lunes, 4 de diciembre de 2023

CHEGA O NADAL

 Nos talleres da Biblio aproveitase todo, ata os libros de expurgo para hacer adornos de Nadal.



lunes, 27 de noviembre de 2023

25 NOVEMBRO

Este ano, quinto e terceiro unímonos para facer o mural do 25 N que vimos nas contas de @diveraprender e @maestrayolanda e que nos encantou.

Todo o cole, dentro do PDI xogamos no patio con material diverso e comprobamos que o fútbol segue sendo cousa de rapaces así que aproveitamos para falar de como usamos o espazo rapaces e rapazas, como e a que xogamos e que podemos facer para cambiar as cousas. E o xogo levounos a falar da selección femenina e do que aconteceu co mundial.
Cando vimos este mural pareceunos que encaixaba perfectamente coa nosa temática e aquí esta a nosa versión.



martes, 21 de noviembre de 2023

OBRADOIROS NOS RECREOS

Hoxe comeza a nosa ludoteca para os días de chuvia xestionada polos nosos bibliotecarios.

Mentres na Biblio hoxe tocou xadrez e, por suposto, lectura.



viernes, 17 de noviembre de 2023

MAGOSTO

Hoxe, por fin, o tempo permitiunos festexar o tan esperado Magosto. Comimos castañas sentados xuntos, xogamos, cantamos, pintamos as cariñas coas cinzas e disfrutamos da calor do sol. Foi un día moi fermoso do que compartimos por aquí un anaquiño. 🌰🌰🌰




viernes, 10 de noviembre de 2023

AMPLIANDO ESPAZO

A Biblio quèdase pequena así que estamos aproveitando o corredor para ampliar espazo.

Fantástico traballo hoxe das/os bibliotecarias/os que se encargaron de todo.




miércoles, 8 de noviembre de 2023

XADREZ NA BIBLIO

A nosa biblio xa está aberta e seguindo a estela do PDI, os recreos veñen con novidades.

Os mércores teremos cursos de xadrez con alumnos que nos ensinaran a xogar ou mellorando a nosa técnica coas tablets.
Hoxe foi a primeira xornada e o èxito foi absoluto.



jueves, 2 de noviembre de 2023

ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

 Onte vivimos unha celebración diferente da víspera do Día de Todos os Santos. Seguindo as fermosas tradicións de lembranza e celebración da cultura mexicana, fixemos entre todos un altar alegre e cheo de cor . Para iso organizamos uns obradoiros nos que o alumnado podía facer papel picado, flores de papel, máscaras, grilandas, marionetas, portacandeas,unha alfombra de sal...Unha vez rematados enchemos o altar coas súas creación e sentamos ao redor para escoitar xuntos

" Recuérdame" . Un día para lembrar e festexar.



martes, 31 de octubre de 2023

OS PROFES TAMÉN DAN MEDO...

Hoxe celebramos o V FESTIVAL DE CURTAS DE SAMAÍN no cole! Por quinto ano consecutivo esta sesión de cine, tan especial, temos que agradecérvola a todas as familias que colaborades nas actividades que propoñemos dende o centro! Este ano, os profes, quixemos aportar tamén a nosa curta de terror!

Premede na imaxe!!!



lunes, 30 de octubre de 2023

FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis xa podedes participar no Festival de Curtas de Medo.


E ademais...





viernes, 27 de octubre de 2023

RE-IDEANDO

 


Este vai ser un gran curso.
O noso PDI está centrado no noso cole. Queremos redeseñalo a partir das ideas de todos.
Hoxe nos xuntamos no salón de actos para falar dos nos patios. Analizamos o que temos, falamos do que queremos e profundamos en como conseguilo.
Un día estupendo onde todas as aulas compartiron ideas fantásticas que estamos desexando poñer en marcha.
Estade atentos porque veñen cambios. 



miércoles, 25 de octubre de 2023

RE-INICIANDO

Este ano arrancamos cun PDI moi emocionante onde o centro de todo é o noso propio cole. Un proxecto para Re-deseñar, Re-definir, Re-pensar, Re-facer, Re-ordenar... Reboreda.

A nosa biblio arranca con Escape Room moi máxico neste curso tan ilusionante. Unha chea de probas inspiradas nun dos nosos libros favoritos: Harry Potter.

Estades listos para a aventura?

Coincidindo co Día das bibliotecas e para celebrar a tan esperada reapertura da nosa , fixemos unha actividade que sempre é un éxito co noso alumnado: un escape room 🔐.
Durante un par de semanas todo o alumnado de primaria tivo que buscar o xeito de saír da biblioteca superando unha serie de retos nos que tiñan que mostrar os seus coñecementos sobre maxia e bibliotecas...unha boa mezcla porque de maxia as bibliotecas están cheas ✨📚🪄.
Spoiler: conseguiron saír todos 👏👏👏.



martes, 6 de junio de 2023

Biblioteca cinéfila

 Nada máis comenzar o curso fixemos unha selección de libros de  temática cinematográfica. Aquí vai unha mostra dalgúns dos seleccionados. Clicade sobre o enlace baixo a fotografía para ver o reel de libros sobre cine. 

