jueves, 22 de diciembre de 2022

Recomendacións lectoras polo Nadal


Como cada ano , dende a biblioteca do centro, enviamos as familias as nosas recomendacións lectoras para todas as idades.
 

Clicade sobre a imaxe para descubrilas!!!



miércoles, 21 de diciembre de 2022

Viaxe a Lúa

 Como proxecto de fin de trimestre o alumnado de cada clase elaborou a súa particular versión do Viaxe a Lúa de George Méliès. Dende a biblioteca do cole, libros como Méliés ou A invención de Hugo axudaron a coñecer un pouco máis a súa figura.


viernes, 2 de diciembre de 2022

Recreos na biblio

 Este curso retomamos os obradoiros dos recreos na biblioteca. Nestes obradoiros levamos a cabo actividades de animación á lectura,  fixemos manualidades relacionadas co proxecto , creación de murais colaborativos...














martes, 29 de noviembre de 2022

Obradoiros internivel

 Un dos aspectos máis positivos deste ano foi poder retomar os obradoiros internivel que tan positivos resultaran a primeira vez e que polas medidas contra a COVID non fora posible levar a cabo.

Dous destes obradoiros, no primeiro e no segundo trimestre, estiveron moi relacionados coa biblioteca do centro e coa súa labor na animación á lectura. Nesta publicación falaremos do primeiro deles: Xoga un conto 1 :bosques de outono.
Despois de ler, escoitar e rodearnos de historias cheas de outono e bosque, a proposta era moi sinxela, deixando espazo á creatividade. Sobre un fondo de papel continuo extendido no chan debían crear o seu bosque de outono. Para isto, en caixas e cestas dispostas por todo o espazo, o alumnado atopaba todo tipo de materiais, dende elementos da natureza, de refugallo ou de manualidades. Así tamén libros abertos desta temática como fonte de inspiración.
Música de fondo e a disfrutar! 🌰🍁🍂🌳🐿️🌲 #obradoiros #xogaunconto #biblioblogreboreda #librosdeoutono





viernes, 25 de noviembre de 2022

25N : Nin príncipes azuis nin belas dormentes.

 Baixo o lema Nin príncipes azuis nin belas dormentes, este ano relacionamos a conmemoración do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. co proxecto do cine e traballamos estereotipos de xénero en personaxes femininas de películas.


Cada aula escolleu unha personaxe e comparamos como é na película e aqueles aspectos que pensamos que podería cambiar para ser máis feliz e para ser ela mesma. Personaxes fantásticas que transportamos realidade para decirlles que non perdan nunca a súa voz, que se vistan como queiran, que fagan o que lles guste, que non as obliguen, que non as manipulen e, sobre todo, que ningunha perda a súa esencia.
Clicade sobre a imaxe para ver máis.



sábado, 29 de octubre de 2022

Samaín

 Polo Samaín , como xa é tradición e este curso con máis motivo todavía, celebramos o IV Festival de Curtas de medo en colaboración coas familias. Unha vez reunidas todas as curtas fixemos un visionado no salón de actos. Pasámolo de medo!!!

Dende a biblioteca do centro fixemos unha selección de libros coa temática desta celebración que tanto nos gusta.





miércoles, 26 de octubre de 2022

O precine

 Durante as primeiras semanas investigamos os inventos previos á aparición do cine. Exploramos cos efectos ópticos e as posibilidades da luz.













martes, 20 de septiembre de 2022

Reboreda 3,2,1....acción!!!

 Neste curso que está a piques de rematar o medio de difusión máis utilizado foi o instagram do nosos cole baixo o hashtag #biblioblogreboreda. Aínda así queremos deixar no blog da nosa biblioteca constancia de todo o acontecido neste ano tan fermoso adicado o maravilloso mundo do cinema. Comezamos o repaso por un curso de cine!!!




jueves, 19 de mayo de 2022

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Dentro da semana cultural das #letrasgalegas , gozamos dun festival organizado pola profe Isa (música) e Mercedes (educación física). Nel actuamos tod@s facendos xogos, bailes e danzas tradicionais, tocando, cantando e vivindo a nosa música e a nosa cultura.


Grazas a todo o alumnado pola súa implicación e ás mestras que traballaron arreo!!!!

