Mostrando entradas con la etiqueta terceiro ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta terceiro ciclo. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de noviembre de 2026

NON É SERIO ESTE CEMINTERIO

 O venres celebramos o Samaín facendo unha serie de xogos de lengua que nos gustaron moito. Empezamos co secuestro da bibliotecaria, despois o bestiario e rematamos creando epitafios para o noso Ceminterio, inspirados pola nosa visita ao ceminterio dos Eidos.

#sextoreboreda, #samain, #lengua





lunes, 21 de septiembre de 2026

ARRANCAMOS CO PDI: NAVEGANDO ENTRE VIÑETAS

 Arrancamos un novo curso facendo o que máis nos gusta: resolver misterios!!! Sobre todo cando traen unha boa recompensa.

#sextoreboreda, #iniciodecurso, #aprenderfacendo



martes, 16 de diciembre de 2025

ACHÉGASE O NADAL

 En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.

#quintoreboreda, #edudixital, #poloscreativos, #edixgal, #robotica, #scratch, #aprenderprogramando



martes, 9 de diciembre de 2025

PLENO INFANTIL

 Hoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.

Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.

https://www.redondelaberta.gal/videodetail/956



viernes, 17 de octubre de 2025

A PRAIA DE CESANTES

 Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.

#quintoreboreda, #pdioquenostraeamarea, #ciencias, #aprenderfacendo



lunes, 26 de mayo de 2025

+RÍAS

Os alumnos e alumnas de sexto desfrutamos, da man da Deputación de Pontevedra e do proxecto +Rías, dunha sesión para coñecer o noso mar, que se completou cunha sesión de marisqueo no Porto de Cesantes guiados por Gloria e Sebe. Foi xenial!!! Que gusto aprender directamente na contorna e cantos tesouros temos na Ensenada.

#sextoreboreda, #+rías, #amarturmar, #redenatura2000, #aprenderfacendo



lunes, 12 de mayo de 2025

PREPARANDO GALICIENCIA

 Antes de ir a Galiciencia tivemos moito, moito traballo. Tardes no cole, investigación na casa e ata cadea de traballo na aula. Desesperación, algún que outro enfado pero con vontade sacámolo adiante.

#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendo



viernes, 25 de abril de 2025

ATRAPADOS NA CASA DE ESCHER

 Seguimos traballando Escher de xeito interdisciplinar. Fai uns días quedamos atrapados na súa obra: relatividade e tocounos facer Unha chea de cálculos para poder saír da mesma. Desa mesma tarefa sairon historias matemáticas moi, moi interesantes.

#sextoreboreda, #pdiunanonomuseo, #escher, #udi, #aprenderfacendo



viernes, 11 de abril de 2025

IMOS A GALICIENCIA

 Un ano máis vémonos en Galiciencia. O 14 de maio estaremos alí falando do cerebro.

#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendo



martes, 1 de abril de 2025

DIXITALIZACIÓN RESPONSABLE DA MAN DO PROGRAMA INSPIRING GIRLS

 En sexto durante todo o mes de abril imos participar no programa Digitalización sin Límites do programa Inspiring Girls.

Hoxe, da man de Esperanza falamos de tecnoloxía e puxemos os nosos coñecementos a proba. Aprendemos moito e xa temos gañas doutra sesión.



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA 2

Despois do paseo de onte para coñecer as mulleres de Redondela, agora temos unha misión importantísima. Debemos compartir todo o aprendido co resto do cole. Menuda responsabilidade!!! Así que toca poner mans á obra.




lunes, 4 de marzo de 2024

SEMANA DA MULLER NO CEIP REBOREDA

Os alumno@s de quinto tivemos a sorte de facer un paseo acompañados por Sole para coñecer a mulleres relevantes da nosa Vila.

Foi unha saída fantástica que completamos coa visita ao concello.
A actividade forma parte do programa Enredadas pola Igualdade organizado polo Concello.
Encantounos e serviunos para comezar a semana fo 8M.



miércoles, 28 de febrero de 2024

OS ALUMNOS/AS DE QUINTO SE ACHEGAN Á IDADE MEDIA

Despois de varias semanas traballando sobre a Idade Media hoxe en quinto recibimos unha misiva cunha misión moi importante. Comezamos a aventura. A ver onde nos leva!



miércoles, 21 de febrero de 2024

INSPIRING GIRLS

 Hoxe recibimos a visita de Laura, auditora xefe do grupo Aenor. Os grupos de sexto participamos nun programa chamado Inspiring Girls, co cal se pretende dar visibilidade a mulleres que se moven no mundo STEAM e así inspirar a máis nenas.

Moitas grazas Laura polo teu tempo!



viernes, 16 de febrero de 2024

ENTROIDO 2

 Do cole de Reboreda escaparon unha chea de Gregs.

E, despois de pasear, foron bailar na aula.
Viva o entroido!!! #quintoreboreda, #entroido24



viernes, 2 de febrero de 2024

O ARCO NARRATIVO

 En quinto seguimos escribindo historias de medo.

Estes días estamos traballando o arco narrativo.



miércoles, 24 de enero de 2024

TIPS PARA ESCRIBIR HISTORIAS

En quinto todas as semanas temos un taller de escrita creativa onde traballamos diferentes tècnicas.

Este trimestre estámolo adicando aos contos de pantasmas.
Estamos usando moito material do escritor Enrique Paez para as nosas propostas e a idea è ter, ao final do trimestre, un bo relato de medo.
Unha das propostas do taller foi preparar inicios de historias. Na aula lemos o inicio de diferentes novelas, as analizamos e usamos estes tips para crear cinco comezos de historias.
O resultado non estivo nada mal.
Seguide atentos que próximamente vos contaremos máis.



miércoles, 17 de enero de 2024

CIBERACOSO E CIBERSEGURIDADE

Hoxe os quintos e sextos tivemos as charlas do Plan Director da man de Pelayo.

En quinto falamos longo, tendido e sen pelos na lingua sobre o acoso e o ciberacoso e, nos sextos, sobre ciberseguridade.
Unha actividade moi, moi necesaria.



viernes, 12 de enero de 2024

RETROPROXECTAMOS UN CONTO

En quinto, no terceiro laboratorio imos crear un proxector así que hoxe rescatamos o retroproxector do centro e observamos as súas partes, analizamos o seu funcionamento e, por suposto, fixemos probas.

Agora si, xa estamos preparados para facer o noso.



martes, 9 de enero de 2024

Así arrincaron os sextos este segundo trimestre, unindo o universo do cómic coa diversidade corporal. Hoxe tivemos a primeira sesión, mañá e o mércores seguiremos avanzando neste tema, xa vos iremos contando!