sábado, 31 de octubre de 2009

SOLUCIÓN ADIVIÑA 1

ARCO DA VELLARecordade o luns a segunda adiviña

jueves, 29 de octubre de 2009

ASTERIX E OBELIX CUMPLEN 50 ANOS

Feliz aniversario!!
Pasaron xa 50 anos dende que o 29 de Outubro de 1959 saíra por primeira vez unha tira cómica de "Asterix e Obelix" na revista francesa "Pilote".

Cal das aventuras de Asterix e Obelix vos gusta máis??

miércoles, 28 de octubre de 2009

PIMPÉ EN MÉXICO

Pimpé, na súa viaxe, tamén visitou un país de América do Norte: MÉXICO.
Alí fixo unha nova amiga: MIXCÓATL (serpe de nubes en Náhuatl). Cando se coñeceron, ela presentouse:

-ne notoka Mixcóatl (chámome Mixcóatl)
-¿ken tika? (como estás?)
Pimpé aprendeu a responderlle na súa lingua:
-kuali ¿iuan te? (ben, ¿e ti?)
O Náhuatl é unha das numerosas linguas indígenas de México. É falada por case dous millóns de persoas, e a ela debémoslle palabras como: CHOCOLATE, AGUACATE, CACAHUETE (ou cacahuate), CHAPAPOTE (orixinariamente CHAPOPOTE), GUACAMOLE, CANICA, TOMATE, CHICLE, PETACA, etc. etc.
Mixcóatl ensinoulle a Pimpé moitas cousas das tradicións mexicanas. En especial, contoulle todo o relativo ao “DÍA DE MUERTOS”. É unha festa que ocorre cando nós festexamos SAMAÍN. Nela se baila, toca, canta e bebe. Cóntanse lendas de calaveiras, bruxas e aparecidos, e fanse altares adornados con “PAPEL PICADO”. Nestes altares póñense fotos de defuntos e as comidas que lles gustaban cando estaban vivos. Tamén se fan doces con forma de calaveira; e como eles son irreverentes e toman a morte un pouco a broma, teñen personaxes como A CATRINA, que é unha “calaca” (esquelete) da alta sociedade, e que simboliza á propia morte.
Pois ben, Mixcóatl ensinoulle a Pimpé cancións, danzas e lendas do Dia de Mortos e tamén lle regalou un sombreiro de Mariachi e fotos das calacas máis famosas.

lunes, 26 de octubre de 2009

CONCURSO ADIVIÑAS

Recordade que tedes de luns a venres para respostar e só unha resposta por adiviña. Pensadeo ben antes de envíar a vosa.
ADIVIÑA 1
DOU AO CEO RESPLANDORES
CANDO PARA DE CHOVER
ABANICO DE CORES
QUE XAMAIS PODERÁS COLLER.
Adiviña, adiviñando, saberás ti o que é?

sábado, 24 de octubre de 2009


domingo, 18 de octubre de 2009

CLUB DE ESCRITURA

Seguro que recordades que na barra lateral da dereita temos unha sección chamada "Os nosos recunchos", alí temos aloxado o Club de Escritura, que tiñamos un pouco olvidado.
Pois atentos, porque volvemos retomalo. Manuel de 5º B, acaba de deixarnos un conto para que o publiquemos e aínda que non tivo moito tempo para darlle un bo final, seguro que vós lle podedes axudar. Entrade e escribide!
E recordade que cando queirades, estaremos encantados de publicar os vosos maravillosos contos.
Para empezar, está a punto de chegar o Samaín, ou como dirían outros Halloween, ...
Seredes quen de escribir algunha pequena historia de auténtico e terrorífico medo??

jueves, 15 de octubre de 2009

PETROGLIFOS AO LADO DO COLE

A partires do tema da interculturalidade, no terceiro ciclo decidiuse que se iba traballar ao redor da cultura Celta, cultura tamén dos nosos ancestros. E como non antes que nada, indagar sobre posibles restos arqueolóxicos no entorno máis cercano.
Dende a Biblio subíronse libros de historia de Redondela, de Reboreda, dos seus montes, e cal é a sorpresa? ... Máis cerca do que pensabamos, moito, resulta que temos petroglifos.
Hoxe, esta mañá, fomos camiñando ata o lugar. Ata o monte de San Martiño. Polo camiño, contemplamos as fermosas paisaxes que se observan dende o alto, toda a enseada coa illa de San Simón no Centro e ao fondo a ponte de Rande.Fomos falando da flora, da fauna, coñecendo os nomes galegos dalgunhas árbores, arbustos,... e cando xa chegamos ás rochas, que pena!!, o camiño non estaba en moi boas condicións, eucaliptos crecendo por todas partes despois dos incendios, o camiño cortado e selvático, e o lugar, demasiado olvidado e agochado, como se ninguén soubera del.
Sabedes se na zona hai máis restos arqueolóxicos??