@ceip_reboreda #letrasgalegas #actuación #bailes #onosocolemola



lunes, 16 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Arrancamos a Semana das Letras e que mellor que facelo cun manifesto, izando as bandeiras e tocando e cantando o himno galego.

#florenciodelgadogurriarán #letrasgalegas2022 #himnogalego #equipodedinamizacióndalinguagalega



 

viernes, 13 de mayo de 2022

GALICIENCIA 2022

Visitamos Galiciencia. Consumo responsable, reciclaxe, reutilización, conciencia social... Un día cheo de experiencias, ideas, ciencia, preguntas...
Como nos gusta Galiciencia.


 

NAVEGA CON RUMBO

 Hoxe os años de quinto e sexto tivemos unha charla sobre a importancia de facer un Bo uso da rede dentro do programa Navega con Rumbo.
Unha charla moi interesante na que aprendemos moito sobre as vantaxes e inconvintes de internet.


 

 

miércoles, 11 de mayo de 2022

DIXINNOVA E SUPERRETO DIGICRAFT

 I congreso de innovación educativa e dixital e final do superreto.
Diazo Cheo de experiencias fantásticas.
Non gañamos o premio pero desfrutamos da experiencia.#quintoreboreda, #digicraft, #dixinnova2022


 

viernes, 6 de mayo de 2022

DÍA DA ÁRBORE 2022

 Despois de dous anos retomamos está celebración e como era unha ocasión moi especial quixemos darlle un novo aire ao día.
Saimos andando dende o cole ata o Carballo das Cen polas e ali, da man de Alecrín exploramos a contorna, aprendemos e ata fixemos un orienta rastrexo.
Un día fantástico desfrutando na natureza e desexando xa volver facer outra así.

#voznatura, #diadaarbore22, #eac


 

 

martes, 3 de mayo de 2022

EDICIÓNS PROPIAS

No CEIP Reboreda levamos todo o curso traballando sobre os dinosaurios e xa temos na biblio o material feito no cole para levar en préstamo a casa.



lunes, 2 de mayo de 2022

SUPERRETO DIGICRAFT

Hoxe enviamos os nosos proxectos ao superreto digicraft, maquetas interactivas sobre o medioambiente.

Quedaron xenial. Noraboa a todos os alumn@s de quinto por este traballo.



domingo, 1 de mayo de 2022

OS MAIOS

 Despois dunha longa pandemia… hoxe celebramos a festa dos maios tod@s xunt@s!! Estabamos desexando que este momento chegara e, ao fin, gozamos del!


Fixemos o maio con flores, fiúncho, laranxas e ovos que as nosas familias aportaron. Ensaiamos as coplas e puxénonos guap@s para celebrar! Aquí deixámosvos un moi breve resumo! Na web do cole compartiremos máis! Grazas a tod@s pola vosa colaboración! 🙏🏽🌼



viernes, 29 de abril de 2022

YO VOY CONMIGO

Seguindo o libro de "Yo voy conmigo" de @rdiazreguera, estivemos reflexionando sobre como somos, cales son eses pequenos, e non tan pequenos, detalliños que nos fan unicas e unicos. Despois de ler o conto, debuxámonos facendo especial fincapé nas nosas ás e nuns "monigotes" que levabamos pegados nas costas, fómoslle escribindo a todas e todos que admiramos de cada un.
Decidimos non esquecer nunca que non debemos deixar de ser o que somos por gustarlle a ninguén!


 

lunes, 25 de abril de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA CO LIBRO MAMÁ NATURALEZA

 E cando toca commemorar, sempre hai un bo libro do que botar man.



sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 22

 Un ano máis celebramos o Día do Libro no noso cole e este ano, contando coa colaboración das familias, cada alumno/a reproduciu a portada do seu libro favorita e descubrimos que temos uns auténticos artistas.

