Mostrando entradas con la etiqueta normalización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normalización. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de febrero de 2025

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

 Esta semana mergullámonos de cheo no galego con “Unha Semaniña Enteira”, iniciativa promocionada polos institutos de Redondela.


Entre outras actividades, sacamos os libros en galego da biblioteca para que ocupasen un lugar destacado e animar ao alumnado a levalos para casa; gozamos dunha obra de teatro en galego que nos acercou á figura de Rosalía de Castro; en cada aula, demos vida á nosa lingua: descubrindo receitas, recollendo refráns e ditos populares, explorando o galego na arte, investigando os topónimos da nosa contorna, dándolle un pulo a palabras menos coñecidas,... todo este traballo quedou reflectido no Taboleiro do Galego, un mural cheo de creatividade e orgullo pola nosa lingua.
Ademais debatemos sobre que actividades nos axudan realmente a usar máis o galego no día a día.
Pequenos pasos para sementar un gran amor pola nosa lingua. Seguimos facendo do galego unha lingua viva!
#Unhasemaniñaenteira #Galegosempre #taboleirodogalego #ceipReboreda



martes, 3 de mayo de 2022

EDICIÓNS PROPIAS

No CEIP Reboreda levamos todo o curso traballando sobre os dinosaurios e xa temos na biblio o material feito no cole para levar en préstamo a casa.



domingo, 1 de mayo de 2022

OS MAIOS

 Despois dunha longa pandemia… hoxe celebramos a festa dos maios tod@s xunt@s!! Estabamos desexando que este momento chegara e, ao fin, gozamos del!


Fixemos o maio con flores, fiúncho, laranxas e ovos que as nosas familias aportaron. Ensaiamos as coplas e puxénonos guap@s para celebrar! Aquí deixámosvos un moi breve resumo! Na web do cole compartiremos máis! Grazas a tod@s pola vosa colaboración! 🙏🏽🌼



viernes, 5 de marzo de 2021

CONCURSO DA REBORAIANA

Un ano máis, dende Normalización Lingüística ponse en marcha o Concurso de Redacción Escrita da Reboraina. Xa estamos na Edición 22. Os alumn@s de terceiro o sexta fixeron os carteis e lemas para o concurso e destes escolleuse o cartel e lema gañador. Aquí tedes aos finalistas:  

E, por suposto, o cartel gañador coas bases do concurso:

Agora so falta comezar a escribir!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

MÁXICO INICIO DE CURSO!!

O mércores, dia 7 de novembro, puidemos gozar no noso colexio dun espectáculo fantástico.

En colaboración con  Normalización Lingüística do Concello de Redondela , tivemos a oportunidade de ver o espectáculo "MAXIA vs CIENCIA", a cargo do mago Paco.
É unha mestura de maxia e ciencia que nos encantou.
Para mostra este vídeo.

lunes, 9 de noviembre de 2015

O magosto en acrósticos

Esta semana celebramos o magosto no cole e na biblio...tamén!
Obviamente na biblio non imos comer castañas, entón que imos facer? Retomamos o traballo con acrósticos do curso pasado, pero esta vez con vocabulario relacionado co magosto ou coas castañas.
A actividade comeza mañá martes no recreo. Teredes preparadas siluetas de castañas cunha palabra relacionada co tema coa que hai que facer un acróstico. Así que pensamos, escribimos, coloreamos, recortamos a castaña e lista para colocar no mural. 
Por se non coñecedes o significado dalgunha palabra déixovos con dous enlaces nos que aparecen as palabras que usaremos na actividade e o seu significado. Tamén haberá na biblio unha versión impresa desta información.


miércoles, 23 de mayo de 2012

REVISTA BOLBORETA


domingo, 22 de mayo de 2011

BOLBORETA 2011

A NOSA REVISTA ESCOLAR

ESTUPENDÍSIMA COMA SEMPRE!!


(clicade enriba para vela a pantalla completa)

sábado, 16 de abril de 2011

III FESTA DAS PALABRAS

QUEREMOS COMUNICARVOS QUE A BIBLIOCARAVANA ESTARÁ NO NOSO CENTRO O DÍA 26 DE ABRIL, ENTRE 12.00 E 14.00 H.


SERÁ VISITADA POLO ALUMNADO DE 6º, 5º E 4º DE E.P.




Entidades colaboradoras na


III Semana do libro,A FESTA DAS PALABRAS



· Instituto Camões de Vigo


· Euskararen Donostia Patronatua


(Servizo de promoción do euskera do Concello de Donostia)




  • Dirección de Promoción do Euskara (Goberno Vasco)


  • Secretaría de Política Lingüística (Generalitat de Catalunya)


  • Academia de la Llingua Asturiana


  • Academia de L'Aragonés


  • Protección Civil de Redondela


  • IES Chapela (Ciclo Superior de Educación Infantil).


