miércoles, 31 de mayo de 2017

VISITAMOS A ESCRITORA MARÍA CANOSA

O xoves 27 de abril recibimos encantados a visita da escritora María Canosa, a autora do libro que lemos¨ Rubicundo ¨. Realizámoslle unha serie serie de preguntas que xa tiñamos preparadas e ela respondeunos encantada. As súas respostas eran amplas, dandonos infinidad de detalles, e iso pareceume un dato interesante; pois seguramente outra persoa non o houbera feito. Contounos en que se inspirou para facer os personaxes. Erea reflexábase en nós, os nenos. Rubicundo creouno porque o seu ilustrador pedíralle un malo, e a ela como non se lle daban ben os malos, fixo a unha persoa triste e enfadada. Tamén averiguamos que para escribir o libro non escribia todolos días, pero aínda que algúns días non o fixese, a súa cabeza non paraba de dar voltas. Tiña unha libretiña na que anotaba nomes e ideas que se lle ían ocurrindo, por si despois os precisaba para algún libro, de feito, de alí sacou o nome de Rubicundo. Persoalmente pareceume unha boa escitora. Sorprendeume bastante que estudara enxeñería de camiños en lugar de literatura. Algo que me gusta dos seus libros é que utiliza un vocabulario bastante amplo, aínda que eu descoñezo o significado dalgunha palabra. Ao final da visita, firmounos a todos os libros. Foi unha boa experiencia!!!!! Lucas C.

lunes, 29 de mayo de 2017

“A MELLOR SOPA DO MUNDO”, POLAS EXPLORADORAS DE 5ºA

Estas grandes artistas non paran de argallar, unha semana tras outra, para deixarnos abraiados coas súas sesións de contacontos. Nesta ocasión foron todas en conxunto as que prepararon unha sesión espectacular. Dramatizaron de xeito orixinal e moi sinxelo o fermoso conto, “A mellor sopa do mundo”
Os choquetes estaban encantados e para que todos disfrutasen desta sesión tan especial invitamos tamén aos Apolos. Deixáronnos coa boca aberta!!!

XENIAL EXPLORADORAS!!!

SODES GRANDES ARTISTAS!!!

sábado, 27 de mayo de 2017

CLUB BALONCESTO REDONDELA EN REBOREDA

Esta última semana estiveron con nós tres monitores do CB Redondela, Sergio, Adrián e Jovan, dándonos a coñecer o seu club e ensinándonos algúns fundamentos deste precioso deporte. Melloramos as nosas habilidades como pasadores, botando e incluso tirando a canasta, pero, sobre todo a xogar en equipo. Aprendimos moito, e ademais, pasámolo MOI BEN!.
Grazas e voltade cando queirades!

E recordade que o sábado día 3 de Xuño pola mañá tedes o torneo de baloncesto no pavillón da Marisma.
Moita sorte!

viernes, 26 de mayo de 2017

UNHA NOVA SESIÓN DE CONTOS CON ANDREA E COMPAÑÍA!

As miñas exploradoras de 5ºA, están enganchadas ao de contar historias e cada sesión que pasa fanno mellor, fanno xenial!!! Nesta ocasión Andrea, tiña moitas ganas de dramatizar un conto que lle gustaba moito cando era pequerrecha, polo que animou ás súas compis e mira o que fixeron… Son unhas grandes artistas!!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

OS SEMINIFINALISTAS FAN KRIPTONITA

Seguimos cos talleres dos gañadores do concurso "Coñecendo a orixe". Nesta ocasión "Los superheroes me importan un pepino" fixeron está orixinal proposta de kriptonita. A pesar dalgúns problemas técnicos pasámolo ben e conseguimos resolver o reto.  Clicade na imaxe para ver a presentación!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d113470129k1767446o2l1/kriptonita-2

lunes, 22 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO

A última semana de abril celebramos a "Semana do libro" e dende a biblioteca deseñamos unha chea de actividades. 
Comezamos decorando os espazos do centro: escaleiras que convidan a ler, un mural na entrada, novo espazo de lectura na biblioteca...
Seguimos convidando aos lectores que quixeran a ter unha cita a cegas. Tiñamos mesas con libros empaquetados con etiquetas que correspondían as diferentes idades. Os que querían podían escoller un libro sen coñecer o título, unha auténtica cita a cega para descubrir lecturas que, seguramente, por nós mesmos non teríamos escollido.
O xoves a lectura silenciosa foi especial porque os pequenos contaron aos maiores historias de superheroes.
E rematamos a semana convidando as familias a facer connosco a lectura silenciosa.
Clicade na imaxe para ver coma nos foi a semana.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d113705317k6272623o2l1/dia-do-libro-17

viernes, 19 de mayo de 2017

SON MALETE!!!

Non me puiden resistir! Moi simpática e ademáis anda un Apolo polo medio. A ver se o vedes.

jueves, 18 de mayo de 2017

OS SUPERIGUALIÑOS DE 4ºB FANNOS UNHA SESIÓN DE CONTOS MOI ESPECIAL

A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!! Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!

lunes, 15 de mayo de 2017

NA SEMANA DO LIBRO AS FAMILIAS COMPARTEN CON NÓS AS SÚAS LECTURAS

Os choquetes estaban encantados porque moitos papis, mamis, avós, avoas,… quixeron vir a ler con nós na lectura silenciosa. Como era un momento especial, quixemos facelo tamén de forma especial polo que collemos os libros e saímos ao patio, buscamos una boa sombra e una pouca de herba para acomodarnos no chan e pasar 20 minutiños lendo sen parar. Foi un momento moi máxico pero non volo vou dicir eu… mirade este vídeo e quedaredes prendados das fotos tan bonitas que roubamos a eses momentos. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS… FAMILIAS!!! SEMPRE TAN ATENTAS, SEMPRE TAN ENTREGADAS, SEMPRE TAN CERCANAS!!!

martes, 2 de mayo de 2017

TALLERES DE PASCUA

Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois. Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua. Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos. Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá. Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!

lunes, 1 de mayo de 2017

MAGDALENAS DE LADY BUG: GAÑADORAS DE "COÑECENDO A ORIXE"

E chegou a quenda das gañadoras do concurso "Coñecendo a Orixe". Nesta ocasión Alba e María foron as encargadas de ensinarnos a facer unhas deliciosas magdalenas cunha xoaniña enriba que nos lembra a Lady Bug. Fixéronno moi ben e despois os asistentes puideron facer as súas propias Lady Bug e, por suposto, degustalas.