sábado, 19 de diciembre de 2015

MATEO E YERAI EN REBOREDA

Os pasados luns, 7 e 14 de Decembro, viñeron ao cole MATEO e YERAI, dous futbolistas profesionais redondeláns, antiguos alumnos do noso centro e que actualmente xogan na 1ª división finlandesa, no PK-35 Vantaa.
O primeiro día tivemos charla, fotos e vídeos, deles, dos seus equipos e de Finlandia. Ao final falamos con eles e fixémoslles moitas preguntas. Contáronnos cousas moi importantes sobre a súa vida, pero sobre todo fixéronnos entender a importancia do traballo en equipo, do compañeirismo, ... cousas que quedan para toda a vida. Estabamos todos entusiasmados.
O segundo día fixemos unha sesión práctica con xogos e toque de balón. Foi moi divertido. Gustounos moito a súa visita. Oxalá volten noutra ocasión!
 
GRAZAS POR TODO MATEO E YERAI!
MOITA SORTE NA LIGA!


Aquí vos deixamos dous enlaces por se queredes ver algúns momentos, accións e goles destos dous fantásticos xogadores:



Alumnos/as de 6ºA

viernes, 18 de diciembre de 2015

BOAS FESTAS E MOI BOAS LECTURAS!

Margarida non quere acabar o ano sen desexarvos unhas boas festas a todos. 


Aquí tedes algunhas recomendacións lectoras para estes días de descanso.


jueves, 10 de diciembre de 2015

MERCADO DE OUTONO

Aproveitando a semana das froitas os peques fixemos un mercado de outono no que degustamos froitas e froitos do outono.

Ademais preparamos vídeos documentais con información sobre as froitas e os froitos que ensinamos a todo o cole. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do traballo feito.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

XOGANDO COS RÍOS

Somos os nenos e nenas de 4ºA do cole e tamén vos queríamos facer una recomendación.
Traballando coas Ciencias estivemos aprendendo cousiñas relacionadas cos ríos de Reboreda, Redondela, Galicia, España, ... E descubrimos un xogo de mapas interactivos chulísimo. Resultounos moi divertido e interesante porque aprendes moitas cousas sobre a xeografía.
Animáte a xogar!
APRENDERÁS XOGANDO!
Aquí vos deixamos un enlace. Facede clic na imaxe.
 
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/Mapas/tag/mapa+f%c3%adsico+de+galicia?skos:ConceptID=gnoss:9139A58D-E943-4D40-B5FB-2B7DEE8784A8

viernes, 4 de diciembre de 2015

EU RECOMENDO...


Os nenos e nenas de 2ºA e 2º B , comezan a ter claro, cales son os seus libros favoritos.
Aquí van algunhas das súas recomendacións lectoras.

                                                                    Clara


Eu recomendo "Zaira y los delfines" porque é un conto divertido, anímate moito!

Alba


               Eu recomendo " Parella guai". Gustoume moito porque facían cousas da súa casa moi xuntiños e ían a mercar eles xuntos.

Mauro, Paula Alonso e Álvaro


Nós coincidimos, o libro que máis nos gusta é "Experimentos con la naturaleza". 

Gústanos a natureza e os experimentos e é moi entretido e interesante.

Bruno


Eu recomendo " Hermano oso", gustoume moito porque un mozo convertiuse nun oso!

Disfrutade da lectura !

lunes, 30 de noviembre de 2015

Actividade na biblio: Dereitos humanos e dereitos da infancia

Mañá martes empezamos a derradeira actividade do taller de expresión escrita deste trimestre, que ten que ver co Día Internacional dos Dereitos da infancia celebrado o pasado 20 de novembro. Teredes unhas tarxetas na biblio relacionadas cos 10 dereitos básicos dos nenos e nenas con algunha preguntiña que contestar ou outro tipo de actividade relacionada con cada dereito.
Tamén poderedes acceder a un xogo relacionado cos Dereitos Humanos, tanto desde os ordenadores da biblio como desde as vosas casas. Só tedes que premer na imaxe. A que esperades?
http://www.aventurafascinante.org/

jueves, 26 de noviembre de 2015

LIBRO LIM DOS FROITOS E FROITAS DE OUTONO

Os peques de infantil levamos todo o mes traballando coas froitas e froitos de outono e para compilar todo o noso traballo preparamos este xogo Lim onde podedes xogar e ver cantas cousas sabedes dos alimentos do outono. Animádevos e xogade un pouco, so tedes que xogar na imaxe.

http://www.chiscos.net/almacen/lim/froitas_e_froitos_outono/froitas_e_froitos_outono.html

viernes, 20 de noviembre de 2015

NÓS RECOMENDAMOS...