O noso agradecemento


Axencia de Lectura de Chapela


Biblioteca Pública de Redondela


Servizo de Normalización Lingüística


Concellaría de Normalización Lingüística


Concellaría de Cultura


Concello de Redondela


PROGRAMA


(Imprime o tríptico: Exterior- interior)



Biblio-caravana (centros de ensino de primaria)



Do 11 ao 15,


e do 26 ao 29 de abril de 2011



Horario: de 12 a 14 horas



Biblio-caravana (alamedas)



Días 18, 19 e 20 de abril de 2011



Horario: de 10:30 a 13:30 horas


Lugar: Alameda de Chapela (18) e Alameda de Redondela (19 e 20).




Conferencia



Día 20 de abril de 2011, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.



Carlos Pazos Justo e Roberto Samartim:


Presentación do premio Carballo Calero de investigación 2009




Expositor multilingüe permanente



Do 3 ao 6 de maio de 2011



Horario: de 9 a 14, e de 16 a 21 horas


Lugar: entrada do Multiusos da Xunqueira






A festa das palavras



La fiesta de las palabras



La festa de las paraulas



Hitzen jaia



La folixa de les palabres




Mostra de libros en galego, portugués, castelán, catalán, aranés, éuscaro, asturiano e aragonés.



Abril 2011

sábado, 26 de febrero de 2011

XIII CONCURSO "DA REBORAINA"

XIII CONCURSO DE NARRATIVA "DA REBORAINA"
Sabíades que celebramos o XIII concurso de narrativa "Da Reboraina"?
O número trece ten sona de dar mala sorte, pero... non fagades caso de agoiros e ...
ANIMÁDEVOS A ESCRIBIR E PARTICIPADE!!

viernes, 3 de diciembre de 2010

CALENDARIO PARA O 2011
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino público do Concello de Redondela pon en marcha durante o curso escolar diferentes iniciativas a favor do noso idioma e do ensino público. Entre esas iniciativas destaca a elaboración dun calendario de mesa para o ano 2011. No noso colexio estamos traballando arredor do proxecto "A auga". Por iso, a nosa aportación a ese calendario trata da "Biodiversidade mariña"; a imaxe corresponde a un mural feito polo alumnado de 3º ciclo que ten por título "AS CORES DO MAR". O lema tamén foi elixido entre os redactados polo alumnado de 6º E.P.
Agardamos que vos guste!

"Cando me meto no mar empápome de auga e emoción, pero cando me meto na clase empápome de cousas novas e diversión."

Cada folla do calendario levará por detrás un texto relacionado co tema da imaxe, neste caso o tema será:
A BIODIVERSIDADE MARIÑA
A biodiversidade é importante porque o ser humano necesita a riqueza biolóxica dos ecosistemas xa que vivimos nun grande ecosistema (ecosfera) no que todos os elementos están intimamente relacionados e onde os graves danos nalgunha das súas partes derivan, indefectiblemente, en desequilibrios a escala planetaria. A humanidade necesita vivir nunha biosfera saudable e nun planeta equilibrado.
A biodiversidade mariña é unha das maiores riquezas galegas que, en gran medida, están aínda por descubrir. A gran variedade de fauna mariña, de aves e doutro tipo de especies que habitan estes ecosistemas fan de Galicia unha das zonas máis importantes a protexer para garantir a supervivencia da fauna e flora mariña que, en moitos casos, son especies en grave perigo de desaparecer.
As costas galegas contan con espazos naturais protexidos a distintos niveis; dende o Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas ata a Enseada de San Simón, no noso concello, declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais dentro da Rede Natura 2000. Hai numerosas marismas: con ánades, parrulos, xuncos, ...
Entre a fauna da enseada destacan choco, polbo, lura, sardiña,rapante, faneca, muxo, garaxa real,gaivota, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla, mexillón.
Entre a flora: carballo, castiñeiro, eucalipto, faia, aciñeira, piñeiro, toxo, silva, fento.
Cando baixa a marea pódense ver gran cantidade de algas pardas e verdes.

martes, 23 de noviembre de 2010

MAMÁ CABRA EN CONCERTO

Recordades a "Mamá Cabra"?
e a Gloria Sánchez?
Si, os que cantan a do "pirata metepata", "Timoteo", "señora dona Anica", a "Sereiña", ... e moitas máis. Pois atentos porque este domingo 28 de novembro, ás 18:00 h, no multiusos da Xunqueira de Redondela, Gran concerto de Mamá Cabra para nenos de 3 a 8 anos.


