Usádea con cabeza!!!
E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.
Blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do Ceip Sto. Paio de Abaixo, en Reboreda, Redondela (Galicia)
Fonte: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/907"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?"
Comezamos unha nova andaina conxunta os Departamentos de Normalización e Biblioteca do Ceip Santo Paio de Abaixo (Reboreda-Redondela).Dende este blog tentaremos estar en contacto con todos vós, informando das iniciativas que vaian xurdindo, convocatorias, proxectos que vaiamos desenvolvendo,...Contamos con todos vós!Facede comentarios, opinade!Esperamos a vosa colaboración!
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.