Os nenos e nenas do 3º ciclo gozamos, rimos, imaxinamos, soñamos....cos seguintes libros.

5º A RECOMENDA...

Atención que viene ¡Don Otoño! de Gabi Segura


5º B RECOMENDA.....

Ás de mosca para Anxo de Fina Casalderrey


6º A RECOMENDA....

Vero y los piratas de la Malasia de Carlos Puerto


6º B RECOMENDA....

Diario de Greg 10.  Vieja escuela

















TAMÉN RECOMENDAMOS QUE BUSQUEDES ESTE FERMOSOS LIBRO NA BIBLIOTECA ...

viernes, 13 de noviembre de 2015

2016 ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES


Este curso, con motivo da celebración do ano internacional dos legumes, no cole traballaremos diferentes temas que nos axuden a establecer hábitos saudables nas nosas vidas. Unha dieta equilibrada é imprescindible si queremos levar unha vida sa, por iso a importancia dos legumes.
Ao longo de todo o curso iremos profundizando no estudo e investigación de diferentes legumes. O primeiro protagonista foi o feixón e o resultado deste traballo foi xenial.


A SEMANA DO FEIXÓN

Despois dun duro traballo de investigación, xa podemos dicir que sabemos moito máis dos feixóns. Ademáis de coñecer a súa orixe, como se cultiva e algunha das moitas propiedades beneficiosas que ten para o noso organismo, buscamos e elaboramos diferentes receitas que nos permitiron unha fantástica degustación. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!



Eu recomendo...

Esta semana os rapaces de 3º e 4º queremos compartir con todos vós algunha das últimas lecturas que máis nos gustaron. Estamos seguros que moitos de vós ides gozar con estes libros. Esperamos os vosos comentarios e, por suposto, as vosas recomendacións! 

Antón recomenda...

El reino de la fantasía, de Gerónimo Stilton.
Gustoume moito porque conta aventuras moi chulas. Pasaredes un rato xenial!










jueves, 12 de noviembre de 2015

María e Sergio de 3º B recomendan...

María e Sergio xa estrearon a súa conta de gomets na carteleira da biblio. Ademáis queren recomendarvos os libros que leron.
 "Collín este libro porque a miña irmá colleuno antes e ás veces o lia na casa, entón o collín para probar.
O libro é interesante, gracioso e divertido. Poríalle de nota un 10.
Penso que lle pode gustar aos nenos e nenas aos que lles gustan os libros de aventuras interesantes e divertidas"
María


"Collín este libro porque me encanta o nadal.
O libro é divertido, gracioso e misterioso. Poríalle de nota un 10.
Creo que lles pode gustar aos nenos e nenas aos que lles gustan os libros de humor".
Sergio

lunes, 9 de noviembre de 2015

O magosto en acrósticos

Esta semana celebramos o magosto no cole e na biblio...tamén!
Obviamente na biblio non imos comer castañas, entón que imos facer? Retomamos o traballo con acrósticos do curso pasado, pero esta vez con vocabulario relacionado co magosto ou coas castañas.
A actividade comeza mañá martes no recreo. Teredes preparadas siluetas de castañas cunha palabra relacionada co tema coa que hai que facer un acróstico. Así que pensamos, escribimos, coloreamos, recortamos a castaña e lista para colocar no mural. 
Por se non coñecedes o significado dalgunha palabra déixovos con dous enlaces nos que aparecen as palabras que usaremos na actividade e o seu significado. Tamén haberá na biblio unha versión impresa desta información.


jueves, 5 de noviembre de 2015

EDUCAR AS EMOCIÓNS

A intelixencia emocional é unha habilidade, o bo das habilidades é que se poden aprender e tamén ensinar. Unha maneira de educar en emocións é a traves de contos. A continuación expoñemos unha pequena recopilación de videocontos.

