sábado, 22 de diciembre de 2007

GUÍA LECTURAS

Aproveitando que chegan os reis queriamos recordarvos que tamén se pode regalar un libro.

Na guía de lecturas que enviamos para casa tedes varios títulos para poder elixir segundo a idade, incluso para os papás e as mamás.

BO NADAL!!!!

e

BOAS LECTURAS!!!!

jueves, 20 de diciembre de 2007

BO NADAL!!!!

Rematamos o trimestre, e como todos os anos, para felicitarnos o Nadal o equipo de dinamización lingüística organiza no centro un concurso de postais. Este ano tocáballe ao primeiro ciclo de primaria e os nenos e nenas de 1º e 2º cursos fixeron unhas postais extraordinarias, pero unha tiña que ser a seleccionada.
Con esta postal desexámosvos a todos un...
BO NADAL
e un
PRÓSPERO ANINOVO!!!


viernes, 23 de noviembre de 2007

MANUEL UHÍA

O mércores 21 de Novembro tivemos unha charla co autor e ilustrador Manuel Uhía. Estas foron algunhas das nosas impresións despois do acontecemento:

-Gústame como debuxa.
-Foi moi entretido.
-Moi divertido, Fíxonos participar a todos.
-Debuxa dunha maneira fácil.
-Deume ideas de debuxo. Saín a debuxar o lume e gustoume moito.
-Gustáronme as técnicas de debuxo que nos amosou.
-Debuxa moi ben e gustáronme moito os seus libros.
-Aportounos moitas ideas para comezar a debuxar.



lunes, 19 de noviembre de 2007

OS CONTOS NA EDUCACIÓN INFANTIL

Cada venres os nenos de Educación Infantil visitan a Biblioteca, alí, ademáis de facer sesión de contacontos, collen un libro para levar para casa e aproveitar para compartilo coa familia.

Á volta, o luns traballan sobre os contos lidos nese fin de semana cos materiais da campaña de fomento á lectura "Hora de ler".


Mirade algúns dos resultados:


miércoles, 31 de octubre de 2007

QUE MEDO!!!!

Festa do Samaín, noite de difuntos, cabazas arrepiantes, ... comezo do ano novo Celta:



  • Os máis pequenos, os de educación infantil, foron polas aulas a asustar aos maiores, estos a cambio, asustáronse moito, leron, contaron e cantaron contos de medo. Auuuuuuhhh!!!!!!!!!


  • Margarida disfrazouse de fantasma, igual que os máis peques, e cos maiores no recreo fixeron unha sesión de contos terroríficos.

miércoles, 24 de octubre de 2007

24 de Outubro día internacional das Bibliotecas Escolares

Con motivo deste día tan especial temos previstos nestos días algunhas actividades:


  • Lecturas de contos por alumnado de 6º curso a nenos e nenas de educación infantil e primeiro ciclo.


  • A presenza dun ilustrador na biblioteca.


  • A representación dun teatro negro.



  • A entrega dun marcapáxinas a cada neno e nena do centro, cun motivo de margarida, a nosa mascota, e o lema escollido de entre todos os presentados : "Coa lectura vives mil aventuras", de Iara García de 5ºA.

miércoles, 17 de octubre de 2007

CAIXAS VIAXEIRAS

A falta de maletas, boas son as caixas, e máis se quedan tan chulas como as que vos fixestes para que Margarida volas enchera de libros. Esperamos que os leades todos!!!


viernes, 5 de octubre de 2007

ABRIMOS AS NOSAS PORTAS

O próximo luns día 8 de Outubro, abrimos por fin as portas da Biblioteca en horario de recreo. Despois de moitos cambios na estructura, mobiliario e distribución dos espazos, xa estamos listos para que pasedes a coller libros en préstamo.
Sabedes que día podedes levar libros?
Mirade o correo de Margarida. Dentro do sobre vai tamén o horario da Biblio.
Esperámosvos!!!!!

sábado, 29 de septiembre de 2007

BUSCANDO UN LEMA

Si, andamos na procura dun lema, dun slogan, dunha frase, ... que amose o moito que nos gusta a lectura, os libros, ... e o que para nos significan.
Non olvides entregar o teu!

lunes, 10 de septiembre de 2007

POR FIN EMPEZAMOS!!!

Benvid@s!, comezamos este curso cheos de ilusión e con forzas renovadas para afrontar novos retos. Dende aquí queremos invitarvos a todos vós, nenos e nenas, e tamén a vós, familias, a que participedes neste foro arredor do mundo da lectura.
Preparádevos, porque haberá unha chea de novas, sorpresas,...
Ollo!!! Estade atentos. Axiña saberedes de nós.