Mostrando entradas con la etiqueta linguas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de mayo de 2011

LIBERDADE

jueves, 12 de mayo de 2011

CONTAXIO

miércoles, 17 de marzo de 2010

QUERES SABER MÁIS SOBRE SENEGAL?

Senegal, país situado na parte Oeste do continente africano, famoso pola súa lexendaria "Teranga"
(Hospitalidade en Wolof).
Xa sabemos que a lingua máis falada no país é o Wolof, a lingua da etnia Wolof (unha das moitas que hai no país):
Nanga def: Como estás?
Nanga tuddu: Como te chamas?
Man, Margarida la tuddu: Chámome Margarida.
Seguro que tamén sabedes que a súa capital é DAKAR, si, a do rally París-Dakar.

Senegal ademais é un país moi rico en valores musicais. Un dos seus principais xéneros musicais chámase "SABAR" (tambores Sabar), que se acompaña co baile. Aquí tedes un vídeo realmente impresionante deste xénero musical senegalés.


Sabedes máis cousas sobre o Senegal??

Contádenos??

miércoles, 28 de octubre de 2009

PIMPÉ EN MÉXICO

Pimpé, na súa viaxe, tamén visitou un país de América do Norte: MÉXICO.
Alí fixo unha nova amiga: MIXCÓATL (serpe de nubes en Náhuatl). Cando se coñeceron, ela presentouse:

-ne notoka Mixcóatl (chámome Mixcóatl)
-¿ken tika? (como estás?)
Pimpé aprendeu a responderlle na súa lingua:
-kuali ¿iuan te? (ben, ¿e ti?)
O Náhuatl é unha das numerosas linguas indígenas de México. É falada por case dous millóns de persoas, e a ela debémoslle palabras como: CHOCOLATE, AGUACATE, CACAHUETE (ou cacahuate), CHAPAPOTE (orixinariamente CHAPOPOTE), GUACAMOLE, CANICA, TOMATE, CHICLE, PETACA, etc. etc.
Mixcóatl ensinoulle a Pimpé moitas cousas das tradicións mexicanas. En especial, contoulle todo o relativo ao “DÍA DE MUERTOS”. É unha festa que ocorre cando nós festexamos SAMAÍN. Nela se baila, toca, canta e bebe. Cóntanse lendas de calaveiras, bruxas e aparecidos, e fanse altares adornados con “PAPEL PICADO”. Nestes altares póñense fotos de defuntos e as comidas que lles gustaban cando estaban vivos. Tamén se fan doces con forma de calaveira; e como eles son irreverentes e toman a morte un pouco a broma, teñen personaxes como A CATRINA, que é unha “calaca” (esquelete) da alta sociedade, e que simboliza á propia morte.
Pois ben, Mixcóatl ensinoulle a Pimpé cancións, danzas e lendas do Dia de Mortos e tamén lle regalou un sombreiro de Mariachi e fotos das calacas máis famosas.

lunes, 14 de septiembre de 2009

SAUDÁMONOS EN QUECHUA

SUMAJ JAMUNKI
(Benvido en Quechua)

A lingua QUECHUA é falada por máis de 10 millóns de persoas. Fálase en Bolivia, N.O. de Arxentina, Ecuador, Colombia, Chile, Perú e é cooficial en Bolivia, Perú, Ecuador e Colombia.

Aproveitando que vamos coñecer e traballar moitas das culturas deste o noso planeta Terra, vamos aproveitar para coñecer como se saúdan en algunhas delas. Esta semana vamos saudarnos en Quechua:

Sutikuni ... ----(Chámome ...)

Allillanchu ---- (Entón ben?)-Saúdo

Allillanmi ---- (Entón ben)-Resposta

É a lingua dos COYAS. E esta é a súa bandeira.

Seredes quen de averiguar algo máis da lingua Quechua, os Coyas e esta curiosa bandeira?