O ciclo de Educación Infantil do colexio Santo Paio de Abaixo de Reboreda está a desenvolver un proxecto chamado “Os castelos”. Este proxecto iniciouse no mes de outubro e vai durar ata final de curso.
Os nenos/as están aprendendo milleiros de cousas relacionadas coa vida medieval: os diferentes tipos de castelos, os habitantes do castelos, os animais máxicos... Para o que fan constantes visitas á biblioteca en busca de libros e outros materiais que falen de castelos.
Unha vez que tivemos coñecementos abondo sobre os castelos decidimos ir visitar un auténtico castelo medieval, así que vestimos os nosos traxes de damas e cabaleiros e fomos de visita ao Castelo de Vilasobroso.
Entramos pola ponte elevadiza. Decepciounos un pouco que o foso nin tivese auga nin dragón.Unha vez dentro fomos a unha sala onde nos falaron dos diferentes traxes tradicionais doutras épocas.Gustáronnos moitísmo e estivemos moi atentos á explicación.
Nembargantes o que máis nos gustou foi andar as nosas anchas polo castelo adiante. Puidemos visitar a torre da Homenaxe, vixiar dende as garitas como auténticos cabaleiros e ata agarimarnos nas namoradeiras.
Encantounos ir ao castelo e ver cos nosos ollos aquilo do que levamos meses falando.