sábado, 31 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS: VÍDEOS PRESENTADOS

 É chegou o día de Samaín e con el o noso festival.

Estamos non contentos coa vosa participación e encantados pola calidade dos vosos traballos.

Pasamos medo e moita risa.

Grazas a todos por participar. No seguinte enlace tedes as curtas participantes.


 

 

lunes, 26 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis volvemos celebrar o noso festival de curtas de medo. 

Usade o móvil, tablet ou cámara para facer unha pelí de medo en familia. A súa duración máxima será de tres minutos e se entregará aos titores nun pen drive.

O vindeiro día 30 de outubro faremos o visionado das vosas curtas.

Ánimo! Estamos desexando ver as vosas actuacións.



NOVOS LECTORES

A nosa Biblio xa está abierta👏👏👏 e os lectores de primeiro foron os primeiros en visitarno.

 


 

viernes, 23 de octubre de 2020

REABRIMOS

Chega o 24 de outubro e con el a nosa reapertura da biblioteca. Despois de facer unha reforma completa a nosa biblioteca, pintala e reordenala toda para adaptala a nova situación, estamos xa abertos. Comezamos deixándovos o protocolo covid da biblioteca.

jueves, 22 de octubre de 2020

ACTIVIDADES DE REAPERTURA DA BIBLIO: NOVOS LECTORES

 Como ven sendo habitual a reapertura da biblio ven acompañada da entrega de carnets ao novos lectores que comezan primeiro e xa poden usar a biblioteca de xeito autónomo.

  Como este ano é un pouco especial, Margarida fixo unha visita virtual dende as aulas a nosa biblioteca.