Levamos varios cursos inmersos nunha campaña de reciclaxe e reutilización. Este ano ademais dos contedores para a separación do lixo, no recinto e nas aulas, a recollida de cartuchos de impresora e de pilas, vamos intentar colaborar nunha iniciativa solidaria de recollida de tapóns de plástico. Temos para tal efecto unhas caixas na entrada do Centro.
Seguro que sabedes o prexudicial que son os plásticos para o noso planeta, o moito que tardan en degradarse na natureza e por desgraza, o moito que abusamos do seu uso e por riba non reutilizamos, nin reciclamos.
COÑECEDES OS DISTINTOS TIPOS DE PLÁSTICOS QUE USAMOS DIARIAMENTE??
SABEDES A DIFERENZA ENTRE CADA UN DELES?
PENSASTES ALGUNHA VEZ PORQUE ALGÚNS SON MÁIS OU MENOS RECOMENDABLES CA OUTROS SEGUNDO PARA QUE SON USADOS??
Investigade un pouquiño e contádenos o que averiguastes....

