lunes, 23 de mayo de 2016

Visita de MANUEL VEIGA TABOADA


O pasado mérceros 18 visitounos Manuel Veiga Taboada, natural de Monforte de Lemos, escritor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía. Autor do libro "Manuel María. Vida, versos e rebeldía" (2016).


Falounos  da súa relación con Manuel María, protagonista deste ano das Letras Galegas. Contounos, entre otras cousas, o importante traballo que fixo Manuel María na súa librería e destacou o amor que este escritor tiña pola lingua galega. Ademais, recitamos algún que outro poema. A verdade é que non faltaron voluntarios!






Manuel, moitas grazas pola túa visita!

XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O pasado mércores tivemos a sorte de ter no noso colexio a Xacobo Fernández Serrano. El é o escritor e ilustrador de Mil cousas poden pasaro libro que estou lendo cos meus compañeiros no colexio.
Xacobo primeiro preguntounos si nos gusta ler e se nos gusta escribir historias..... logo tamén nos comentou cousas sobre os outros libros que escribiu e ademáis díxonos que dentro de pouco vai a publicar un novo libro e ten pinta de que vai a ser moi divertido.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina....  persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.

Encantoume a visita!!!
 Paula Dasilva (5º)

TEATRO RADIOFÓNICO

TODO É UN CONTO

ALUMNOS DE 5º
Unha das actividades organizadas polo Servizo de Normalización Ligüística do concello de Redondela é a realización teatro radifónico cos alumnos dos centros escolares da nosa vila .
Fai xa unhas semanas o actor e guionista Santiago Cortegoso veu o noso cole a explicarnos en que consiste esta modalidade de teatro e a axudarnos a preparar a nosa obra. Estivemos practicando durante varios días e hoxe, por fin, fomos a gravar a Radio Redondela.
Foi unha experiencia única!!!



sábado, 21 de mayo de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º recomendan:

                                            José Luis 1º A
                                                           Yo observo los animales
                                      É moi interesanye porque tén una lupa para
                                             observar aos animais prehistóricos.

                                    Roi 2º A
                                              Mini álbum de los coches.
                                          Tén moitas páxinas con un montón de coches.

                               Lucía 2º B
                                                     ¡ Muchas felicidades Brunilda!
                                                Animádevos a lelo, tén una sorpresa.
                           
                                          Alba 2º A
Camuflaje animal.
É moi interesante e divertido


Ana e Lucía 1º A
                                                 Viajes y transportes de la gente de hoy.
É entretido porque hai que buscar en cada páxina algo diferente.


Hugo 2º A
                                                                Sigilosos y temibles.
                                   Recomendo este libro para saber como se camuflan
                               os animais e tamén saber como son os seus movementos.

                                          Diego 2º B
Os bolechas teñen medo.
Gustoume porque era de risa e tiñan medo da súa sombra.




viernes, 13 de mayo de 2016

VICENT E RITA ENSÍNANNOS A COMER BEN AOS PEQUESREBOREDA

Fai uns días que viñeron a visitarnos Vicent e Rita e déronnos unha gran charla, na que aprendemos cales son os alimentos que debemos comer e algunas normas básicas a ter en conta na hora da alimentación, como por exemplo a limpeza das mans para coidar o noso organismo. Mirade cantas cousas aprendemos!

GRAZAS VICENT E RITA 
 

lunes, 9 de mayo de 2016

LEDICIA COSTAS

Fai unhas semanas visitou o noso cole a escritora Ledicia Costas
Os rapaces de 5º e 6º tiveron a sorte de falar coa autora do libro Escarlatina, a cociñeira defunta, libro co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o ano pasado.
Despois dunha charla amena e agradable, Ledicia firmounos unha morea de libros.

Ledicia, moitas grazas pola túa visita!

domingo, 8 de mayo de 2016

CONTACONTOS

Entre todas as actividades do día do libro, os maiores do colexio contaron contos aos máis pequenos/as. Ollade que ben o pasaron e...QUE BEN O FIXERON!!!

BIBLIOCONCERTO DIA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos no colexio o día da muller. Este mes o concerto foi adicado ás nenas do colexio, AS MÚSICAS DO COLEXIO!!! Parabéns!!