viernes, 26 de febrero de 2021

COIDADO COA CHARCA: LER CON D

Nova sesión de contos. Hoxe é a quenda de Xulia e Ana que nos contan unha historia moi divertida.

miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis celebramos o día de Rosalía no noso cole. Desta volta, cada aula fixo un vídeo en homenaxe a nosa escritora e quedaron moi lucidos. Aquí os tedes. 4º EDUCACIÓN INFANTIL 5º ED. INFANTIL 6º ED. INFANTIL 1º E 2º PRIMARIA 3º PRIMARIA 4º PRIMARIA 5º A PRIMARIA 5º B PRIMARIA 6º PRIMARIA

martes, 23 de febrero de 2021

ASÍ DESFRUTAN DOS CONTOS OS NENOS DE INFANTIL

 Dentro do programa Ler con D, os nosos bibliotecarios están facendo sesións de contacontos para infantil. Dadas as circunstancias sanitarias actuais están sesión son en vídeo para evitar o contacto entre alumnos de distintas aulas.

Inda así o programa está tendo un gran acollida.


martes, 9 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: ORDES DO MECO 3

 O mércores máis, non te despistes!!!



lunes, 8 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: ORDES DO MECO 2

E para o martes...


 

domingo, 7 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO. ORDES DO MECO

É tempo de festa. 

Estade atentos ao que manda o MECO. 


 

viernes, 5 de febrero de 2021

LER CON D: FELIPE TIENE GRIPE

 Nova sesión de contos da man dos nosos bibliotecarios.

Desta volta Carme e Paula contan aos máis pequenos a historia do elefante Felipe, enfermo con gripe, pero que se nega a tomar as mediciñas que lle da a súa avoa.

Qué pasará con esta situación? Curase Felipe ou será a súa perdición?

Se queredes sabelo, non vos perdades esta historia.

 


miércoles, 3 de febrero de 2021

MANGA: MONTAMOS O EXPOSITOR

 Seguimos dando pasos coa nosa nova sección.

Hoxe colocamos os debuxos que nos cederon os compañeiros de sexto e colocamos os primeiros libros no andel.

Premede na imaxe para ver que vai quedando.



martes, 2 de febrero de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA CANDELARIA

 É dous de febreiro e hoxe é o Día do Amor das nosas aves. Nos paxaros non somos pero coma este ano estamos traballando arreo sobre o medioambiente e o cambio climático quixemos declararlle o noso amor ao medio natural.



lunes, 1 de febrero de 2021

MANGA: PRIMEIROS PASOS

Este trimestre, entre as actividades previstas, temos programado crear unha sección Manga na nosa biblio a petición do noso alumnado. 
Para isto estamos documentádonos. Isto do manga é moi interesante e estamos gustando unha chea. Os alumn@s de sexto están tan emocionados que comezaron a debuxar personaxes manga e tamén debuxos seguindo o xénero kawai. 
Preme na imaxe para ver a publicación no instagram do cole.