sábado, 28 de junio de 2008

NARNIA: PREGUNTA 1

Seredes capaces de dicirnos cal é o motivo de que a orde dos libros de Narnia non coincida ca orde das pelis?. Hai unha razón e realmente de moito peso.
A ver se a averiguades!!!
Sorte!!

viernes, 27 de junio de 2008

LIBROS DE CINE

Seguro que xa todos sabedes que estrean a segunda película de Narnia: "El príncipe Caspian", que se corresponde co cuarto volumen da serie de libros "Las crónicas de Narnia". Os que leron algún dos sete libros seguro que están ansiosos por ver a peli, para os que non, apresuradevos, por que hai moitas cousas que non sabedes de Narnia. Pronto moi pronto, farémosvos algúnhas preguntas. A ver quen as acerta!!!
Mentras, consultade estas páxinas, seguro que atopades cousiñas interesantes:


martes, 24 de junio de 2008

OS MELLORES BIBLIOTECARIOS

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º un ano máis superaron as expectativas da Biblio. Realizaron préstamos, atenderon aos nenos e nenas que como clientes visitaban a Biblio, fichaban e selaban os libros, fixeron de contacontos,... e como auténticos bibliotecarios déronlle vida a este espazo que cada vez é máis deles que nunca.
Grazas a todos e todas!!
E aínda que vós, os de 6º, xa non estades aquí o curso que ven, recordade que segue a ser a vosa Biblio.
Para os de 5º, nos vemos o próximo curso, que contaremos seguro cos que agora estaban en 4º.
Feliz Verán a todos!!!


lunes, 23 de junio de 2008

PREMIOS BIBLIO

Este ano máis. Ademáis dos premios aos mellores lectores, un por aula, premiamos tamén á compañeira que nos aportou o lema para o marcapáxinas de Margarida, e como non, aos gañadores da Olimpiada "Margarida Quere saber", o equipo "Los aguamarinas".
O próximo ano máis!


sábado, 21 de junio de 2008

FIN DE CURSO

Rematado o curso, non queremos que vos olvidedes nin dos libros nin de nós. Xunto coas notas enviamos unhas guías de lecturas. Guías personalizadas por ciclos. A que vedes abaixo é a de Educación Infantil.

martes, 10 de junio de 2008

SESIÓNS CONTACONTOS

Rematando xa o curso tivemos as últimas sesións de contacontos. Pero, como nos despedimos,... porque tanto Sherezade como Sabela fixéronnos rir e disfrutar de marabillosas historias. De seguro que repetiremos.


lunes, 9 de junio de 2008

EXCURSIÓN FIN CURSO

"Hola!, eu son unha alumna de 6º de primaria. Todos os anos a Anpa do cole organiza a excursión de fin de curso e despedida de sexto a Manzaneda.
Este ano tocounos a nós. Fixemos un montón de actividades: carreiras cos cars, fomos á discoteca, tiramos con arco, escalamos no rocódromo, montamos a cabalo,... e tivemos moitas anécdotas: nalgún dos cars ao que non lle funcionaban os frenos e tiñamos que parar chocando con algo, Noelia casi leva por diante a un dos pais que nos acompañaban, aínda rimos un pouco.
Coñecemos moita xente nova e tivemos uns monitores moi simpáticos: Nataly, Sonia, Xoán e Tomás.
Pasámolo en grande!"
María I. O.
Teremos que despedirnos debidamente destos chicos e chicas. O próximo ano xa non estarán con Nós, e foron grandes colaboradores na Biblio.
Botarémolos de menos!!


sábado, 7 de junio de 2008

UN AGASAIO PARA MARGARIDA

Bueno, bueno, bueno! Que alegría cando apareceron os nenos e nenas de 5 anos pola porta!. Tríannos un agasaio. Un libro chulísimo, un dicionario de animais. Fixeron un para cada un, e ademais un para a Biblio. Canto traballo!.
Margarida está contentísima!!!!
En canto poidamos, poñémolo no blog para que o vexades todos.