jueves, 27 de septiembre de 2018

A QUÍMICA DA VENDIMA

O mércores 26 os nenos/as de 2º fixemos o Tren das Uvas e marchamos a casa de Paula para ver como facían a vendima.

Foi unha visita xenial, comemos uvas, ensinaronnos cono funcionaba a espalilladora, a prensa, os animais, recollimos ovos e agasallaronnos cunha fantástica merenda.

Moitas Grazas!!







domingo, 23 de septiembre de 2018

FACENDO VIÑO

O dìa 20 de setembro os nenos/as de segundo tivemos a sorte de ser invitados a casa dos avós de Iván Feire a ver cono facían o viño.
 
Foi unha visita moi interesante onde vimos o proceso dende que o viño fermentou ata que acabou no barril, ademáis deixáronnos colaborar.

Agasalláronnos cun rico biscoito caseiro e un broche.

 MOITAS GRAZAS A FAMILIA DE IVÁN!!










viernes, 21 de septiembre de 2018

HORARIO DE INVERNO NA BIBLIOTECA DE REDONDELA

Sabemos que moitos de vos sodes usuarios da biblioteca municipal. Acaban de mudar o seu horario:


E, lembrade, dentro duns días tamén abrirá a biblio do cole. Estade atentos!!!

jueves, 20 de septiembre de 2018

DENDE BIBLIOTECAS DE REDONDELA: CONTACONTOS EN CHAPELA

No blog da biblioteca de Redondela vimos esta convocatoria. Compartímola por se é do voso interese:

Hai que desperezarse do tempo de vacacións e de lecer e voltar a rutina! Pero con calmiña, eh?... Ímonos dar o mes de setembro para coller folgos. 

Que precisamos axuda? Non pasa nada... Para transmitirnos a enerxía extra que precisamos, a biblioteca de Chapela ofreceranos un magnífico contacontos infantil a finais deste mes, que nos reconectará coa ilusión e a maxia da nosa tradición oral.
 

O xoves 27 de setembro, ás 18:30 h., teremos ao magnífico contador Pablísimo co seu espectáculo O Paroleiro.
"O paroleiro é moi amigo de parolar... gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos".
O espectáculo está pensado para cativos/as entre 3 e 10 anos. A entrada é libre ata encher o aforo.
Non volo perdades!

viernes, 14 de septiembre de 2018

LECTURA RADIOFÓNICA "VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES"

 Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne 'Vinte mil leguas baixo dos mares" á que convidan a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras. 

jueves, 13 de septiembre de 2018

ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DE REDONDELA



Como xa seguramente coñecedes a estas alturas, as bibliotecas do noso municipio cumprimos o noso 50 aniversario neste 2018, xa que en setembro de 1968 abriu as súas portas a Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán na planta baixa do Concello. Para lembrar esta efeméride tan especial, e para poñer en valor o papel que a biblioteca debe ocupar na nosa sociedade, estamos a levar a cabo diferentes actividades durante todo o ano, e adicando unhas propostas especiais para este mes de setembro, dado que é o 21 do presente mes a data propia do aniversario da nosa institución.

Convidámosvos a participar en todas elas:

 
1º- NOME PARA A BIBLIOTECA DE CHAPELA:
A axencia de lectura de Chapela, que forma parte das nosas bibliotecas municipais, non ten un nome propio. Se ben a biblioteca de Redondela está adicada a Valle-Inclán, non sucede así coa sede de Chapela. É por iso que desde o pasado mes de xuño lanzamos a proposta para que a veciñanza e os usuarios propuxeran un nome propio para este centro bibliotecario.
 
O prazo remata o venres 28 de setembro para presentar propostas, e estas deben presentarse no rexistro municipal, por calquera persoa física ou xurídica.
 
REQUISITOS DAS CANDIDATURAS:
1. O nome proposto estará ligado ao eido da literatura: escritor/a, editor/a, impresor/a...
2. O nome proposto deberá gardar unha relación directa coa cultura e lingua galegas.
3. Darase prioridade ao nome dunha muller co propósito de recoñecer e visibilizar o papel das mulleres no eido da literatura galega.
4. O nome proposto non deberá ter outro recoñecemento en espazos públicos de Redondela (rúas, prazas, edificios públicos, monumentos...) no intre de presentar a candidatura.
Aquelas propostas que non argumenten a súa candidatura quedarán fóra do proceso.
 

miércoles, 12 de septiembre de 2018





COMEZA UN NOVO CURSO CHEO DE FÍSICA E QUÍMICA!!!

ESTADES PREPARADOS?