 


 


viernes, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 22: CONTACONTOS CON OLGA CUERVO

 Que mellor maneira de celebrar o #díadolibro que con unha contacontos🥰 e máis se é da man de @olgaenlanube ❤️😊 Quedamos encantados, sorprendidos e asombrados con esta historia sobre o mar. Ao chegar a clase seguimos pensando nela e debuxamos como nos imaxinamos á protagonista♥️Non podemos contar máis porque é un segredo🤫

Queremos agradecer a Olga a súa cercanía, alegría e entusiasmo e tamén a nosa ANPA Bolboreta por organizar a actividade! Foi todo xenial🙏🏽🙏🏽🙏🏽 Grazas




lunes, 11 de abril de 2022

viernes, 8 de abril de 2022

A ÁRBORE DE PRIMAVERA-ARTELIXO 2022

Os peques do cole participaron este ano no ARTELIXO de Redondela, fixemos unha árbore moi primaveral feita con materiais con refugallo, como: cartóns, papeis de empapelar, botóns, paus, cartóns de ovos e de papel hixiénico, pinzas da roupa, ....

jueves, 7 de abril de 2022

CONTO : A XOANIÑA ROSMONA

Os pequesaurios coa chegada da primavera estiveron traballando co conto: "A xoaniña rosmona", fixeron uns banderíns moi chulos que lucen no teito da súa aula.

sábado, 2 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Dende a biblioteca do CEIP DE REBOREDA queremos aproveitar este día para agradecer a tod@s os escritor@s, ilustrador@s, editor@s, libreir@s... que fan posible que a nosa biblioteca estea chea cada día de libros marabillosos. Autores de álbums ilustrados, cómics, novelas xuvenís... que acompañan ao noso alumnado cada día mostrándolles non so mundos de fantasía ou fiestras á imaxinación... se non tamén á diversidade dun mundo en permanente cambio. Estamos convencidas de que a través da lectura convertiránse en cidadáns máis xustos e tolerantes.



ARTE LIXO

 O alumnado de educación infantil participa este ano no certame da vila "Artelixo" que este ano ten a temática "Os nosos montes".

O nome da obra é  "Árbore Viva" e está exposta nun dos comercios de Redondela.

Noraboa artistas!



lunes, 14 de marzo de 2022

CONCURSO DA REBORAINA

 Xa está aquí unha nova edición do concurso narrativo da Reboraina, e con esta xa son XXIII!

Noraboa a Alba e Andrea que foron as gañadoras do debuxo e lema respectivamente para poder elaborar o cartel promocional.



martes, 8 de marzo de 2022

AS DINOCIENTÍFICAS

 Dentro do PDI do centro adicado ao mundo xurásico, non podiamos deixar de celebrar o 8 de marzo, achegándonos ás mulleres melloran os coñecementos que temos sobre os dinosauros.

Cada aula pegou nun mural a súa aportación.

Tedes un resumo no seguinte vídeo.



A AULA TAMÉN CONTA: 8 DE MARZO

 Todos gardamos nos petos os tesouros máis valiosos que atopamos.

As baleas celebraron o 8 de marzo contando este conto tan especial e gardando nos petos ás mulleres da nosa vida como tesouros.




viernes, 4 de marzo de 2022

VISITA DE AUTORES: ENRIQUE MAURICIO E CARLOS TABOADA

 O alumnado de primeiro e segundo recibiu a visita de Enrique Mauricio e Carlos Taboada e o seu marabilloso proxecto "Polo correo do vento". A través do cuarto libro da súa colección Mulleres Galega titulado "Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernertina Otero" aprendemos moitísimo dunha muller tan relevante na nosa vila.

Coñecemos algúns dos aspectos máis importantes da súa traxectoria vital e profesional e como a súa loita e prácticas innovadoras "conseguiron sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade".

Ademais, guiados por Carlos, debuxamos a nosa propia caricatura de Ernestina Otero.

Para rematar agasalláronnos cun exemplar do libro para cada un de nos.

Moitísimas grazas a Correo do  Vento e ao Equipo de  Dinamización Lingüística.



miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA: PECHADOS NA BIBLIOTECA!!!

 Este ano o equipo de Dinamización da Lingua e o equipo da Biblio unimos as nosas ideas para preparar un día de Rosalía moi especial. Preparamos dúas Scape Room na biblio para coñecer máis e mellor a Rosalía e usamos os libros do fondo sobre Rosalía para poder contestar as preguntas e escapar.

Foi moi divertido, pasámolo xenial e aprendemos un montón.

Aquí tedes o Scape Room de infantil e primeiro ciclo:


E este é o de primaria:


E unhas fotiños para ilustrar: