.
Unhas ás que queremos que nos sirvan para voar e para alcanzar os nosos soños.
Unhas ás amplas que nos permitan abranguer o mundo enteiro.
Unhas ás para non ter límites
Unhas ás para traspasar os teitos de cristal
Unhas ás que nos den impulsos.
Unhas ás de nos den un liberdade.
Unhas ás para chegar lonxe.
Unhas ás...
NON DEIXEMOS QUE NINGUÉN NOS CORTE AS ÁS!!!
viernes, 5 de marzo de 2021
CONCURSO DA REBORAIANA
Un ano máis, dende Normalización Lingüística ponse en marcha o Concurso de Redacción Escrita da Reboraina. Xa estamos na Edición 22. Os alumn@s de terceiro o sexta fixeron os carteis e lemas para o concurso e destes escolleuse o cartel e lema gañador. Aquí tedes aos finalistas:
E, por suposto, o cartel gañador coas bases do concurso:
Agora so falta comezar a escribir!!!
CAIXA DE CONTOS: LER CON D
viernes, 26 de febrero de 2021
COIDADO COA CHARCA: LER CON D
miércoles, 24 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA
martes, 23 de febrero de 2021
ASÍ DESFRUTAN DOS CONTOS OS NENOS DE INFANTIL
Dentro do programa Ler con D, os nosos bibliotecarios están facendo sesións de contacontos para infantil. Dadas as circunstancias sanitarias actuais están sesión son en vídeo para evitar o contacto entre alumnos de distintas aulas.
Inda así o programa está tendo un gran acollida.