jueves, 18 de marzo de 2010

ONDE ESTABA MARGARIDA?

Pois, si, na outra foto, na que estaba sobre unha enorme e larguísima muralla, Margarida visitaba o País da China, estaba sobre a "Gran Muralla China".
Bravo Vincis!!, que sei que sabedes moitas cousas sobre a China. Seguro que podedes compartir algunha connosco.
Pero, saberedes agora,...
onde andaba Margarida cando visitaba este monumento tan alto

miércoles, 17 de marzo de 2010

QUERES SABER MÁIS SOBRE SENEGAL?

Senegal, país situado na parte Oeste do continente africano, famoso pola súa lexendaria "Teranga"
(Hospitalidade en Wolof).
Xa sabemos que a lingua máis falada no país é o Wolof, a lingua da etnia Wolof (unha das moitas que hai no país):
Nanga def: Como estás?
Nanga tuddu: Como te chamas?
Man, Margarida la tuddu: Chámome Margarida.
Seguro que tamén sabedes que a súa capital é DAKAR, si, a do rally París-Dakar.

Senegal ademais é un país moi rico en valores musicais. Un dos seus principais xéneros musicais chámase "SABAR" (tambores Sabar), que se acompaña co baile. Aquí tedes un vídeo realmente impresionante deste xénero musical senegalés.


Sabedes máis cousas sobre o Senegal??

Contádenos??

domingo, 14 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓNS A MARGARIDA

Unha semana máis, os nenos e nenas do Cole fixeron as súas recomendacións literarias. Tedes que consultalas e ler os motivos das súas suxerencias, por non falar dos preciosos debuxos que nos fixeron.
Sabedes onde están, non si?
Menos mal!!, Si, na barra lateral, sección "OS NOSOS RECUNCHOS", Club de Lectura.
Nos vemos alí!!

sábado, 13 de marzo de 2010

MARGARIDA QUERE SABER 3

O concurso está en marcha. Non podes despistarte nin un momento ou outro equipo pode pasarche por diante.
Ánimo!!
Podedes atopar a clasificación na barra lateral, sección "OS NOSOS RECUNCHOS".

domingo, 7 de marzo de 2010

AS AULAS RECOMENDAN

Encantáronme os libros que recomendastes. Seguro que aos nosos amig@s, que nos len e nos ven a través do blog tamén lles van a gustar moito.



Recordade que tedes as vosas recomendacións no "Club de Lectura", na sección OS NOSOS RECUNCHOS (fai clic). Pero, para que vaiades vendo, aquí vos deixo un adianto.



Justificar a ambos lados





sábado, 6 de marzo de 2010

CONCURSO "DA REBORAINA"

Que mellor forma de comezar a nosa andaina conxunta que animándovos a que escribades!. Como todos estos últimos anos (xa é a décimo segunda edición) comeza o plazo para presentar as túas obriñas ao noso concurso.
  • Primaria: 3º, 4º, 5º e 6º tedes ata o 26 de Marzo.
  • ESO: O prazo de presentación de obras remata o 6 de abril.
Consultade as bases!!

miércoles, 3 de marzo de 2010

MARGARIDA VOLTOU DAS SÚAS VIAXES

Como xa lestes no seu boletín de "Novas", Margarida está de volta.
En todo este tempo que faltou da Biblio, estivo de viaxe, percorrendo moitos paises, na procura de contos, historias, lendas,... que podernos contar, para que coñezamos máis de cerca esas culturas coas que estamos a traballar, e moitas outras.
Ten moito que contarnos, pero, pouco a pouco. Ao longo da súa viaxe coñeceu moitos nenos e nenas dos que aprendeu moito, e que querían tamén coñecer algunhas das historias que nós coñecemos.
Non seades tímidos!, contádenos!!, Cal é esa historia, ese libro, ese conto,... Que tanto vos gusta?
Os nosos amigos e amigas, ao outro lado do mundo seguro que están moi atentos ás nosas recomendacións.

SABEDES POR ONDE ANDABA MARGARIDA NESTA FOTO?