lunes, 2 de noviembre de 2015

Con "ou" de outono

Esta semana, despois das festas de Samaín e en vésperas do magosto iniciamos o primeiro taller de expresión escrita deste curso. Empezaremos a actividade mañá martes no recreo e se poderá continuar con ela durante esta semana e a próxima.
A actividade leva por título Con "ou" de outono. Por que ese título? Hai moitas palabras que levan o ditongo "ou" no noso idioma, o galego, e aproveitando que estamos no outono imos publicitalas. A tarefa é sinxela, haberá que pensar ou buscar no dicionario palabras en galego que teñan o ditongo ou (podemos empezar coas que comezan por ou, que é máis doado). 
Xa temos a palabra, e agora que? Na biblio haberá fotocopias de follas de árbores nas cores típicas do outono. Escollede unha na que escribir a palabra e logo a recortades. Con esa palabra formaredes unha oración en galego na que pegaredes a folliña recortada coa vosa palabra, como se fose un pictograma. Iremos pegando as vosas oracións con "ou" de outono para que todo o mundo poda velas e se anime a participar.

sábado, 24 de octubre de 2015

DÍA MUNDIAL DAS NACIÓNS UNIDAS

Hoxe, 24 de outubro celebramos o Día Mundial das Nacións unidas.

Velaquí tedes dous enlaces con recursos, só tedes que premer no enlace:

jueves, 22 de octubre de 2015

MARGARIDA RECOMENDA...

A Biblio abre as suas portas un curso máis con moitas novidades. Co lema deste ano, "Educando para unha vida sa", aprenderemos moito sobre hábitos saudables. Todos coñecedes xa a importancia dos legumes nunha dieta equilibrada. Por iso Margarida recomenda que lle votedes unha ollada a algunha das novidades que xa podedes topar na Biblio.

Quen se anima a descubrir novas receitas con feixóns?


lunes, 6 de julio de 2015

BIBLIOCONCERTO LETRAS GALEGAS

Este mes o biblioconcerto foi adicado á cultura galega, ás letras galegas e á MÚSICA GALEGA!!!
Non vos perdades o ben que tocan estes rapaces.
Grazas por ese recreo tan divertido que pasamos con eles!!!

domingo, 31 de mayo de 2015

UN CADRO ENTRE TODOS PARA DAR REMATE AOS OBRADOIROS DOS RECREOS

O curso está chegando ao seu fin e con el o noso proxecto de arte, polo que desde a biblio de Maragarida quixemos facer a nosa aportación artística para despedir os obradoiros de manualidades dos recreo da biblio. Nesta ocasión fixemos un gran cadro entre todos os participantes destes obradoiros. Pasámolo xenial, compartindo ideas, deixando voar a nosa imaxinación e creatividade nuns obradoiros moi divertidos. Noraboa chicos por compartir tantos recreos conmigo (Profe Rosa) e facer cousas tan fermosas!!! Espero seguir compartindo tan bos ratos no novo curso con todos vós! Bo verán!!!

viernes, 15 de mayo de 2015

Biblioconcerto de abril

Abril é o mes da "Revoluçao dos Cravos". Gústanos moito esa revolución porque foi pacífica e porque a música tivo un papel moi importante nela. Así que decidimos facer un concerto-homenaxe diferente, sen artistas por un lado e público por outro, cantando todas as canciós en portugés que coñeciamos.
Porque sabemos que a arte non é só cousa de artistas, nin a música só cousa de músicos....


Cravos from Isabel on Vimeo.

E aquí tedes a nosa preparación previa facendo carabeis, e logo no concerto con GRÂNDOLA, VILA MORENA, de Xosé Afonso.

Biblioconcerto 25 de abril from Isabel on Vimeo.

miércoles, 29 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o día do libro acompañados das nosas familias!!! Ademais,  Margarida repartiu os libros da biblioteca por todo o cole.


Para os nenos e nenas de 4º A UN LIBRO É.....E PARA TI? QUE É UN LIBRO?
ANIMÁDEVOS A DEIXAR OS VOSOS COMENTARIOS!