Clicade sobre o enlace para ver o reel. 


                                                                         Biblioteca de cine

jueves, 1 de junio de 2023

Nós tamén creamos

 Durante este curso , unha parte do profesorado levamos a cabo a formación " Do conto á curta" na que aprendemos aspectos relativos ao rodaxe dunha curtametraxe. Unha vez finalizada a formación comezamos a rodaxe de dúas curtametraxes baseadas en libros da editorial OQO. Aínda non podemos desvelar o resultado pero deixamos aquí algunhas fotografías do proceso. Estamos desexando ensinarvos o resultado . 












lunes, 22 de mayo de 2023

Estacións de aprendizaxe: O Mago de Oz .

 Seguindo a temática do entroido, o alumnado de primeiro levou a cabo diversas actividades relacionadas co Mago de Oz . Unha delas foi esta sesión de estacións de aprendizaxe na área de lingua castelá. Traballaron os adxectivos, os substantivos, as partes da historia, ilustraron o estribillo da súa banda sonora e deixaron mensaxes bonitos sobre o home de folla de lata. 

Foi unha fermosa actividade. Ademáis e dentro do Programa Observacción, no cal está inmerso este curso o noso cole, acompañounos a profe Isa para observar a sesión. 












viernes, 19 de mayo de 2023

Semana das letras

 A semana das letras galegas é unha semana chea de celebracións. 

Comezamos o luns coa visita da asociación folclórica Carballo das cen polas, que tocaron e bailaron para nós. Xunto a eles ademáis cantamos o himno galego e limos un manifesto sobre a defensa e o amor pola nosa lingua . 

Fixemos un particular paseo da fama para o homenaxeado Francisco Fernández del Riego .

Levamos a cabo unha recollida solidaria de alimentos.

Con motivo do Festival internacional de títeres de Redondela , asistimos a unha representación.

Entregamos os premios do Concurso da Reboraina .

Clicade sobre a imaxe para ver máis.




viernes, 28 de abril de 2023

Maio 2023

 Unha das festas máis fermosas do ano chega coma sempre cargada de pampullo, fiuncho , calas, ovos e coplas. Que non pare a festa!!!

Clicade sobre a foto para ver máis!


lunes, 24 de abril de 2023

Día do libro: Do libro ao cine

 Seguindo coa temática do PDI deste curso, o cinema foi tamén o protagonista deste Día do libro. Así , despois de investigar e facer entre tod@s unha selección de pelis baseadas en libros, simulamos unha carteleira de cine no que cada sala proxectaba a peli dun libro. Porque os libros , coma siempre ,son unha xenial forma de inspiración. 






viernes, 31 de marzo de 2023

Espallar tinta

 Esta semana o noso cole participou na feira de escrita organizada polo CEIP de Cedeira , "Espallando tinta" Para iso reunimos  moitas das producións escritas feitas polo noso alumnado.

Tivemos dúaas mesas expositoras que enchemos de fermosos traballos. Así, por exemplo, levamos un "camiño de conto" do Mago de Oz contando a historia dende Kansas ata Cidade Esmeralda. O alumnado de cuarto fixo uns marcapáxinas que se poden plantar ( encantaron a todos os visitantes) . Outro material que gustou moito foi o álbum de lembranzas inspirado na película Up , e que garda no seu interior os recordos de infancia e xuventude dos avós do noso alumnado.








martes, 14 de marzo de 2023

Concurso da Reboraina

 Un ano máis convocamos o concurso de escritura da Reboraina ...e xa imos polo XXIV. 

Escribir é debuxar con palabras. 



lunes, 13 de marzo de 2023

Charles Chaplin

 Unha figura que non podía faltar durante este curso era a de Charles Chaplin coa súa personaxe máis famosa: Charlot.

Na clase das Baleas investigaron moito para facer este fermoso traballo. Para iso , na biblioteca do cole buscaron libros sobre él e a súa vida. 

Clicade na foto para ver máis.




viernes, 10 de marzo de 2023

8M: Mulleres detrás das cámaras.

 Durante toda a semana fixéronse nas aulas diferentes actividades para conmemorar o 8 de marzo relacionadas coa PDI. A actividade principal titulada: "8M: mulleres detrás das cámaras" consistiu en investigar a figura dunha muller que traballaba ou traballa detrás das cámaras. Así os nenos e nenas coñeceron a fondo profesións como as de produtora, directora, maquilladora, directora de doblaxe, etc. Algunhas delas colaboraron activamente con nós visitándonos no centro ou tamén a través de videoconferencia. Grazas a elas achegámonos un pouco máis ao mundo do cinema. 

Clicade sobre a imaxe para ver máis.



jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!

Clicade sobre o vídeo para ver máis.