¡¡¡Ola!!! Téñovos que pedir perdón. Non pensaba que iades estar tan preocupados por min.A cousa é que cando vos dixen que estaba nun veleiro no Mediterráneo non vos dixen toda a verdade.
Non estiven nun veleiro calquera. Estiven no Rainbow Warrior, un dos barcos de Greenpeace, a organización ecoloxista. Acompañeinos nas accións de protesta pola pesca desmesurada do Atún Vermello no Mediterráneo.
¿Sabedes que actualmente só queda un 15% da población orixinal desta especie?
Ademáis de que se sobrepesca, tamén se capturan exemplares moi novos, o que impide que se reproduzan.
Gustoume moito colaborar con eles, pero non tiña maneira de comunicar con vós.
Logo fíxenme amigo dun grupo de aventureiros que tamén andan polo mar e me invitaron a seguir recorrendo mundo, entón decidín retrasar a miña volta.
¿Sabedes por onde pasei?
Por un porto galego que cando o vin non puiden deixar de cantar. Había nenas lavando no río e unha delas pareceume moi guapa. Pero non vou coller moza tan lonxe de Reboreda…
Vouvos ir mandando cousas da miña viaxe para que non teñades que esperar ata que volva. Cada vez que pise terra mándovos novas polo blog ou polo correo. Dádelle unha aperta a Pancho e a bruxa e dicídelle que se non nos atopamos polo medio do mundo, xa nos veremos o ano que ven. Moitos bicos para vós.



Olowaili ensinoulle a


