Un ano máis o noso alumnado de sexto participa en Galiciencia.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos presentados a esta edición:
Blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do Ceip Sto. Paio de Abaixo, en Reboreda, Redondela (Galicia)
Un ano máis o noso alumnado de sexto participa en Galiciencia.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos presentados a esta edición:
Rematamos as actividades sobre as irmás Mirabal cos vídeos informativos elaborados polo alumnado de sexto:
Despois de levar todo o mes traballando sobre as irmás Mirabal, chegou o día 25. E as aulas nos amosan o traballo que fixeron durante estas semanas:
Os máis pequenos:
A difusión das nosas pescudas:
Seguimos dotando a nosa biblio de material. Xa tedes a vosa disposición o novo material audiovisual adquirido este curso pola biblio.
Sabemos que este ano non é coma sempre pero, ante os cambios, o importante é a actitude.
Que non podemos saír ao patio cando chove? E se botamos un xogos de mesa?
A biblio ven de aumentar o seu fondo en xogos para que os recreos sexan máis dinámicos. Tamén podedes levar os xogos para as vosas aulas e organizar as quendas de xogo.
Non esquezades pasar pola biblio para ver todo o que temos.
Levavades tempo pedíndonolo e, por fin, xa está aquí. Renovamos os libros do "Diario de Greg" deteriorados e compramos os títulos que faltaban, agora xa podedes vir a collelos.
Este trimestre, os alumnos de sexto van traballar a poesía.
Nas aulas están aprendendo recursos estilísticos, lendo diferentes autores e, sobre todo, aprendendo a disfrutar da poesía. Ao longo das seguintes semanas imos desfrutar, acompañados do alumnado de sexto de sesión de poesía elevada.
O tema deste ano para todo o curso é o cambio climático. As aulas xa están traballando arreo sobre o tema e a biblioteca, como non podía ser menos, tamén.
Para que as nosas investigacións cheguen a bo porto, ampliamos o noso fondo sobre o tema, xa tedes os libros a vosa disposición na entrada da nosa biblio.
Seguimos preparando material para o 25 N cunha nova técnica plástica para facer bolboretas. Usamos plástico máxico.
O noso centro acaba de sumarse a actividade proposta polo Concello de Redondela para celebrar o 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Estamos anos, aproveitando que se celebra o 60 aniversario do asasinato das irmás Mirabal, imos achegar ao noso alumnado a esta tráxica historia pola que se celebra o 25 de Novembro o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller.
Ademais do traballo teórico, todo o alumnado fará bolboretas, que se entregarán antes do día 16 e que se colocarán en distintos puntos do concello xuntos coas bolboretas dos outros centros.
Aquí vos amosamos algunhas das bolboretas que imos enviar:
A pesar de todas as limitacións e contratempos producidos pola Covid, dende o noso centro seguimos apostando por darlle a maior normalidade posible a nosa práctica educativa e nesta non poden faltar as celebracións.
Un ano máis e con todas as precaucións e medidas de seguridade, celebramos o samaín:
Dentro das actividades de celebración do Samaín, o alumnado de sexto participou na visita guíada ao Ceminterio Histórico dos Eidos.
Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas.
Comezamos unha nova andaina conxunta os Departamentos de Normalización e Biblioteca do Ceip Santo Paio de Abaixo (Reboreda-Redondela).Dende este blog tentaremos estar en contacto con todos vós, informando das iniciativas que vaian xurdindo, convocatorias, proxectos que vaiamos desenvolvendo,...Contamos con todos vós!Facede comentarios, opinade!Esperamos a vosa colaboración!
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.