E non queda aquí a cousa porque áo sábado seguinte, 4 de Decembro, teredes a posibilidade de apuntarvos a un obradoiro de música e xogos.
Todo esto dentro do programa BOCABERTA de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coas editoriais, en este caso Galaxia.


Coñecedes o seu novo libriño-CD-DVD recén saidiño do forno??
Pois, ollo!!, que o mesmo hai agasallo sorpresa!!

viernes, 21 de mayo de 2010

RECEITAS DE OUTONO

O NOSO AGRADECEMENTO A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON COAS SÚAS APORTACIÓNS ÁS RECEITAS QUE NUTREN ESTE LIBRIÑO.

MOITAS GRAZAS!

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística

lunes, 17 de mayo de 2010

ORGULLOSOS DO NOSO

sábado, 1 de mayo de 2010

XOGOS ASOCIACIÓN SOCIOPEDAGÓXICA GALEGA

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.
Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.



lunes, 26 de abril de 2010

CONCURSO NARRATIVA: "DA REBORAINA"

CATEGORÍA A:
PREMIO “DA REBORAINA 2010”
IRENE AGUILAR PÉREZ
Título: “UN DÍA MOI LIOSO"
Premio: 150 € e lote de libros

1ºaccésit: Laura Portela Couñago
Título : “Max e Xerónimo” - Premio: Chándal e lote de libros
2º accésit: Ana Carballido Araujo

Título : “O Carballo das Cen Polas” - Premio: Chándal e lote de libros
3º accésit: Andrea Couñago Iglesias

Título : “Os antollos de Ana” - Premio: Reloxo e lote de libros
4º accésit: Ana María Misa
Título : “ Candela” - Premio: Reloxo e lote de libros

CATEGORÍA B:
(participa alumando da E.S.O. de todo o Concello)
1º premio: O xurado deixouno deserto

O premio é de 200 €
2º premio: Aloxi Centeno Escala (2º ESO,do IES Mendiño)
Título: “Bater de ás” - Premio: 150 €

3º premio: Alejandro Alonso Rodríguez (1º ESO do IES Mendiño)
Título: “A invasión dos Zombis” - Premio: 100 €

Os premios entregaranse no festival de fin de curso.
Noraboa a todos os premiados!
Grazas a todos os participantes!


sábado, 6 de marzo de 2010

CONCURSO "DA REBORAINA"

Que mellor forma de comezar a nosa andaina conxunta que animándovos a que escribades!. Como todos estos últimos anos (xa é a décimo segunda edición) comeza o plazo para presentar as túas obriñas ao noso concurso.
  • Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º tedes ata o 26 de Marzo.
  • ESO: O prazo de presentación de obras remata o 6 de abril.
Consultade as bases!!

lunes, 30 de noviembre de 2009

PALABRAS NO AR

Escoita en Radio Redondela o programa:
"PALABRAS NO AR"
Ás 14:10 horas
Dende o luns 30 de Novembro ao Venres 4 de Decembro
no 94.4 e 94.9 da Frecuencia Modulada.


Soarán as voces dos escolares de Redondela que participaron na campaña de animación lingüística da Consellería.
No noso Centro o alumnado de Quinto Curso.

viernes, 20 de noviembre de 2009

OBRADOIRO ORALIDADE

AVISO IMPORTANTE
(sobre todo para os de quinto curso)
Acabamos de recibir correo de Xosé A. Pérez (Kalandraka editora):
"Xa comezamos a colgar as novas dos obradoiros feitos en Redondela no blog de PALABRAS NO AR.
A primeira corresponde a unha actividade de Adiviña Animais feita no Ceip Santo Paio de Abaixo para a que inventamos un divertido xogo que agardamos vos guste.
http://palabrasnoar.wordpress.com/2009/11/20/pequechos-do-mar-de-redondela/
En breve teredes máis novas sobre os obradoiros e sobre algúnha das sesións de contos que ainda non publicamos.
Moitas grazas e non esquecedes enviarvos os vosos comentarios e suxerencias."

miércoles, 18 de noviembre de 2009

AS FESTAS DO ANO: O OUTONO

E con el as castañas.
Aquí vos presentamos o cuaderniño que editamos dende o Equipo de Normalización Lingüística, cos materiais que recollemos o pasado curso ao redor do outono: "Contos, cantos, refráns, adiviñas,... "
O noso agradecemento a todas as familias que colaboraron na súa elaboración!!