miércoles, 20 de junio de 2018

LEDICIA COSTAS EN 5º

A semana pasada tivemos a visita de Ledicia Costas que veunos falar do seu libro "As peripecias de Extravaganzza Perez". Foi unha visita moi interesante e todos quedamos encantados con todo o que nos contou.

PARTE 1

 

PARTE 2

martes, 19 de junio de 2018

SAÍDA AO PEIRAO DE ARCADE

O pasado día 15 de xuño os nenos e as nenas de 1º e 2º curso fomos de excursión ao peirao de Arcade. Foi un día xenial, no que ademais de pasar unha agradable xornada de praia tivemos a ocasión de coñecer a cofradía de pescadores. Alí explicáronnos o traballo que realizan e ensinánronnos pequenas ameixas que cultivan e anguías. 







lunes, 18 de junio de 2018

E CHEGOU O DÍA DO CONGRESO: ACTUALIZADO

 Volvemos a publicar o vídeo despois de subsanar os erros do mesmo xa que os noso compañeiros de 1º A non estaban incluidos nas galería de imaxes e faltaban os baños sonoros. Desculpas a todos!!!
Xa o temos amañado!
Despois de ensaiar, practicar e preparar, por fin, chegou o día do Congreso. Foi un día moi intenso, cheo de emocións, traballo e ilusión.

NORABOA A TOD@S!!! FIXÉSTEDELO XENIAL. 

miércoles, 6 de junio de 2018

Último baño sonoro deste curso

O próximo venres no recreo vaise facer o último baño sonoro deste curso.
Será interpretado por 3ºB e, aínda que xa foi estreado o día do Congreso, para @s que asistades será
UNHA VIAXE SORPRESA!!!
Así que xa sabedes, non volo perdades que é moi chulo.
Soará algo parecido a isto, pero xa sabedes que a experiencia en directo é insustituíble.

lunes, 4 de junio de 2018

Música e animais

Aquí vos queda todo o aprendido este ano sobre a relación entre os ANIMAIS e a MÚSICA.
Se premedes na imaxe abrirase unha xaneliña sorprendente.
O mundo animal é marabillosamente musical!!!

https://prezi.com/view/InIJDADqoZoq58VqXyHF/

viernes, 1 de junio de 2018

E CHEGOU O DÍA DO CONGRESO

Pero, antes, houbo unha chea de preparativos: