Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de abril de 2022

ARTE LIXO

 O alumnado de educación infantil participa este ano no certame da vila "Artelixo" que este ano ten a temática "Os nosos montes".

O nome da obra é  "Árbore Viva" e está exposta nun dos comercios de Redondela.

Noraboa artistas!



martes, 8 de marzo de 2022

A AULA TAMÉN CONTA: 8 DE MARZO

 Todos gardamos nos petos os tesouros máis valiosos que atopamos.

As baleas celebraron o 8 de marzo contando este conto tan especial e gardando nos petos ás mulleres da nosa vida como tesouros.




lunes, 17 de enero de 2022

NA AULA TAMÉN SE CONTA: "Non é unha caixa"

 As baleas volven amosarnos que todos somos diferentes e que co cotiá poden facerse grandes cousas.

E vos, que pensades?



viernes, 14 de enero de 2022

NA AULA TAMÉN SE CONTA: Si llega el invierno, decidle que no estoy aquí"

 As aulas seguen traballando os contos con moitas ganas e agarimo. Desta volta as baleas nos traen un conto chulísimo de Simona Ciraolo que lles fixo ver todas as virtudes do inverno.



martes, 23 de noviembre de 2021

NA AULA TAMÉN SE CONTA: OS CALZONCILLOS MALÉFICOS

 O covid obrigounos a repensar moitas actividades e espazos e, aínda que a nosa biblio xa está aberta, os cursos non se poden mesturar así que deseñar actividades non é sinxelo.

Inda así, as aulas sempre fan un traballo extraordinario cos contos e imos aproveitar para compartir convosco ideas e xeitos de traballar os contos nesta nova sesión que imos chamar "Na aula tamén se conta",

.Empezamos coa aula dos xirasois que publicou no noso instagram un conto que lles encantou aos cativos: "Los calzoncillos maléficos".



lunes, 11 de noviembre de 2019

O SAMAÍN DOS ALQUIMISTAS

Estes días preparamos con moita ilusión a chegada do samaín, é unha das festas máis esperadas no cole, será polos disfraces, polas decoracións de paredes e corredores ou polos medos que nos acechan a cada paso.

domingo, 22 de enero de 2017

O SUPERPODER DE 5º E DOS APOLOS: A ROBÓTICA

O principio do trimestre os Apolos fomos a 5º A a ver o seu recuncho da ciencia e a aprender dos insectos. Desta volta foron os maiores os que viñeron a nosa aula para aprender conceptos básicos de robótica. Para iso dividimos a clase en 4 talleres, un para desenvolver o noso lado creativo e imaxinativo construindo un robot con material de refugallo. Os maiores contaron coa axuda inestimable de Alba e Mauro que o fixeron xenial cando nos construimos os nosos robots. Outro para dotar de movemento a algo construído con material de refugallo, neste caso un brazo robótico. Para iso o equipo tiña un vídeo cos pasos a seguir e a axuda e consello de David e Ainoa que xa fixeran a man robótica. No seguinte taller os maiores tentaron seguir construindo o robot solar con axuda de Daniela e Carla (aínda que estaban un pouco nervosas porque os maiores impoñen e non falaron moito) Finalmente, un taller de linguaxe computacional para entender coma programar un robot comandados por Teo, Zaira e Anxo que son uns auténticos expertos. Pasámolo moi ben e encantounos ser profes dos maiores. Coma non puidemos acabar todo o que tiñamos imos ver se en xaneiro volvemos xuntarnos para seguir dende o deixamos.

martes, 26 de noviembre de 2013

O CARBALLO DOS 100 CONTOS

Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular "Carballo dos 100 contos". É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox

lunes, 4 de noviembre de 2013

ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN OS NEN@S DE INFANTIL

A semana pasada foi unha semana moi, moi intensa. Fíxemos unha chea de cousas relacionadas co Samaín: decoramos os corredores, escribimos os nosos medos, cociñamos chulas, decoramos cabazas... Rematamos a semana coma máis nos gusta, con contos. Os nen@s de 1º prepararon unha obriña sobre o Samaín e fomos en dous turnos ao salón de actos a disfrutar da mesma. Gustounos moitísimo. Aquí vola deixamos para que vos tamén podiades disfrutar con ela.

jueves, 28 de junio de 2012

GRADUACIÓNS 2012

Rematou o curso 2011-2012 e con el moitas das expectativas para o mesmo. Despedidas, finais de ciclo,... novos retos aos que enfrontarse... Uns continuarán connosco, outros un pouco máis lonxe, pero, sen lugar a dúbidas, todos cheos de esperanzas e ilusións.

viernes, 15 de junio de 2012

OS NOSOS CONTACONTOS

Cada ano algúns nenos e nenas de sexto curso prepáranse para facer de contadores de contos para os máis peques. Este curso tivemos oito contacontos. Estiveron durante todo un mes preparándose e cando chegou o momento.... XENIAL!
Xa vistes algúns dos vídeos que fomos poñendo. Pero,...  e todo o que non vistes. 
MOITAS GRAZAS, CONTADORES!
Quen sabe? O mesmo voltades por aquí nuns aniños...