miércoles, 14 de octubre de 2009

PIMPÉ NO BRASIL

Logo de despedirse de Kori Sisicha en BOLIVIA, Pimpé colleu un avión e aterrou en Río de Janeiro, BRASIL. Non puido ir por estrada, aínda que son países veciños, porque non é doado atravesar a SELVA AMAZÓNICA a pe.
En Brasil fálanse case 200 linguas diferentes, pero Pimpé tivo tanta sorte que cando Nuno o recibiu, entendeulle case todo.
-Eu me chamo Nuno –díxolle. -¿Cómo vai?
(eu mi shamu Nunu)
Fíxoo con tanto xeito e a ritmo de SAMBA, que Pimpé lle respondeu, tamén a ritmo de samba:

-Tudo bem, tudo bom.
(tudu beim, tudu bom)
Logo decatouse de que o que Nuno falaba era PORTUGUÉS, a lingua oficial de Brasil, que aínda que é un portugués algo diferente do de Portugal, ten unha orixe común co Galego. Nuno contoulle que en Brasil aínda se falaban as linguas indíxenas de antes da conquista de Portugal, mais o Italiano, Alemán, Portuñol (mestura de portugués e castelán que se fala no sur do Brasil)...
Pimpé aprendeu moitas cantigas de roda no Brasil, aprendeu a bailar Baiâo, Samba e Batucada. Aprendeu a tocar CAXIXÍ, CABAÇA, APITO, AGOGÓ, BERIMBAO e o SURDO (con ese).
E o seu amigo agasallouno coa roupa que leva posta, que se chama ABADÁ e que é a empregada para facer CAPOEIRA (arte marcial-danza, levado a Brasil polos escravos africáns). Tamén lle deu un BERIMBAO, instrumento imprescindible para acompañar a capoeira, xunto co ATABAQUE e o PANDEIRO.

jueves, 8 de octubre de 2009

PRIMEIRA VISITA

Hoxe os nenos e nenas de Primeiro curso viñeron por primeira vez á Biblio
(Dende que chegaron a primaria).
Viñeron visitar a Margarida para que lles contara e explicara as normas que hai que seguir, como hai que tratar os libros, como se pode levar un libro en préstamo, os horarios, ... e moitas cousas máis. Ademáis Margarida agasallounos cun álbum de cromos de contos, para que cada vez que veñan coller un libro no recreo, os bibliotecarios lles regalen cromos.
Este primeiro encontro foi todo un acontecemento, un momento moi especial de reencontro, e saber que xa somos maiores e podemos movernos dun xeito distinto pola Biblio, sempre e cando respetemos aos demáis. Tanto que logo, durante o recreo, todos viñeron a curiosear por entre os libros.
Pero, non somentes viñeron os nenos e nenas de primeiro, xa algún mestre aproveitou para vir facer o préstamo, e de paso aproveitar para dar a coñecer algún dos clásicos da literatura galega ("Memorias dun neno labrego").

martes, 6 de octubre de 2009

APERTURA BIBLIOTECA

Hoxe comezamos un novo curso bibliotecario.
Os nenos e nenas de quinto e sexto que son os verdadeiros bibliotecarios, levando o servizo de préstamo, asesorando aos nenos nas súas lecturas, selando os libros, facendo as súas fichas, .... e moito máis, que pasaron todo o mes de setembro preparándose para días como hoxe cumplir cos nosos usuarios.
Uf!! , moita xente. O feito de que chovera seguro que influiu, pero, certo é que todos estabamos desexando que abrira xa. Cada cousa no seu momento, non si??
Animádevos e pasade pola Biblio, seguro que levades unha grata sorpresa!!
Pero, ollo!!, Sempre cumplindo as Normas
Consultade a carta que vos enviou Margarida, para saber tamén que día podedes levar libros en préstamo.
E traede o voso Carné de Lector.

sábado, 3 de octubre de 2009

SEGUIMOS CON MAXIA

"LINGUA MÁXICA"
Este próximo martes 6 de outubro ás 18:00 h. no multiusos da Xunqueira, voltamos ter maxia no Concello de Redondela. Nesta ocasión Chrystian Magic presenta a "Lingua Máxica", un espectáculo de maxia e dinamización lingüística enmarcado no programa BOCABERTA da Consellería.
Segundo nos contan na información que nos chegou, aos cen primeiros van agasallalos cun exemplar do libro "O sorriso de Rosalía".