lunes, 24 de febrero de 2014
O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 24 de febreiro de 2014, a Asociación de Escritores en Lingua Galega convidounos a toda a sociedade galega, e especialmente á comunidade escolar, a unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro, co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Ao igual que o curso pasado, neste día, o CEIP Santo Paio uniuse a esta iniciativa e, ademáis de pintar un verso e una imaxe de Rosalía no patio, fixemos un mural colectivo do que próximamente poderedes ver o resultado.
Etiquetas:
artes,
biblio,
bibliografía,
biblioteca,
dinamización,
letras,
poemas,
Rosaía de Castro,
Rosalía
RECURSOS PARA O ENTROIDO
Dende o equipo de infantil queremos compartir con todos vos este symbaloo cheo de recursos para traballar o entroido. Podedes atopar xogos, actividades e moito máis.
BO ENTROIDO PARA TODOS!!
https://www.symbaloo.com/mix/recursosentroido?searched=true
ESCOLLEMOS O CARTEL E LEMA PARA A REBORAINA 2014
viernes, 21 de febrero de 2014
domingo, 16 de febrero de 2014
BALONCESTO EN SILLA DE RODAS
Este pasado luns 10 de febreiro visitounos o Club de Baloncesto en silla de rodas AMFIV de Vigo. Catro dos seus xogadores: Agustín, Filipe, Txema e Nick, traballaron con nós, en equipos, distintas formas de desplazarse polo campo e tirar a canasta e incluso tivemos a oportunidade de xogar algún partido. Foi moi divertido, aínda que tamén bastante difícil moverse nas sillas. Ao día seguinte todo eran maniotas!.
Se queredes coñecer máis (plantilla, historia, clasificacións, curiosidades,...) sobre este club de Baloncesto visitade a súa páxina:
Etiquetas:
amfiv,
anpa,
baloncesto,
educación física,
sillas de rodas
miércoles, 12 de febrero de 2014
viernes, 7 de febrero de 2014
jueves, 6 de febrero de 2014
A LENDA DE XAN CARALLAS
Sabedes quen era Xan Carallas? Os Cocoricos vanvos contar algunhas cousiñas del para que o coñezades mellor. Hai moitas versións sobre a historia e vida do fundador de Redondela pero a nos a que máis nos gustou foi esta.
Hai unha imaxe moi característica de Xan Carallas que se lle atribúe a Castelao, seguro que a tedes visto por algures:
Pois a partir desta imaxe, os Cocoricos fixeron a súas propias creacións. Mirade que chulos lles quedaron:
Customize your own scrapbook design |
Etiquetas:
ed.infantil,
redondela,
tradicións
domingo, 2 de febrero de 2014
PAZ CON MOITA HISTORIA
En clase de Coñecemento do medio estivemos traballando a historia contemporánea, a primeira e a segunda guerra mundial,... e coñecimos de cerca a historia dunha nena xudía chamada Ana Frank. Aproveitando que se acercaba o día da PAZ decidimos escoller un dos textos do libro para que dous dos nosos compañeiros deran a coñecer parte da súa terrible historia.
Ademáis e aproveitando a temática da segunda guerra mundial vimos unha película chamada "La guerra de los botones", baseada no libro do mesmo título escrito por Louis Pergaud no 1912, e ambientada no ano 1942 nun pequeno pobo na Francia da invasión nazi. É a historia dun grupo de nenos, as súas vivencias, liortas, rivalidades, amores,...
Foi moi divertida! Gustounos moito!
Etiquetas:
ana frank,
audio,
cine,
dia da paz,
historia,
terceiro ciclo,
vídeo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)