jueves, 25 de diciembre de 2008

LITERATURA AUDIOVISUAL

Recén está estreado o portal "flocos.tv", o cineclube do audiovisual galego en internet.
E non vades crer o que alí atopamos. Baixo o nome "A lingua Animada", aparecen sete curtametraxes de animación en plastilina feitos por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003, baseadas en textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Anxel Fole, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos.
Se fas clic enriba das imaxes poderás chegar á páxina onde ver as curtas.
Despois de velos,...

Saberás en que autor está baseada cada unha das curtas?

Cal che gustou máis??

martes, 23 de diciembre de 2008

PREMIOS NAVIDEÑOS

Finalizando cada trimestre agasallamos a aqueles nenos e nenas que dalgún xeito colaboraron con nós, ou participaron activamente no funcionamento da Biblio. Neste trimestre, ademáis dos Bibliotecarios, que fan unha labor impresionante durante os recreos, tivemos os premios aos mellores lectores, e o concurso de adiviñas.
Mellores lectores do trimestre:

  • 1º Ciclo: Laura Portela

  • 2º Ciclo: Daniel Acevedo

  • 3º Ciclo: Simón García

Concurso de Adiviñas:
  • 1º Clasificado: Andrea Bouzón e Lucas Bouzón (10 pts)

  • 3º Clasificado: Roberto Jiménez (9 Pts)


NADAL EN ALEMANIA

Hannlore, é o nome da avoa de Claudia, de cuarto, que nos visitou estos días atrás para contarlles aos compañeiros e compañeiras da súa neta, as tradicións que polo Nadal se seguen en Alemania.
As festas Navideñas en Alemania, comezan 4 Domingos antes do día 24 de Decembro. Cada Domingo encenden unha vela, cociñan galletas, pasteis. O día 5 de Decembro celebran o San Nicolás, que vai por todas as casas e fala coas familias, cos nenos e nenas e déixalles agasallos. Adornan a árbore con velas auténticas. O día 24 organizan unha cea semifría, vístense de gala, entregan os agasallos e asisten a unha misa. Rematan as festas dando a benvida ao ano novo, a través dun ritual de entrada de ano.
Distintas, pero non tanto!


Grazas por compartir con Nós estos momentos!!

sábado, 20 de diciembre de 2008

GUÍA LECTURAS NADAL

Como non podía ser doutro xeito, este ano a nosa guía está orientada cara a Ciencia. Intentamos recoller aqueles títulos que nos parecían máis interesantes e que a eles máis lles podían ser de utilidade. Certamente non conseguimos poñer moitos en Galego, pero, o que hai ben merece a pena velo.
Pasade pola librería, ollade, curioseade, ... e si topades cousiñas interesantes sobre Ciencia, mandádenos o título e a editorial, terémolo en conta.
Recordade poñer un libro nas vosas peticións aos reis, elixídeo ben.
Un bo libro, sempre é un bo agasallo!

NO NADAL PANXOLIÑAS

Despois de pasar toda a semana cantando o Aguinaldo polas aulas, recollendo caramelos e o que se terciara,... preparados xa para a actuación no escenario.
Que saber estar!, que compostura!, que voces!


BOAS FESTAS!

viernes, 19 de diciembre de 2008

QUE MELLOR AGASALLO

Que mellor agasallo que o labor das nosas propias mans. Máis, cando é tan chulo como estos poliños que fixeron os nenos e nenas de segundo curso.


Boas Festas!
e
Felices Agasallos!

miércoles, 17 de diciembre de 2008

CARTA AOS REIS

Por fin chegou O Carteiro Real.
Non viamos o momento.
Mascábase no ambiente.
Cartas preparadas, pero,... non da chegado.
Cando,... ao fin, si, O Carteiro Real. Con toda a ilusión do mundo entregamos as nosas cartas. O Carteiro Real a cambio, uns caramelos e unha rosquilla. Uhmmm!, que ricos!!.-de parte dos Reis- seica.
Portámonos Ben?
Entón de seguro que non hai problema!!
Claro que, como dicían os nen@s, "Os Reis tamén están en crisis?"


Esperamos que se cumplan os vosos mellores desexos!!

