Despois de varias semanas traballando sobre a Idade Media hoxe en quinto recibimos unha misiva cunha misión moi importante. Comezamos a aventura. A ver onde nos leva!
miércoles, 28 de febrero de 2024
viernes, 23 de febrero de 2024
Hoxe celébrase o Día de Rosalía, onde se conmemora o nacemento da nosa escritora máis universal. Para celebrar este día tan sinalado tivemos a sorte de que nos acompañara o grupo de música tradicional Amalghama.
Unha das pezas elixidas foi "Castellanos de Castilla", cantada xunto a todo o alumnado e profesorado do centro.Moitas grazas Amalghama por colaborar con nós!
miércoles, 21 de febrero de 2024
INSPIRING GIRLS
Hoxe recibimos a visita de Laura, auditora xefe do grupo Aenor. Os grupos de sexto participamos nun programa chamado Inspiring Girls, co cal se pretende dar visibilidade a mulleres que se moven no mundo STEAM e así inspirar a máis nenas.
Moitas grazas Laura polo teu tempo!viernes, 16 de febrero de 2024
ENTROIDO 2
Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.
E, despois de pasear, foron bailar na aula.Viva o entroido!!! #quintoreboreda, #entroido24
viernes, 9 de febrero de 2024
ENTROIDO REBOREDA
Comezamos a preparar o noso disfrace a partir dun conto: Moncho e a mancha. E é que o noso disfrace deste #entroido estaba moi manchado! Traballamos moito pero hoxe estabamos tan guapos e guapas de pintores que pagou a pena todo o noso traballo!
miércoles, 7 de febrero de 2024
PATIOS DINÁMICOS
O noso cole está cambiando. Despois das ideas aportadas polos rapaces no primeiro trimestre agora toca poñelas en marcha.
Neste segundo trimestre, os patios están cheos de opcións: baile, arte, xadrez, xogos de mesa, xogos no patio, rocódromo...Un patio cheo de posibilidades e isto so è o principio.
Seguide atentos!!! #pdi..Reboreda, #patiosdinamicos