sábado, 26 de septiembre de 2009

MAXIA EN REDONDELA

Atentos nenos e nenas!!
Durante este fin de semana, Venres 25 (xa chegamos tarde), Sábado 26 e Domingo 27 vades disfrutar dun auténtico espectáculo de maxia. Apuntádesvos?
Onte actuou, Adrián Conde; Para hoxe a partir das 6 da tarde, tedes na praza da Constitución a José Crestini e a Javi Martín; Mañá Domingo no multiusos da Xunqueira a partir das 18:30 (Seis e media), Rey Midas, Javi Martín, Roy Borrallas, Mago Picu, Valeria Varitas e Yuri Cardinale.
Ademáis na Praza de Ribadavia poderes aprender a facer trucos de todo tipo na "Escola de Maxia": 11:30-13:30 e de 18:00-20:00.

Un fantástico encontro internacional de maxia!

Que pena non enterarnos antes!!

miércoles, 23 de septiembre de 2009

MIRANDO AO CEO

Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coa Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo, organizan unha observación pública das estrelas. Será no parque do Piñeiral do Crego, en Chapela, o vindeiro Venres 25 de Setembro, ás 22:00 h.
Seguro que resulta interesante ver e coñecer máis de preto os planetas, constelacións, astros,... en compañía de veciños, amigos e familia.

sábado, 19 de septiembre de 2009

PIMPÉ EN AMÉRICA

A aula de música tamén ten mascota: PIMPÉ.

Pimpé estivo de vacacións por América e o primeiro país que visitou foi Bolivia. Alí recibiuno un neno coya chamado Kori Sisicha (formiguiña de ouro) que foi quen lle ensinou a saudar en quechua, tamén lle ensinou cancións, xogos e agasallouno co poncho e gorro que Pimpé leva neste momento. Pimpé tróuxonos tamén algúns instrumentos...
E vós, xa averiguastes máis datos da cultura Coya, a lingua Quechua e o seu emblema?

Allinllaña (hasta mañana)

lunes, 14 de septiembre de 2009

SAUDÁMONOS EN QUECHUA

SUMAJ JAMUNKI
(Benvido en Quechua)

A lingua QUECHUA é falada por máis de 10 millóns de persoas. Fálase en Bolivia, N.O. de Arxentina, Ecuador, Colombia, Chile, Perú e é cooficial en Bolivia, Perú, Ecuador e Colombia.

Aproveitando que vamos coñecer e traballar moitas das culturas deste o noso planeta Terra, vamos aproveitar para coñecer como se saúdan en algunhas delas. Esta semana vamos saudarnos en Quechua:

Sutikuni ... ----(Chámome ...)

Allillanchu ---- (Entón ben?)-Saúdo

Allillanmi ---- (Entón ben)-Resposta

É a lingua dos COYAS. E esta é a súa bandeira.

Seredes quen de averiguar algo máis da lingua Quechua, os Coyas e esta curiosa bandeira?

viernes, 11 de septiembre de 2009

INTERCULTURALIDADE

SI
Este curso escolar vamos traballar ao redor das distintas culturas que conviven no noso planeta. As súas costumes, crenzas, valores, tradicións, historia,...
Pero, necesitamos un nome para este Proxecto,...
Ocórreseche algún nome?
Escríbenos e aporta as túas ideas

lunes, 7 de septiembre de 2009

7, 8, 9, 10 ... COMEZAMOS

Listos para comezar?
O día 10 aquí todos e todas. Que non se despiste ningún!!

Seguro que recordades que o pasado curso tivemos como tema "A Ciencia". Seredes quen de averiguar sobre que tema vamos traballar este curso 2009-2010?

martes, 1 de septiembre de 2009

COMEZO CURSO 2008-2009

Benvidos outra vez a todos e todas!
Comezamos un novo curso, con ansias renovadas, novas ilusións e moitas ideas no peto. Seguro que nestos primeiros días teremos moito que contarnos.


Pero comezando o curso, comezan tamén os papeleos, os proxectos, as programacións, as axudas, as convocatorias,... Tedes na barra lateral unha sección chamada "Curso 2009-2010", onde poderedes topar enlaces a distintas informacións: Libros texto, proxectos, calendario escolar, ...
Un Saúdo!

SOLUCIÓN HARRY POTTER 4

"... , la tradición de la familia Black establece que la casa se transmita por línea directa al siguiente varón apellidado Black. Sirius era el último; su hermano menor, Regulus, falleció antes que él, y ninguno de los dos tuvo hijos. Aunque el testamento deja muy claro que tu padrino quería que te quedaras con la casa, cabe la posibilidad de que haya en ella algún hechizo o sortilegio para asegurar que sólo pueda poseerla un sangre limpia."- Explícalle Dumbledore a Harry.
Se a casa pertence realmente a Harry tamén herda ao elfo doméstico Kreacher. E todo elfo doméstico debe obedecer ao seu amo.
"-Dale una orden-propuso Dumbledore-. Si te pertenece, tendrá que obedecerte. Si no, habrá que pensar en otra manera de mantenerlo alejado de su legítima propietaria."