O último día de clase todos os alumnos/as levaron para casa unha nova edición da revista do noso cole, a revista Bolboreta.
Aquí volo deixamos en pdf, botádelle un ollo porque hai algunhas cousiñas máis que na edición impresa.

Rematamos o curso coas nosas recomendacións lectoras para este verán.
DESFRUTADE MOITO, VÉMONOS EN SETEMBRO!
Hoxe os alumnos de sexto tivemos o enorme pracer de recibir no noso cole a Eva Mejuto que veu falarnos do seu libro "As lavandeiras de San Simón". Libro sobre o que os alumnos de sexto traballaron arreo e que serviu para descubrir moitas historias agochadas das súas familias.
Foi un encontro moi animado onde falamos dunha chea de cousas.
Vai rematando o curso e chega a hora dos recoñecementos.
Xa comentamos con anterioridade que estamos encantadas coa labor dos nosos bibliotecarios que adican o seu tempo de lecer a axudar na biblio, a preparar contos para infantil e a botar unha man sempre que fai falla.
NON PODEMOS ESTAR MÁIS AGRADECIDOS E ORGULLOSOS!!!
Os alumn@s de terceiro tiveron unha animada charla con Ledicia Costas para falar do libro "Os minimortos".
Rematamos o programa de Ler con D cunha última sesión de contos.
MOITAS GRAZAS AOS NOS@S BIBLIOTECARIOS!!!