Un dos aspectos máis positivos deste ano foi poder retomar os obradoiros internivel que tan positivos resultaran a primeira vez e que polas medidas contra a COVID non fora posible levar a cabo.
Dous destes obradoiros, no primeiro e no segundo trimestre, estiveron moi relacionados coa biblioteca do centro e coa súa labor na animación á lectura. Nesta publicación falaremos do primeiro deles: Xoga un conto 1 :bosques de outono.Despois de ler, escoitar e rodearnos de historias cheas de outono e bosque, a proposta era moi sinxela, deixando espazo á creatividade. Sobre un fondo de papel continuo extendido no chan debían crear o seu bosque de outono. Para isto, en caixas e cestas dispostas por todo o espazo, o alumnado atopaba todo tipo de materiais, dende elementos da natureza, de refugallo ou de manualidades. Así tamén libros abertos desta temática como fonte de inspiración.
Música de fondo e a disfrutar! 🌰🍁🍂🌳🐿️🌲 #obradoiros #xogaunconto #biblioblogreboreda #librosdeoutono