Irea, Marta, Leila e Marey de 5º B
ofrecéronse para facer unha gravación da adaptación á LSE da
canción da paz deste ano. Aquí tedes o resultado. Moi bo, a pesar
de non termos ensaios previos. Agora xa podedes practicala en LSE!!!
Grazas chicas!
lunes, 27 de enero de 2014
sábado, 25 de enero de 2014
RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
Esta semana que entra imos celebrar o día da PAZ. A nosa amiga Belén Junquera creou este symbaloo cheo de recursos para poder traballar esta data. Aquí volo deixo. Unha vez máis, moitas grazas Belén.

viernes, 24 de enero de 2014
SIGNOS PARA O DÍA DA PAZ
Xa temos aquí a segunda lección
de signos para toda a comunidade educativa do noso cole. Nesta ocasión, Brais e
Marta contaron coa inestimable colaboración dos Cocoricos A. Faltounos un dos
profes (Diego) que estaba no médico cando gravamos pero para a próxima non
faltará.
Os signos a aprender nesta
ocasión están relacionados coa PAZ xa que para a semana conmemoraremos esta
data no noso centro. Os signos son os de: PAZ, AMIGO, AMOR e DIÁLOGO.
Esperamos que vos guste e que os
practiquedes con nós. Ata a próxima.
miércoles, 22 de enero de 2014
CANCIÓN DA PAZ
Xa temos nova alarma no cole, desta volta é un canto á alegría e á paz. O 30 de xuño cantarémola todos xuntos no patio do cole. Ide aprendéndoa!!
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
O día amañece; e con el o noso sol, brillante e colorido; nun sorriso alto, astral.
Ás veces é a chuvia que nos ven despertar; mais sempre todo o día, a alegría vai estar.
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día.
Hai días que desperto e síntome feliz. Eu salto entón da cama, eu quero ser máis feliz.
O día vai pasando, e a alegría vou xuntando;
a noite ven chegando, a alegría está sobrando.

martes, 14 de enero de 2014
OS PEQUES NO MEIRANDE
Este ano estamos a traballar arreo sobre a nosa vila e tivemos a oportunidade de visitar o Meirande. Quen ia pensar que unha vila tan pequena fóra esceario de grandes batallas, tesouros escondidos e ata a inspiración para o libro de Xulio Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino"
Aquí tedes un resumo da nosa visita vista por cada un dos grupos que fomos:
OS COCORICOS A
OS SAPIENS
OS WATERS E OS COCORICOS B
Create a free photo slideshow |
Etiquetas:
ed.infantil,
extraescolar,
Reboreda,
redondela,
San Simón
lunes, 13 de enero de 2014
OS NEN@S DE REBOREDA PIDEN O AGUINALDO
ESTE NADAL, COMO EN ANOS ANTERIORES, OS NEN@S DE INFANTIL DE 4 ANOS, 1º, 3º E 5º PEDIRON O AGUINALDO. OS MÁIS PEQUENOS FORON POLAS AULAS COAS SÚAS CANCIÓNS PERO, OS MAIORES (3º E 5º) ESTE ANO DERON UN PASO MAÍS; CON MOITO ESFORZO DELES, DA PROFE ISABEL (PROFE DE MÚSICA) E DAS TITORAS, CREARON UNHA RONDALLA QUE PERCORREU AS RÚAS DE REBOREDA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS VÍDEOS DAS CANCIÓNS E DA RONDALLA. NORABOA A TOD@S POR ESTE GRAN TRABALLO!
4 ANOS PIDE O AGUINALDO: "A BELÉN VOU EN TREN"
1º PIDE O AGUINALDO: "MARIÑEIRO, MARIÑEIRO"
CONSTRUINDO A RONDALLA
A RONADALLA POLA RÚA
4 ANOS PIDE O AGUINALDO: "A BELÉN VOU EN TREN"
1º PIDE O AGUINALDO: "MARIÑEIRO, MARIÑEIRO"
CONSTRUINDO A RONDALLA
A RONADALLA POLA RÚA
CONCURSO LITERARIO
Comezamos o ano con boas novas, Antía Quinteiro de 6º B gaña o I Concurso literario infantil: "Conta o teu soño" organizado pola asociación Lenda de Redondela. PARABÉNS ANTÍA!
viernes, 3 de enero de 2014
AS MAIMIÑAS ESTRÉANSE EN REDONDELA!!!!
O sábado día 4 de xaneiro ás 18:00 AS MAIMIÑAS presentarán o seu primeiro disco “O SOÑO DE ZALO” no multiusos de Redondela. A entrada son 2€ por adulto e 1€ por neno. Non perdades a oportunidade de ir!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)