martes, 22 de diciembre de 2020

PÍLDORAS DE NADAL

 Sabemos que as circunstancias non son as mellores pero dende os CEIP REBOREDA queremos desexarvos unha BOAS FESTAS e un PRÓSPERO 2021. E para animarvos, aquí vos deixamos "as nosas píldoras de nadal"



viernes, 18 de diciembre de 2020

PDI DO CAMBIO CLIMÁTICO: TRABALLO DAS AULAS

 Un ano máis, para desenvolver o noso PDI, cada aula leva traballando arreo durante todo o trimestre. Agora, temos un resumo do traballo feito por cada aula nunha serie de vídeos que recollen as pescudas feitas polos nosos estupendos científicos escolares.

Premede no enlace e usade os botóns para navegar polos distintos cursos e poder ver os traballos realizados.



martes, 15 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 Un ano máis chegan as nosas recomendacións lectoras para este nadal.

Tedes un pouco de todo e tamén as tedes colgadas no instagram do cole e na páxina web do centro.


 

viernes, 11 de diciembre de 2020

GALICIENCIA: EDICIÓN ONLINE

 Dende o día 9 ata o 11 estase a desenvolver na Tecnopole, en Ourense, a maior feira de ciencia de Galicia. Este ano os obradoiros e sesión son online e seguiremolas en directo dende o canal de youtube da plataforma. 

Fai un días chegou ao cole o material para poder desenvolver os talleres.

Foron uns días estupendos.

SESIÓN INAGURAL


TALLER: ILUMINANDO O MUNDO 


 

viernes, 4 de diciembre de 2020

POESÍA ELEVADA 3

 Nova sesión de poesía:



lunes, 30 de noviembre de 2020

GALICIENCIA 2020

 Un ano máis o noso alumnado de sexto participa en Galiciencia.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos presentados a esta edición:



viernes, 27 de noviembre de 2020

NOVA SESIÓN DE POESÍA ELEVADA

 Outro semana máis os rapaces de sexto fannos unha sesión de poesía elevada.



jueves, 26 de noviembre de 2020

AS IRMÁS MIRABAL

 Rematamos as actividades sobre as irmás Mirabal cos vídeos informativos elaborados polo alumnado de sexto:



25 N: DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Despois de levar todo o mes traballando sobre as irmás Mirabal, chegou o día 25. E as aulas nos amosan o traballo que fixeron durante estas semanas:

Os máis pequenos:

 As bolboretas: 



A difusión das nosas pescudas:




lunes, 23 de noviembre de 2020

FACEMOS UNHA SESIÓN DE CINE?

 Seguimos dotando a nosa biblio de material. Xa tedes a vosa disposición o novo material audiovisual adquirido este curso pola biblio.



viernes, 20 de noviembre de 2020

XOGAMOS?

 Sabemos que este ano non é coma sempre pero, ante os cambios, o importante é a actitude.

Que non podemos saír ao patio cando chove? E se botamos un xogos de mesa?

A biblio ven de aumentar o seu fondo en xogos para que os recreos sexan máis dinámicos. Tamén podedes levar os xogos para as vosas aulas e organizar as quendas de xogo.

Non esquezades pasar pola biblio para ver todo o que temos.



jueves, 19 de noviembre de 2020

GREG E O SEU DIARIO ASALTAN A NOSA BIBLIO

 Levavades tempo pedíndonolo e, por fin, xa está aquí. Renovamos os libros do "Diario de Greg" deteriorados e compramos os títulos que faltaban, agora xa podedes vir a collelos.



martes, 17 de noviembre de 2020

POESÍA ELEVADA

 Este trimestre, os alumnos de sexto van traballar a poesía.

Nas aulas están aprendendo recursos estilísticos, lendo diferentes autores e, sobre todo, aprendendo a disfrutar da poesía. Ao longo das seguintes semanas imos desfrutar, acompañados do alumnado de sexto de sesión de poesía elevada.



lunes, 16 de noviembre de 2020

PDI O CAMBIO CLIMÁTICO

 O tema deste ano para todo o curso é o cambio climático. As aulas xa están traballando arreo sobre o tema e a biblioteca, como non podía ser menos, tamén. 

Para que as nosas investigacións cheguen a bo porto, ampliamos o noso fondo sobre o tema, xa tedes os libros a vosa disposición na entrada da nosa biblio.



viernes, 13 de noviembre de 2020

MÁIS BOLBORETAS

 Seguimos preparando material para o 25 N cunha nova técnica plástica para facer bolboretas. Usamos plástico máxico.

 


 

viernes, 6 de noviembre de 2020

BOLBORETAS PARA O 25N

 O noso centro acaba de sumarse a actividade proposta polo Concello de Redondela para celebrar o 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Estamos anos, aproveitando que se celebra o 60 aniversario do asasinato das irmás Mirabal, imos achegar ao noso alumnado a esta tráxica historia pola que se celebra o 25 de Novembro o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller.

Ademais do traballo teórico, todo o alumnado fará bolboretas, que se entregarán antes do día 16 e que se colocarán en distintos puntos do concello xuntos coas bolboretas dos outros centros.