lunes, 12 de marzo de 2012

OS PEQUES DE REBOREDA TAMÉN PARTICIPAN NA OLIMPIADA DE MARGARIDA

Un ano máis os peques da escola tamén participan no famosa OLIMPIADA da escola: "Margarida quere saber..."
Nesta ocasión as preguntas de Margarida irán vencelladas co noso proxecto dos contos, é dicir, Margarida ao longo dalgunhas semanas irá plantexando varias dúbidas que entre tod@s deberemos resolver. E de que forma poderemos resolvelas?
Os exploradores xa son todos uns expertos e saben que podemos atopar as solucións nos libros da biblio de Margarida ou podemos recucrrir a outros medios, como por exemplo, empregando as novas tecoloxías, internet,... É moi gratificante ver como pouco a pouco eles van investigando e tratando de resolver pequenos enigmas.
Nesta primeira adiviña tivemos que buscar e descubrir os nomes dos autores/escritores de contos famosos. Foi un gran traballo de investigación polo que tivemos que preparar dous vídeos nos que podemos ver claramente a estes peques en acción. No primeiro amosamos o proceso que seguimos no proceso de investigación e no segundo un resumo de como todo o grupo clase axudaba para responder as cuestións de Margarida e así poder enviarlle un novo mail cos respostas.

jueves, 8 de diciembre de 2011

OS PEQUES DO COLE TENTAN ADIVIÑAR OS ENIGMAS DE MARGARIDA

Como este ano estamos a traballar cos contos, Margarida quixo xogar un pouquiño con todos nós e deixounos unha chea de obxectos misteriosos pola súa biblioteca.
Eran obxectos de contos, algúns eran moi coñecidos pero outros resultaron un pouco complicados. Pero a verdade que estes exploradores coñecen moitos contos e acertaron rapidamente os enigmas misteriosos que Margarida deixou esquidos polas baldas dos seus queridos libros.
Eiquí vos deixamos un vídeo con todas as reflexións dos exploradores para que vexades que ven investigan e exploran estes pequenos aventureiros do cole de Reboreda.

martes, 6 de diciembre de 2011

FOLERPAS PARA MARGARIDA

COMO TÓDOLOS VENRES, OS SÍNEFOS VISITAMOS A MARGARIDA PARA PEDIRLLE PRESTADO UN CONTO, QUE LEMOS NA CASA COA NOSA FAMILIA. ENCÁNTANOS ESTE MOMENTO, PORQUE MARGARIDA SEMPRE ESTÁ AHÍ CUN GRAN SORRISO PARA RECIBIRNOS. PERO NESTA OCASIÓN O SORRISO NON SÓ ERA POR ALEGRARSE DE VERNOS SENON PORQUE QUE LLE LEVABAMOS UN PEQUENO AGASALLO PARA QUE DECORASE A BIBLIOTECA. DÉMOSLLE UN SOBRE CHEO DE FOLERPAS QUE FIXEMOS NA AULA CON MOITO CARIÑO E ESPERAMOS QUE LLE GUSTEN.

jueves, 3 de noviembre de 2011

VIAXANDO POLO PAÍS DOS CONTOS CON MARGARIDA

Margarida un ano máis chega cargada de propostas unha vez que a biblio abre as súas portas. Este ano na entrada da mesma apareceu un mural cheo de personaxes moi coñecidos por todos pero que agochaban unha pequena sorpresa. Axuda a Margarida a atopar aos profes da escola.
Logo dentro da bibio atopamos unha decoración moi novelesca, con tesouros, variñas máxicas, coroas, mazás, gorros,… Sabedes a que conto corresponde cada cousiña?
Atentos a este vídeo para así poder axudar a Margarida e resolver todas as súas dúbidas…

viernes, 7 de octubre de 2011

CHEGADA DE NOVO ALUMNADO: OS COCORICOS

Cando comeza o curso sempre faltan os rapaces de 6º que remataron a súa vida na escola e comezan unha nova no instituto, e queda ese oco libre. Por sorte, sempre veñen nen@s novos de 3 anos que van compartir unha chea de anos connosco. Este ano chegaron a Reboreda 24 nen@s. Coma imos traballar cos contos, decidimos chamalos OS COCORICOS igual que no conto, porque, sabedes o conto verdade? Por se as moscas, o equipo de infantil, deixámosvos aquí o conto e algunhas actividades para que pasades un bo rato.


viernes, 3 de junio de 2011

OS PEQUES TAMÉN PARTICIPAN EN MQS

Os peques do cole estamos a participar no concurso, MQS, cada luns chegan ao noso correo electrónico as preguntas da semana e, a partir dese momento, comezamos a investigar. Preguntamos na casa, aos amigos, buscamos en libros, no señor google e, cando sabemos a respota, escribimos, de un en un, o correo coas respostas.
Moitas grazas a Margarida por pensar sempre en nós.

martes, 8 de febrero de 2011

OS PEQUES E A LECTURA SILENCIOSA

Xa estamos no segundo trimestre e, pouco a pouco, imos collendo as rutinas do cole. Os Vincis, Exploradores e Sínefos somos un espertos niso da lectura silenciosa, nembargantes, os Waters, cando chegaron non entendían moi ben o que había que facer e custáballes estar en silencio. Agora xa o fan como os maiores.
Mirade que ben len os nosos peques!!

sábado, 6 de noviembre de 2010

CHEGA O MAGOSTO

O próximo martes imos celebrar o Magosto no cole. Estes días andamos preparando cestos para as castañas, pensando nos xogos e, por suposto, cantando. Porque, que sería dunha festa sen música? Os Vincis queremos compartir con todos vos esta divertida canción do Magosto. Estade atentos ao vídeo porque tamén ten baile.

sábado, 23 de octubre de 2010

EDUCACIÓN INFANTIL NA TVG

Non sei se acordades, pero, houbo un día ahí atrás, en que viñeron dúas mozas cunha enorme cámara, e estiveron gravando aos nenos e nenas de educación infantil no horto que están a cultivar e coidar.
Pois xa toca, ...
HOXE SÁBADO
NA TVG
ÁS 22:00 h (10 DA NOITE)
NO PROGRAMA "ACTUALIZADOS"
en primicia mundial, teremos aos nosos peques contándolle ao mundo o moito e ben que traballan.
NON VOLO PERDADES!!