Un libro é unha caixa de palabras que me alegra cando estou triste.
Un libro é que un acuario no que nadan as palabras que me afogan o aburremento cando chove no meu corazón.
Un libro é un familiar que me dá de comer cando teño fame de historias.
Un libro é un circuito de palabras divertidas que me entreteñen cando estou aburrido.
Un libro é un vicio que me atrapa cando o empezo a ler e nunca me solta.
Un libro é un hotel de palabras que me fai sentir viva cando cando me hospedo nel.
Un libro é un volcán que me salpica coa súa lava cando estou preto del.
Un libro é unha piscina de palabras que me refresca cando leo.
Un libro é unha laranxa que espremo cando preciso vitaminas de coñecemento.
Un libro é un serpe de palabras que me fan rir cando estou triste.
Un libro é un edificio cheo de palabras que me acompaña cando estou so.
Un libro é alguén que sempre está comigo e me anima cando non teño enerxía.
Un libro é unha porta que me leva ao mundo da fantasía cando me aburro no mundo real.
Un libro é un surtidor de historias que me acompañan cando estou soa.
Un libro é un mundo descoñecido que podo descubrir cando exploro o seu interior.
Un libro é saco de fantasía que abró cada vez que preciso emocións.


viernes, 24 de abril de 2015

25 DE ABRIL

Durante está semana na biblioteca fixemos cravos para recordar o 25 de abril. Para rematar a semana, acabaremos cantando todos GRANDOLA, VILA MORENA! de José Afonso.
25 de abril, SEMPRE! 25 de abril, SEMPRE!! 

martes, 14 de abril de 2015

O LIBRO DO NOME DOS APOLOS

Durante este trimestre, ademais da arte, os APOLOS estivemos traballando moito co noso nome. Recollemos todo ese traballo nun libro que levamos para casa onde podemos repasar o feito e montar e desmontar o noso nome. Os Apolos fixeron un traballo incrible, mirade, mirade!!!

domingo, 22 de marzo de 2015

DECORACIONS PRIMAVERAIS POLA PASCUA NA BIBLIO DE MARGARIDA

No obradoiro de manualidades dos recreos, estivemos facendo unas grilandas moi chulas con motivos primaverais que decorarán os teitos da nosa biblio. Quedaron preciosas e así de ben lucen na biblio!

CONCURSO DAS MULLERES ARTISTAS: ÚLTIMAS PREGUNTAS

Isto vai chegando ao seu fin. Abride ben os ollos e respondede con xeito:

1. QUEN É A AUTORA DA OBRA "CO XENIO DESTROZADO"? QUE TIPO DE OBRA É?

2. QUE AUTORA "COCIÑA HISTORIAS"? NOMEA ALGUNHA DAS SÚAS OBRAS

Grazas por participar!! Estade atentos, en breve daremos o nome dos gañadores.

domingo, 15 de marzo de 2015

CONCURSO MULLERES ARTISTAS 2

Seguide pescudando nos murais da entrada e respondede:


1. QUE ARTISTA É A DUODECIMA PERSOA MÁIS RICA DO  REINO UNIDO? POR QUE É TAN RICA?

2. QUE MULLER DESCUBRIU A SÚA ARTE PASANDO MOITO TEMPO POSTRADA NUNHA CAMA?

sábado, 14 de marzo de 2015

UNHA FAMILIA CHEA DE ARTISTAS

Os Apolos e os Sapiens estamos moi emocionados porque comezamos un novo proxecto coas familias. Este ano, aproveitando o tema da arte que estamos a traballar no centro, creamos un portfolio para os nosos pequenos artistas que irá a casa de xeito semanal para que os peques e as súas familias fagan unha obra de arte: pintura, escultura ou arquitectura, que logo traerán ao cole e que formará parte da exposición final que faremos ao rematar o curso. Para facilitar o traballo creativo as familias os nen@s, ademais do portfolio con información e soporte papel, tamén incorporamos un maletín con diverso material que se pode empregar para enriquecer as creacións. Pero, ademais desta parte máis plástica, tamén propuxemos as familias unha parte máis artística, a semana seguinte de levar a maleta convidanos a familiares e amigos dos peques a que se acheguen a nosa aula e nos amosen algunha das súas destrezas artísticas. Esta é unha actividade voluntaria onde as familias pódennos contar contos, facer unha manualidade, tocar un instrumento, facer un taller de cociña… Buscamos abrir a nosa aula as familias para que poidan compartir connosco o placer que supón poder traballar a diario cun nen@s tan receptivos. Aquí vos deixamos un wix con máis información sobre o proxecto.

