viernes, 17 de diciembre de 2010

PIMPÉ NO RAINBOW WARRIOR

¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.
A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.

Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.

¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie? Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.

¿Sabedes por onde pasei?

Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda… Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.

18 comentarios:

2ºB dijo...

Ola Pimpé, botámoste moito de menos,, esperamos que teñas unhas viaxes moi boas e un feliz 2011. Esperamos que veñas pronto. Adeus

4ºA dijo...

Pensamos que o porto é preto de Ribeira. Cóidate moito, pásao ben e volve pronto que te botamos moito de menos. Mándanos fotos de peixes e recordos dos sitios por onde pases. Moitos bicos.

4ºA dijo...

Pensamos que o porto é preto de Ribeira. Cóidate moito, pásao ben e volve pronto que te botamos moito de menos. Mándanos fotos de peixes e recordos dos sitios polos que pasas. Moitos bicos.

ANA E CARLA dijo...

hola Pimpé,xa viches unha moza axeitada para ti eee !!!
ves ao final tiñamos razón JEJEJE...

ines 6ºB dijo...

hola pimpe ¿Podoche facer unha pregunta?:¿ti estas en camariñas?

ines 6ºB dijo...

hola pimpe ¿Podoche facer unha pregunta?:¿ti estas en camariñas?

3º B dijo...

Pimpé, queremos que volvas pronto para poder darche un abrazo. E por certo, feliz ano novo. ¿Cantos regalos che trouxeron os reis?. Feliz viaxe.

1ºA dijo...

Estamos contentos de que comuniques con nós. Pásao ben mentres non volvas. ¿Comiches moitas uvas? Que saibas que te botamos moito de menos. Moitos bicos de todo 1ºA.

Carmen y Gabriel 5A dijo...

Bos dias.Estamos contentos de que comuniques con nos cada vez que chegues a terra.Pensamos que estas en Camariñas porque ai unha canción que dice cousas que nos contaches ti.Esperamos que volvas pronto.Ata a vista.

yago y lucia dijo...

hola creo que Pimpé esta en Camariñas soame a imaxe

César e Adrián.5toA dijo...

Hola Pimpé votamoste moito de menos
esperamos que volvas pronto.
Moitos bicos

albas 5ª dijo...

HOLA PIMPE VOTAMOSTE MOITO DE MENOS E QUEREMOS QUE VOLVAS.
¿ESTAS EN CAMARIÑAS?

6ºB dijo...

Ola Pimpé, xa sabemos que estás en Camariñas,¿non?.Xa lle dimos recordos de ti a Pancho e á Bruxa. Gústanos como che queda o traxe novo.Fai todo o posible para salvalos (os atúns). Un saúdo de 6ºB, a Bruxa e Pancho.

1ºB dijo...

¿Ti pescaches algún peixe no mar? Esperamos que podas ir a sitios e cruzar mares sen que che pase nada e que teñas sorte. Que o pases ben e que volvas pronto pero mira moitas cousas para contarnos logo. A bruxa e Pancho bótante de menos.
Bicos de 1ºB

2º A dijo...

Ola Pimpé, botámoste de menos. Mándanos moitas fotos ou postais dos sitios nos que esteas, chaveiros. Esperamos que o pases moi divertido. Pancho e a bruxa xa marcharon ata o curso que ven. un millón de bicos de 2º A.

3º A dijo...

Ola, Pimpé. Aprende moitas cousas dos sitios por onde pases, para ensinarnos logo a nós. ¿que tal estás alí no medio do mar? Feliz ano novo 2011. Volve cando poidas. Querémoste. Moitos bicos de 3ºA.

Vincis dijo...

Ola Pimpé. Volve pronto que te esperamos para xogar. Que o pases ben. Botámoste de menos. Feliz 2011.Queremos saber que che trouxeron os reis alí. Non te esquezas de despedirte dos teus amigos do barco. Bicos dos Vincis.

5ºB dijo...

Ola Pimpé,¿como che vai, viches moitas paisaxes? os nenos de 5ºB desexámosche un feliz ano e esperamos que poidas chegar antes de fin de curso, para ensinarnos as cousas que aprendiches na túa viaxe. ¿É guapa a rapaza que viches? Tráea, e se queres casar, a boda farémola no cole. Moitos bicos.