martes, 26 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO

 Hoxe, con motivo da conmemoración do Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, e en relación co noso proxecto de centro deste curso " Un ano no museo" ,comezamos a traballar a figura de Margaret Keane.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo a través do visionado da película " Big eyes" de Tim Burton e s pequen@s con fragmentos da mesma e vídeos sobre a súa historia.
Walter Keane, marido da pintora, adxudicouse a autoría dos cuadros de Margaret durante máis dunha década. Ao principio sen que ela se decatase e posteriormente convencéndoa de que un cadro firmado por unha muller perdía valor. Chegou incluso a ameazala de morte se contaba a verdade.
Durante toda a semana seguiremos profundizando na súa figura rematando cun proxecto final que pronto veredes por aquí.



lunes, 25 de noviembre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 No cole celebramos o Día das Bibliotecas dun xeito moi rtístico.

O alumnado de sexto preparou o conto O punto de Peter Reynolds.
Por parellas,os alumnos de sexto foron dende infantil a segundo de primaria contando o conto e logo, todos debuxaron puntos para o noso Museo.



viernes, 22 de noviembre de 2024

CADRO COLABORATIVO

 Aproveitando o PDI do centro, estamos facendo obras de arte cooperativos.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

APRENDEMOS A SINTETIZAR

 En sexto estamos aprendendo a sintetizar e organizar a información. Non è fácil pero... Pouco a pouco, todo sae.




viernes, 15 de noviembre de 2024

CHARLAS PARA QUINTO

 Na clase de quinto recibimos a visita de Alexandra, da asociación Alborada, para falarnos de como facer un bo uso de internet.




martes, 5 de noviembre de 2024

DESEÑANDO CON PISKEL

En sexto comezamos o eido Steam con moita arte.

Deseamos con Piskel.