http://nivecaro.wix.com/familia-artistas

miércoles, 11 de marzo de 2015

MULLERES ARTISTAS

Estes días podedes visitar a nosa exposición de mulleres artistas. Así celebramos o 8 de marzo no colexio, cunha exposición na que colaboraron todos os nenos e nenas do colexio. Grazas a todos/as por darnos a coñecer a estas artistas tan interesantes!!



lunes, 9 de marzo de 2015

CONCURSO "MULLERES ARTISTAS"

Coma sabedes para celebrar o Día da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo, cada aula do cole investigou e preparou un mural sobre unha muller artista. Tedes todos eses traballos na entrada da biblioteca e para que saibades máis vos propoñemos un concurso.


Debemos facer equipos de ata un máximo de 4 nen@s formados por nen@s de diferentes idades, poñédelle un nome ao voso equipo e a xogar.
Tedes que buscar a resposta correcta no mural. Cada semana faremos duas preguntas e usaredes os comentarios para responder.
Moita sorte a  todos.

PRIMEIRAS PREGUNTAS


1. QUE ARTISTA TIVO UNHA VIDA MOI TRÁXICA QUE ACABOU EN TOLEMIA POR UN AMOR NON CORRESPONDIDO?

2. QUE ARTISTA TEN A SÚA OBRA TOTALMENTE MARCADA POLA COR VERMELLA?

Moita sorte a tod@s

jueves, 12 de febrero de 2015

CARTAS DE AMIZADE

Esta semana na biblio escribimos cartas de amizade aos compañeiros/as do cole. Hoxe chegou a hora  de repartir as cartas!!! Algúns levaron unha gran sorpresa, mirade as súas caras!!!

lunes, 9 de febrero de 2015

Biblioconcerto do Día da Paz

O Día da Paz fixemos moitas actividades.
Entre elas tivemos un novo Biblioconcerto, esta vez de guitarras e voz. Mirade que ben o fixeron:


miércoles, 4 de febrero de 2015

UNHA HISTORIA CHEA DE ARTE

As familias estannos axudando moito co traballo sobre Kandinsky e mandaron moita información para usar na aula. Entre esa información viñan fotos das obras e algunhas saían varias veces así que escollemos catro cadros de Kandinsky onde se usan elementos diferentes e llas presentamos aos nen@s.

A idea era facer unha historia partindo dos cadros e, a pesar de ter so tres anos e, en principio, non haber elementos comúns nas obras conseguiron fiar e facer unha historia simpática partindo destas obras:

Unha noite con lúa kan circulos noche Había un paxaro metido nun pozo ao lado dunha casa O paxaro estaba cun calamar con bufanda kan calamar O calamar e o paxaro morreron en o ceo atoparonse cunha ra con bandeira de carreiras kan animales noche Aquí tedes un pequeno resumo de coma o fixeron:

domingo, 1 de febrero de 2015

DÍAS DE PAZ E AMOR NOS OBRADOIROS DA BIBLIO

Un martes máis imos deixando voar a nosa imaxinación e a nosa creatividade nuns obradoiros moi divertidos. Nesta ocasión fixemos banderíns de paz e amor para decorar os teitos da biblio, reciclando follas de libros vellos e estropeados. Tamén fixemos caramelos para a paz, con orixinais nomes e cunha mensaxe interior moi linda. Mirade canto traballan estes grandes artistas!!!

lunes, 19 de enero de 2015

CONTACONTOS

O venres houbo na biblioteca unha sesión de contacontos realizada por alumnado de 6º de Educación Primaria. Grazas a todos os nenos e nenas que viñeron a escoitalos. Aqui queda un breve resumo do que foi.

Parabéns aos contadores/as!!

lunes, 12 de enero de 2015