Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de noviembre de 2023

MAGOSTO

Hoxe, por fin, o tempo permitiunos festexar o tan esperado Magosto. Comimos castañas sentados xuntos, xogamos, cantamos, pintamos as cariñas coas cinzas e disfrutamos da calor do sol. Foi un día moi fermoso do que compartimos por aquí un anaquiño. 🌰🌰🌰




miércoles, 4 de noviembre de 2020

TEMPO DE SAMAÍN

 A pesar de todas as limitacións e contratempos producidos pola Covid, dende o noso centro seguimos apostando por darlle a maior normalidade posible a nosa práctica educativa e nesta non poden faltar as celebracións.

Un ano máis e con todas as precaucións e medidas de seguridade, celebramos o samaín:


E tamén o Magosto:



martes, 8 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

A semana pasada aproveitamos para celebrar o Samaín e o Magosto. Na entrada da biblio preparamos unha batcova da que xa vos daremos conta nos vindeiros días e preparamonos para a festa.
Os peques de infantil fixeron talleres de Samaín que venremos en breve e logo, todos, as 11.15 saimos a facer a queima dos medos acompañados por SuperMedo.
Despois xogos e desgustación de castañas para todos.

lunes, 9 de noviembre de 2015

O magosto en acrósticos

Esta semana celebramos o magosto no cole e na biblio...tamén!
Obviamente na biblio non imos comer castañas, entón que imos facer? Retomamos o traballo con acrósticos do curso pasado, pero esta vez con vocabulario relacionado co magosto ou coas castañas.
A actividade comeza mañá martes no recreo. Teredes preparadas siluetas de castañas cunha palabra relacionada co tema coa que hai que facer un acróstico. Así que pensamos, escribimos, coloreamos, recortamos a castaña e lista para colocar no mural. 
Por se non coñecedes o significado dalgunha palabra déixovos con dous enlaces nos que aparecen as palabras que usaremos na actividade e o seu significado. Tamén haberá na biblio unha versión impresa desta información.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

MAGOSTO
 En novembro xéanse as canas e ásanse as castañas...ollade que ben o pasamos e como quedaron as nosas caras!!!

MAGOSTO by

martes, 8 de noviembre de 2011

MURAL FESTAS DE OUTONO

Despois de facer un mural precioso das festas que se van a facer ao longo do Outono, os nenos e nenas de 2º A xunto coa súa profe están recortando as cabazas para o SAMAÍN.............................

domingo, 6 de noviembre de 2011

COMUNICÁNDONOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

CASTAÑA
MAGOSTO
(Festa + Castaña)
LUME

ANIMÁDESVOS???

sábado, 5 de noviembre de 2011

CONTOS PARA O MAGOSTO

Seguro que coñecedes infinidade de contos relacionados co Magosto, coas castañas, cos froitos do Outono,.... Nós despois de visitar internet, esa fonte inesgotable de recursos, e en concreto na Web de Norberto, atopamos este conto: "A castaña de rebentou de risa", alí podedes atopar o conto, actividades para despois da súa lectura, e incluso un Lim onde seguir aprendendo. Deixámosvos aquí os enlaces por se son de utilidade.



jueves, 3 de noviembre de 2011

RECURSOS MAGOSTO

Como cada ano, temos a sorte de contar co traballo levado a cabo noutros coles  recopilando recursos relacionados con estas datas. Aquí vos deixamos algunhas das páxinas creadas por algúns desos Centros. Poderedes atopar unidades didácticas, contos, lendas, ditos, refráns, adiviñas, xogos, ... E moito máis.









miércoles, 10 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

Que bo día tivemos!!
Incrible! Sobre todo vendo o día de onte!!
E ... que ben o pasamos, non si??
Xogamos, saltamos, bailamos, lanzamos, ... e ao final...
Uuuuuuhmmmm! Que ricas estaban as castañas!

sábado, 6 de noviembre de 2010

CHEGA O MAGOSTO

O próximo martes imos celebrar o Magosto no cole. Estes días andamos preparando cestos para as castañas, pensando nos xogos e, por suposto, cantando. Porque, que sería dunha festa sen música? Os Vincis queremos compartir con todos vos esta divertida canción do Magosto. Estade atentos ao vídeo porque tamén ten baile.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

AS FESTAS DO ANO: O OUTONO

E con el as castañas.
Aquí vos presentamos o cuaderniño que editamos dende o Equipo de Normalización Lingüística, cos materiais que recollemos o pasado curso ao redor do outono: "Contos, cantos, refráns, adiviñas,... "
O noso agradecemento a todas as familias que colaboraron na súa elaboración!!

martes, 10 de noviembre de 2009

MAGOSTO EN REBOREDA

Un ano máis chegou o San Martiño, e con el o Magosto. Cantamos, bailamos, xogamos, ... e comemos mooooooooooiiiitas castañas!! Canto nos gustan !! E para rematar, ... negros coma chamizos, como ten que ser.



Saberedes quen foi o/a que comeu máis castañas na mañá de hoxe?

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CARTA DENDE O ESPAZO

Do que nos enteramos hoxe!!!
Os nosos amigos de 3º recibiron carta. O sorprendente non é a carta en si, senón de onde procede. Do planeta CAR-01 e dun amiguiño que se chama Rano.
Sorprendente, non si?
Como non podía ser menos os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro aproveitaron estas datas para respostarlle e explicarlle en que consiste o Magosto.