Aquí vos amosamos algunhas das bolboretas que imos enviar:



miércoles, 4 de noviembre de 2020

TEMPO DE SAMAÍN

 A pesar de todas as limitacións e contratempos producidos pola Covid, dende o noso centro seguimos apostando por darlle a maior normalidade posible a nosa práctica educativa e nesta non poden faltar as celebracións.

Un ano máis e con todas as precaucións e medidas de seguridade, celebramos o samaín:


E tamén o Magosto:



lunes, 2 de noviembre de 2020

VISITA AO CEMITERIO DOS EIDOS

 Dentro das actividades de celebración do Samaín, o alumnado de sexto participou na visita guíada ao Ceminterio Histórico dos Eidos.

Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas.



sábado, 31 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS: VÍDEOS PRESENTADOS

 É chegou o día de Samaín e con el o noso festival.

Estamos non contentos coa vosa participación e encantados pola calidade dos vosos traballos.

Pasamos medo e moita risa.

Grazas a todos por participar. No seguinte enlace tedes as curtas participantes.


 

 

lunes, 26 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis volvemos celebrar o noso festival de curtas de medo. 

Usade o móvil, tablet ou cámara para facer unha pelí de medo en familia. A súa duración máxima será de tres minutos e se entregará aos titores nun pen drive.

O vindeiro día 30 de outubro faremos o visionado das vosas curtas.

Ánimo! Estamos desexando ver as vosas actuacións.



NOVOS LECTORES

A nosa Biblio xa está abierta👏👏👏 e os lectores de primeiro foron os primeiros en visitarno.

 


 

viernes, 23 de octubre de 2020

REABRIMOS

Chega o 24 de outubro e con el a nosa reapertura da biblioteca. Despois de facer unha reforma completa a nosa biblioteca, pintala e reordenala toda para adaptala a nova situación, estamos xa abertos. Comezamos deixándovos o protocolo covid da biblioteca.

jueves, 22 de octubre de 2020

ACTIVIDADES DE REAPERTURA DA BIBLIO: NOVOS LECTORES

 Como ven sendo habitual a reapertura da biblio ven acompañada da entrega de carnets ao novos lectores que comezan primeiro e xa poden usar a biblioteca de xeito autónomo.

  Como este ano é un pouco especial, Margarida fixo unha visita virtual dende as aulas a nosa biblioteca.

 

jueves, 18 de junio de 2020

ESTE VERÁN, ADEMAIS LER... XOGAMOS?

Este verán preséntase diferente e é unha oportunidade boísima para desfrutar en familia. 
Que vos parece acompañar ese tempo de lecer cuns bos xogos de mesa?
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

Dende o equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE REBOREDA, desexámosvos unhas boas vacacións e que collades forzas para o vindeiro curso. 
Aproveitade as vacacións para viaxar coa mente.
Aquí tedes algunhas opcións.


lunes, 27 de abril de 2020

Cal é o teu libro favorito?

Aquí tedes os nosos contos favoritos.
Actividade elaborada pola teacher Ángeles para commemorar o Día do Libro.

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

FELICES LECTURAS A TODOS!!!

 

DÍA DO LIBRO

Escribimos unha carta ao noso eu do futuro contándonos como estamos?
Os alumn@s de quinto estamos facendo esta tarefa e queremos compartila con vos. Premede no enlace para ver as instruccións.
Nos puxemos o correo da nosa aula para recibir a carta pero podedes poñer o voso correo persoal.

DÍA DEL LIBRO

Inda que confinados seguimos traballando e celebrando as datas importantes. Hoxe é o día do libro!!
Os alumn@s de quinto len os seus libros favoritos para vos:

FELIZ DÍA DO LIBRO 

 


lunes, 2 de marzo de 2020

TALLERES 28-2





DEIXAMOS UN PEQUENIÑO RESUMO DOS TALLERES INTERNIVEIS DESTE VENRES DIA 28. SEGUIMOS A PASALO EN GRANDE!

lunes, 24 de febrero de 2020

5ºA rapea

Para celebrar o día de Rosalía, 5ºA comparte este rapeado que gravou en nadal.

viernes, 7 de febrero de 2020

viernes, 31 de enero de 2020

TALLERES INTERNIVEIS 31 XANEIRO

talleres segundo trimestre











O PASADO VENRES COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE DE TALLERES INTERNIVEIS.

ESTAMOS MOI ILUSIONADOS

viernes, 17 de enero de 2020

PDI DEPORTES: DEPORTES E IGUALDADE

As exposicións deste primeiro trimestre remataron coa ponencia de sexto curso.

miércoles, 15 de enero de 2020

PDI DEPORTES: O IOGA

Os compañeiros de infantil contáronnos unha chea de cousas sobre o ioga moi, pero que moi interesantes.

lunes, 13 de enero de 2020

DEPORTES CON ANIMAIS

Inda temos algunhas ponencias do primeiro trimestre pendentes.
Nesta ocasión os alumn@s de primeiro nos falan de deportes con animais.