ÚLTIMO CONTO ANTES DE REMATAR

O último conto do trimestre.
Hoxe, Roberto, Maryam e Paula, contáronnos o conto "El último día del invierno". Un fermoso conto de paxaros, amizade e neve.
Gustounos moito!

Á volta de Nadal, máis.

sábado, 13 de diciembre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 10

Non podía ser de outro xeito para finalizar o concurso!!.
Recordades?. O ano 2009 vai ser o
Ano Internacional da Astronomía.
SOLUCIÓN: O TELESCOPIO

Bravo por todos e todas!

Gracias por participar!. Foi moi divertido. Esperamos que para vós tamén.

Para ver os gañadores consultade a páxina do concurso.

Recordade no segundo trimestre comezamos con

"Margarida quere saber...?"

miércoles, 10 de diciembre de 2008

DEREITOS HUMANOS

Dende o 20 de Novembro (Día da Infancia), que vimos a traballar ao redor dos Dereitos: Dos nenos e nenas, dos seres humanos,...
Onte, día 10 de Decembro fixemos un acto simbólico de lectura dos Dereitos das nenas e dos nenos a través da megafonía e durante toda a mañá. Escoitouse bastante ben e o alumnado estivo bastante pendiente do que lían os seus compañeiros.
Hai algún vídeo, pero temos problemas técnicos para poñelo. Mentras podedes ver algúns dos cortos que con tal motivo realizaron outros.
Para escoitar o son, ide primeiro ao artigo que está xusto debaixo e anulade o seu son.

lunes, 8 de diciembre de 2008

NADAL CIENTÍFICO

Comeza Decembro, e con el o Nadal está máis cerca. O cole xa respira ese ambiente cheo de maxia e ilusión. Este ano máis científico que nunca: Os científicos e inventores, na árbore; o nacemento moi espacial e reciclado; as paredes e teitos, con estrelas, planetas; ...
Que colorido e fermoso!!

CONCURSO ADIVIÑAS 10

ADIVIÑA 10
"Co meu ollo, o ceo case tocas
e o Universo a soñar te convoca."
Ánimo, que rematamos o concurso
é a última adiviña!!

sábado, 6 de diciembre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 9

Esta parece que nos costou un pouquiño!!, non era tan difícil, só había que ler con atención, e logo explicarse con corrección.
Non valía calquera disposición das caixas, pois había que cumplir tres premisas: Números impares, que non se repetira o número de canicas, que ningunha quedara baleira. Facede a proba con canicas e caixas de verdade. Lede senón as explicacións que nos ofrecen, Miguel, Andrea ou Lucas.
De todos os xeitos resulta moi interesante ver como buscades a solución, como preguntades, curioseades, investigades,... De vez en cando hai que revitalizar esas neuronas, non vaia ser que se oxiden.

SOLUCIÓN ADIVIÑA 9

Son catro caixas: tres pequenas que conteñen, 1, 3 e 5 canicas; e unha grande que conten ás outras tres caixas, 9 canicas.

Ánimo so queda unha adiviña!!


miércoles, 3 de diciembre de 2008

UN LIBRO, UN SOÑO


Se algún leu o libro "O soño de Xelá", da editorial OQO, e se fixou na páxina de autores ao mellor conseguiu ver entre eles o nome dunha mestra do cole:

Tradución do portugués - Verónica Camiña. Pois si é a mestra Verónica, de 3 aniños. E nós facendo campaña, comeza así:

"Imaxina que es o ceo,
tes ollos de nube, nariz de furacán,
meixelas azuis, cabeza de vento...
Miguel non é un neno sen medo
(so nas historias falsas hai nenos sen medo)
para escorrentalo ten que dicir unha palabra:
TREMELICANTEMENTETREMELICANTE!"

lunes, 1 de diciembre de 2008

CONCURSO ADIVIÑAS 9

Nesta ocasión vades ter que ler con moita atención.
Non é tan difícil como parece.
Ánimo !!
A ver quen é de acertar!!!
ADIVIÑA 9
Como podemos dispoñer 9 canicas en catro caixas, de forma que:
  • Todas as caixas teñan canicas
  • Todas as caixas teñan un número impar de canicas
  • O número de canicas de cada caixa sexa distinto ao das outras tres???

Pista: Primeiro, as canicas non se poden partir en anacos. E segundo, as caixas non teñen porque ser do mesmo tamaño.