martes, 19 de mayo de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Apadriñamento lector' 2026

Non hai mellor maneira de celebrar o Día do libro que compartindo lecturas e momentos .
Feliz día do libro a tod@s☀️
Desexámosvos boas lecturas hoxe e todo o ano ❤️📖.
#diadolibro2026 #beescolaresgal #apadriñamentolector



jueves, 14 de mayo de 2026

MAESTRO ENTRECARTONES

 Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter unha vista moi especial! Unha visita coa que aprendemos mooooito (eu a primeira) e coa que o pasamos aínda mellor!


O profe Diego @maestro_entrecartones veu facer un obradoiro cos Indios (no seu día libre). Experimentamos e creamos ao grande co seu proxecto #obratectura que é unha auténtica marabilla! Pero, teño que dicir, que ademais do seu traballo, a súa conexión coas nenas e cos nenos é brutal.

Admiración e agradecemento a partes iguais profe Diego! Quedamos asombrados e encantados! As nosas portas sempre abertas para ti! Que sigan voando todos eses paxariños na túa cabeza❤️

#afortunados #osindios #ceipReboreda



viernes, 8 de mayo de 2026

FORMACIÓN DO PROFESORADO E PLEA

 Durante este curso estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre competencia lingüística que ten, entre outros obxectivos, elaborar o noso novo Plan de lectura ,escritura e acceso a información .

O profesorado estamos mergullándonos nesta competencia na procura da mellora das nosas metodoloxías, en base a evidencias científicas e adaptándonos aos ritmos do noso alumnado.
Adicamos unha das sesións ao aprendizaxe basado en xogos ,que tantas oportunidades nos ofrece, porque aprender tamén pode ser moi divertido.

#plea #biblioblogreboreda #mergullándonosnacompetencialingüística



lunes, 4 de mayo de 2026

MAIOS E DESMAI

  • 🌼Durante a semana dos maios , o alumnado de segundo adentrouse na historia de "Maios e desmaios" , escrito por @ramond.veiga . A súa narración levounos a coñecer un pobo onde todos os nenos e nenas teñen nome de flor e no que, coma no noso, tamén se fan figuras con flores na véspera do 1 de maio. Pero tamén a unha escura fraga onde unha nena, un chisco misteriosa, en vez de maios...fai desmaios!
    🌿Non podíamos ter escollido mellor lectura para acompañarnos entre costura de pampullos e ensaio de coplas 💛. Unha historia divertida que nos achega a unha das nosas tradicións máis fermosas, ilustrada maravillosamente pola man única de @ivan_r_
    🍎Grazas aos dous por esta xoia que tanto nos gustou.





viernes, 1 de mayo de 2026

CELEBRAMOS OS MAIOS

 🌿Un ano máis, nas vésperas do 1 de maio, o cole énchese de arrecendo a fiúncho, costura e coplas. Ovos ,laranxas e traballo en equipo.

🌼E entre ensaio, agullas e cantos ,chegou o día de desempolvar os paus e tocar e cantar ao redor do noso maio.