miércoles, 30 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: FÍSICA E QUÍMICA QUE NOS RODEA
Os rapaces e rapazas de 2º amósannos todo o traballo que fixeron durante o primeiro trimestre sobre o tema:
martes, 29 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: A QUÍMICA ALIMENTARIA
Desta volta é 5º B quen nos vai explicar coma funciona o etiquetado dos alimentos que comemos.
lunes, 28 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: ENERXÍA HIDRÁULICA
Seguimos amosando as presentacións dos alumnos. Tócalle a 4º B que nos vai falar da enerxía hidráulica:
miércoles, 23 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: A ENERXÍA SOLAR
Quenda para os compañeir@s de 4º A que nos van falar dunha enerxía limpa, sostible e que temos en abundancia no noso país.
martes, 22 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: MÚSICA 1,2, 3... VOLCÁN!
É a quenda dos alumnos de 5º A amosándonos o seu traballo:
lunes, 21 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: A QUÍMICA QUE NOS RODEA
Os alumnos de sexto A e B presentan o seu traballo deste trimestre. Para preparar a exposición fixemos 5 equipos de 6 membros cada un, con alumn@s de A e B. Cada equipo preparou unha das partes que traballamos na aula e, cada equipo, escolleu aos seus representantes na defensa oral.
A presentación vai acompañada deste vídeo resumo:
jueves, 17 de enero de 2019
UN ANO CHEO DE QUÍMICA: OS ALQUIMISTAS
Os máis peques do
cole estiveron investigando porque se chamaban “ALQUIMISTAS” e
descubriron moitas cousas interesantes acerca destes primeiros
científicos.
Como aínda somos moi pequenos custábanos moito falar diante dun
público tan grande polo que fixemos un vídeo na tranquilidade da nosa
clase que logo compartimos con todo o alumnado do cole o día das
exposicións. Hoxe imos compartilo con todos vós e esperamos que vos
guste.
miércoles, 16 de enero de 2019
XOGANDO COA AUGA
O martes 15 de xaneiro observamos os diferentes estados da auga e vimos tamén como é o ciclo da auga.
UN ANO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA: O TRABALLO DOS AULAS
Non hai mellor xeito de rematar un trimestre que compartindo o traballo feito nas aulas.Cada aula amosou ao resto dos compañeiros do centro o seu traballo ao redor do PDI deste curso.
As presentacións foron moi variadas e tivemos un pouco de todo.
Imos ir dando conta dos traballos realizados durante os vindeiros días.
Comezamos con este resumo publicando o traballo dos alumn@s de 3ºB que falaron sobre:
O ADN
lunes, 14 de enero de 2019
SUSA HERRERA VISITA AOS PEQUES DE REBOREDA
A comezos de Decembro, Susa Herrera visitou aos nenos e nenas do cole.
Cos máis peques cantou parte do seu disco “Cantos animais”. Foi moi
divertido aprender os retrouxos e os bailes da cada canción.
viernes, 11 de enero de 2019
LECTURA VINTE MIL LEGUAS DE VIAXE SUBMARINO
Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da "chegada" do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra "Vinte mil leguas baixo dos mares" de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155
Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela.
https://www.ivoox.com/xii-todo-pola-electricidade-audios-mp3_rf_31056613_1.html?fbclid=IwAR10227uCLGv1pxNoFp_Ikuv-6hY4VhGGgME108L2bGVpQgyaLt1QRWbK4I
Colexios, institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da "chegada" do Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra "Vinte mil leguas baixo dos mares" de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155
Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela.
https://www.ivoox.com/xii-todo-pola-electricidade-audios-mp3_rf_31056613_1.html?fbclid=IwAR10227uCLGv1pxNoFp_Ikuv-6hY4VhGGgME108L2bGVpQgyaLt1QRWbK4I
miércoles, 9 de enero de 2019
TALLER DE POESÍA
Durante este trimestre adicamos o noso taller de expresión escrita á poesía.
Estudiar poesía sempre parece algo tedioso pero os poemas están máis preto do que cremos.
Comezamos o trimestre traballando coa canción "Dejala que baile" de Melendi, Arcano e Alejandro Sanz e serviunos para analizar a métrica, o ritmo e a ritma.
Rematamos o trimestre cun reto que ofrecía 15 puntos no class dojo, tratábase de analizar a canción "Lo siento" de Beret, un éxito que encanta na nosa aula.
Despois dunha semana de pescudas analizamos en conxunto a canción e sairon cousas moi, moi interesantes.
Evidentemente, os recursos literarios son máis e máis complexos do que
vimos na aula pero coma iniciación ao tema estivo xenial, sobre todo,
porque as pescudas foron un traballo individual de investigación e de
exposición oral argumentada. Direivos que sairon máis das que puxen no
poema pero non podía poñer máis información senón quedaba todo demasiado
saturado.
Inda así, teño que darvos a noraboa a todos porque fixéstedes un
traballo estupendo e, sobre todo, porque unha vez máis, aprendemos
divertíndonos e moitos dos recursos non os esqueceremos na vida, coma
pasa por exemplo, coa "paranoja".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)