sábado, 30 de junio de 2012

DESPEDÍMONOS XOGANDO COS CONTOS

Último día de curso, despedida,... e posta en práctica de todo o traballado durante o curso: Nas linguas, nas mates, no coñe, ... e en outras materias máis transversais. 
Aproveitamos o tema dos Contos como marco de acción e... 
Listos para recuperar os contos?
Preparados para impedir que o Mago Malandrín quede cos nosos soños e ilusións??
QUE BEN O PASAMOS!
Se queredes saber máis visitade os blogs de terceiro, alí tedes maís fotos, máis información e algún que outro vídeo.
Manantial (3ºA)
Cativos (3ºB)


jueves, 28 de junio de 2012

GRADUACIÓNS 2012

Rematou o curso 2011-2012 e con el moitas das expectativas para o mesmo. Despedidas, finais de ciclo,... novos retos aos que enfrontarse... Uns continuarán connosco, outros un pouco máis lonxe, pero, sen lugar a dúbidas, todos cheos de esperanzas e ilusións.

martes, 26 de junio de 2012

AS VOSAS PRODUCIÓNS

Algunhas aulas aproveitaron o tema dos Contos, para durante o curso ir organizando as súas producións e deseñar pequenas grandes publicacións.
QUE SORPRESA cando chegaron cos seus libriños para entregarllos a Margarida...!!
IMPRESIONANTES!!
Agora haberá que rexistralos no Meiga (o programa de catalogación) para que pasen a funcionar no préstamo habitual.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!

SUXESTIÓNS LECTORAS VERÁN

Un ano máis en colaboración coas Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela elaborouse unha guía de Suxestións para que durante este verán aproveitedes ben o tempo. Facede clic nas imaxes para velas mellor.
Se ledes algún libriño que vos resulte interesante e nolo queredes suxerir...
FELIZ VERÁN A TOD@S!

lunes, 25 de junio de 2012

ACTIVIDADES DE VERÁN COA OMIX


A Concellería de Xuventude, a través da OMIX ofrece tres actividades:
 
Na Alameda de Redondela.
Solicitude de praza: Do 18 ao 20 de xuño.
 
Na Alameda da Praia de Arealonga (Chapela).
O acceso as actividades será libre ata completar o máximo de 30 prazas.
 
Na praia de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela.
Taxas por curso: 10 €
Solicitude de praza: Do 20 ao 27 de xuño

Non tedes excusa para non pasar un verán de cine....
Disfrutádeo!

domingo, 24 de junio de 2012

VERÁN CON SIMONA

Chéganos esta información dende a Biblioteca Municipal. Parece interesante!
VERÁN CON SIMONA:
Esta actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de xullo en cinco parroquias:
- Cedeira: Centro cultural de Cedeira.

- Chapela: Multiusos do Piñeiral do Crego.
- O Viso: Asociación cultural Santa María do Viso.
- Redondela: Pazo do Pousadouro.
- Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas.
O horario da actividade será de 09.30 a 13.30 horas, contando a actividade cun total de 180 prazas. A selección da parroquia é independente do domicilio de residencia.
O prazo de inscrición, ata o mércores 27 de Xuño.

miércoles, 20 de junio de 2012

SIGNOS PARA O VERÁN

CALOR
VACACIÓNS
VERÁN
PRAIA




viernes, 15 de junio de 2012

OS NOSOS CONTACONTOS

Cada ano algúns nenos e nenas de sexto curso prepáranse para facer de contadores de contos para os máis peques. Este curso tivemos oito contacontos. Estiveron durante todo un mes preparándose e cando chegou o momento.... XENIAL!
Xa vistes algúns dos vídeos que fomos poñendo. Pero,...  e todo o que non vistes. 
MOITAS GRAZAS, CONTADORES!
Quen sabe? O mesmo voltades por aquí nuns aniños...

jueves, 14 de junio de 2012

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

O alumnado de Sexto curso visitou esta semana a fermosas illas de San Simón. Encantoulles a visita! O sorprendente é que témolas aquí ao ladiño e son as grandes descoñecidas. 

Non son moitos os afortunados que coñecen de cerca esta illas. A algúns todavía lle traerán recordos pouco gratos. Sin embargo este pequeno e fermosísimo espazo na metade da ría de Vigo está cargado de historia que da pe a infinidade de lendas.
Queredes saber un pouquiño máis da súa historia??  Ou velas máis de cerca?? Facede clic nos seguintes enlaces:


Seguro que xa sabedes un pouquiño máis da nosa historia.




martes, 12 de junio de 2012

OBRADOIRO PULSERAS

Achégase o verán, e co calor e o sol, enchémonos de vitalidade, de ganas de facer cousas, de crear,... E dende a Biblio, con Margarida ao frente, estamos a facer uns obradoiros de pulseras de fíos de plástico. 
Están quedando chulísimas!
O mércores pasado, pasaron os nenos e nenas de Sexto, mañá virá o alumnado de quinto e entre medias, todos eles fan de maestros para os máis peques, que tamén queren aprender.
A pena e que xa non nos queda nada...

lunes, 11 de junio de 2012

POR ESTE CURSO... PECHAMOS AS PORTAS


Bueno chicos e chicas, un ano máis chega o mes de xuño, e con el, moitas despedidas. Achégase o final do curso, pero, como ben sabedes na biblio necesitamos tempo, moito tempo, para recoller, organizar, ubicar, ... en definitiva, que por este ano xa non poderedes levar máis libros en préstamo, o que non quere dicir, que non nos poidades seguir facendo suxestións, de todo tipo, de lecturas, de actividades,... 
E ollo!, que todavía quedan algúns por devolver libriños... A ver se esta semana non nos olvidamos...
VÉMONOS!

sábado, 9 de junio de 2012

CLAUSURA LECTURA SILENCIOSA

Non se trata de facer que todos sexamos uns lectores incribles, de a libro por semana. Pero si que polo menos apreciemos e disfrutemos dun momento de lectura, unha novela, unha revista, un periódico,... ao fin, ler, faise imprescindible en todas as facetas da vida diaria: cando saimos de compras, cando vamos ao médico, cando precisamos resolver calquera problemiña con algunha institución, ... 
QUE IMPORTANTE É LER!
E ENTENDER CORRECTAMENTE O QUE LEMOS!
Ao longo da historia, o acceso á lectura e a escritura das clases máis baixas, permitiu a evolución dunha sociedade dominada e controlada polas clases máis preparadas. Está máis que demostrado que nos entornos lectores, créanse bos lectores. Os nenos a medida que van crecendo, van imitando todo aquilo que ven facer aos adultos que os rodean: os seus costumes, as súas rutinas, ... Para ben ou para mal, somos os exemplos que eles siguen...
Dende o Centro tentamos ser un Exemplo Lector para o noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os máis maiores, os mestres, e todo aquel que pasa polo Centro no momento axeitado, xuntos e respetando aos compañeiros, LEMOS
Ata o próximo ano!