lunes, 27 de noviembre de 2023

25 NOVEMBRO

Este ano, quinto e terceiro unímonos para facer o mural do 25 N que vimos nas contas de @diveraprender e @maestrayolanda e que nos encantou.

Todo o cole, dentro do PDI xogamos no patio con material diverso e comprobamos que o fútbol segue sendo cousa de rapaces así que aproveitamos para falar de como usamos o espazo rapaces e rapazas, como e a que xogamos e que podemos facer para cambiar as cousas. E o xogo levounos a falar da selección femenina e do que aconteceu co mundial.
Cando vimos este mural pareceunos que encaixaba perfectamente coa nosa temática e aquí esta a nosa versión.



martes, 21 de noviembre de 2023

OBRADOIROS NOS RECREOS

Hoxe comeza a nosa ludoteca para os días de chuvia xestionada polos nosos bibliotecarios.

Mentres na Biblio hoxe tocou xadrez e, por suposto, lectura.



viernes, 17 de noviembre de 2023

MAGOSTO

Hoxe, por fin, o tempo permitiunos festexar o tan esperado Magosto. Comimos castañas sentados xuntos, xogamos, cantamos, pintamos as cariñas coas cinzas e disfrutamos da calor do sol. Foi un día moi fermoso do que compartimos por aquí un anaquiño. 🌰🌰🌰




viernes, 10 de noviembre de 2023

AMPLIANDO ESPAZO

A Biblio quèdase pequena así que estamos aproveitando o corredor para ampliar espazo.

Fantástico traballo hoxe das/os bibliotecarias/os que se encargaron de todo.




miércoles, 8 de noviembre de 2023

XADREZ NA BIBLIO

A nosa biblio xa está aberta e seguindo a estela do PDI, os recreos veñen con novidades.

Os mércores teremos cursos de xadrez con alumnos que nos ensinaran a xogar ou mellorando a nosa técnica coas tablets.
Hoxe foi a primeira xornada e o èxito foi absoluto.



jueves, 2 de noviembre de 2023

ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

 Onte vivimos unha celebración diferente da víspera do Día de Todos os Santos. Seguindo as fermosas tradicións de lembranza e celebración da cultura mexicana, fixemos entre todos un altar alegre e cheo de cor . Para iso organizamos uns obradoiros nos que o alumnado podía facer papel picado, flores de papel, máscaras, grilandas, marionetas, portacandeas,unha alfombra de sal...Unha vez rematados enchemos o altar coas súas creación e sentamos ao redor para escoitar xuntos

" Recuérdame" . Un día para lembrar e festexar.