miércoles, 24 de enero de 2018

OS ALUMNOS DE QUINTO VISITAN METEOGALICIA E A CIDADE DA CULTURA

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago. Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia. Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas. Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos. Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura. Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un "tobogán" onde Miguel rompeu o pantalón. Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos "accidentes" e caídas moi graciosas. Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías. Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.
Brais 5º B


lunes, 15 de enero de 2018

ALBA E LAURA CONTACONTOS

Un ano máis os choquetes reciben a visita semanal de expertos contacontos do cole. Nesta ocasión foron Alba e Laura as que viñeron a visitarnos, cunha coñecida historia pero ao mesmo tempo orixinal. As dúas intérpretes fixeron una divertida adaptación do conto da toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. Noraboa rapazas!!! Fixéstelo moi ben!!!

viernes, 12 de enero de 2018

MARÍA E PAULA CONTACONTOS POR UN DÍA

As contacontos de 5ºB, María e Paula, chegaron a nosa clase cargadiñas de historias para contarnos, unhas fábulas moi coñecidas e outras non tanto. A súa primeira sesión de narradoras estivo moi ben. Noraboa! Esperamos vervos moi pronto contándonos novas historias!

miércoles, 10 de enero de 2018

VISITA A ESCOLA HÍPICA DA MURALLA

Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa!