miércoles, 21 de diciembre de 2016

PUNTUACIÓN FINAL DE COÑECENDO A ORIXE

O concurso chega ao seu fin. Moitímas grazas a todos por participar. Fixéstelo xenial e agora estade atentos porque o segundo trimestre contamos cos vos para que nos amosedes as vosas respostas en vivo e en directo. Xa vos contaremos.
NORABOA AS SUPERHEROÍNAS DE 4º, E TAMÉN AOS GUERREIROS DO SILENCIO E AOS SUPERHEROES IMPÓRTANME UN PEPINO.

lunes, 19 de diciembre de 2016

JUDO NA ESCOLA


A semana pasada, 12, 13 e 14 de Decembro  visitáronnos dous entrenadores de Judo: Carlos e Adrián, dentro do Programa Xogade, da Xunta, “Coñece o meu Club”.
Foi unha actividade moi divertida,  xogamos, traballamos agarres, fixemos volteretas, aprendimos a caer,  … e coñecimos algunhas cousiñas desta disciplina: o Judo. Foi moi interesante e pasámolo moi ben. Carlos, o entrenador, díxonos que para Xaneiro ou Febreiro, darían clases no Pavillón da Marisma. Esperamos ansiosos!

miércoles, 14 de diciembre de 2016

PUNTUACIÓN COÑECENDO A ORIXE 3

As puntuacións están moi próximas. Esta semana levan os 10 puntos do reto "Os superheroes importánme un pepino" que quedan a so 2 puntos da cabeza, que está en mans dos "Guerreiros do Silencio" e das "Superheroinas de 4" así que nos vos despistedes e lucídevos na última proba. Lembrade o luns teñen que estar as respostas porque o martes daremos o premio. A vindeira semana non publicaremos a puntuación para manter o suspense ata o final!!! Se falta alguén por responder dádevos presa. Inda recollemos as respostas!!!

COÑECENDO A ORIXE DE...

Lady Bug é unha serie de animación francesa-xaponesa-coreana. Esta serie foi creada por Thomas Astruc. A idea orixinal é de 2012. Neste momento emítese a primeira tempada e sabemos que a segunda e a terceira emitiranse en 2017.
A serie conta a historia de dous estudantes de secundaria Marinette e Adrien que son diferentes aos demais porque teñen superpoderes. Marinette convírtese en Lady Bug (xoaniña) e Adrien en Chat Noir (gato negro).
Os dous teñen que protexer a cidade de París do mal e para iso deben capturar aos akuma, que son criaturas oscuras do malvado Le Palillon.
Marinette non sabe que Adrien é Chat Noir e Adrien non coñece a identidade segreda de Marinette. Ambos están namorados pero Chloe, a filla do alcalde, fai de todo para conquistar a Adrien.
Tedes máis información en
https://es.wikipedia.org/wiki/Prodigiosa:_Las_aventuras_de_Ladybug
E aquí un vídeo con 50 curiosidades de Lady Bug:


ESTA SEMANA É A ÚLTIMA DO CONCURSO, TEDES MENOS TEMPO PORQUE O MARTES DAREMOS A COÑECER AOS GAÑADORES ASÍ QUE NON VOS DESPISTEDES. 

A pregunta desta semana 5 puntos:

CAL FOI A CURIOSIDADE DE LADY BUG QUE MÁIS CHE CHAMOU A ATENCIÓN?

O reto desta semana (de 0 a 10 puntos) 
 
París é a cidade onde vive Lady Bug pero, ademais, tamén é a capital mundial da gastronomía, atrevédesvos a facer un prato delicioso que teña forma de xoaniña? 

PARA SUPERAR  O RETO TEDES QUE ESCRIBIR OS INGREDIENTES QUE NECESITADES E A PREPARACIÓN. SE TEDES FOTOS E QUEREDES ENGADILAS PODEDES MANDALAS A:
biblioblogreboreda@gmail.com

LEMBRADE TEDES ATA O PRÓXIMO LUNS!!!

 

jueves, 8 de diciembre de 2016

COÑECENDO A ORIXE DE...

Superlópez un superheroe que nace para parodiar a SUPERMAN. Foi creado en 1973 polo debuxante español Juan López Fernández. Os seus comics tiveron moitísimo éxito so superados por Mortadelo y Filemón.
Nos primeiros números de Superlópez está moi presente o humor disparato pero, pouco a pouco, as historias fanse máis profundas e cunha maior carga social. Superlópez é un home calquera que ante as dificultades da súa vida cotiá imaxina que é un superheroe para poder resolvelas. Está máis preocupado polos problemas da oficina que por enfrontarse a villanos. En 1979 o personaxe muda e comeza a ser máis unha parodia de Superman, con moito humor e enfrontándose a villanos nas aventuras de Superlópez. Tedes máis información en: https://es.wikipedia.org/wiki/Superl%C3%B3pez http://www.cachislamar.com/home.htm Queredes ver unha mini aventura de Superlópez?

Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARANSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO, TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 15, NON VOS DESPITEDES. O XOVES PUNTUACIÓN E PREGUNTA PORQUE A VINDEIRA SEMANA É MÁIS CURTA.

Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos)

QUEN FOI O CREADOR DE SUPERLÓPEZ?

E agora o reto (de 1 a 10 puntos)

Superlópez é un superheroe atípico ao que non sempre lle sae todo ben. Sodes capaces de botarlle unha man para que mellore os seus superpoderes?


SABEMOS QUE NON PODEDES CREAR INVENTOS COMA OS DO VÍDEO PERO SEGURO QUE SE VOS OCORRE CREAR ALGÚN INVENTO SINXELO CO QUE MELLORAR ALGUNHA HABILIDADE. POÑEDE AS CABEZAS A TRABALLAR, ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS.

viernes, 2 de diciembre de 2016

PUNTUACIÓN ACTUALIZADA DE "COÑECENDO A ORIXE..."

Noraboa a todos os participantes porque hai respostas moi orixinais. Aquí tedes os puntos desta semana. Coma era a primeira semana incluimos os que chegan tarde pero respectades os prazos nas vindeiras veces senón quedaredes sen puntuación:

COÑECENDO A ORIXE DE...

Susan "Sue" Storm, tamén coñecida coma a "Rapaza Invisible" ou a "Muller Invisible". É unha personaxe que pertence a Marvel Comics e foi creada por Stan Lee y Jack Kirby e apareceu por primeira vez na historieta Fantastic Four.
Sue nace en Long Island (New York) e namorouse do científico Reed Richards. Este científico quere facer unha nave espacial que faga posible as viaxes a outros sistemas solares pero o goberno deixa de darlles diñeiro. Richards fai unha proba antes de deixar o proxecto. Sue decide acompañalo e tamén se unen o irmán de Sue, Johnny e un amigo de Richards, Ben Grimm.
Xa no espazo a nave atópase unha chuvia de raios cósmicos o que obriga a abortar o voo. Na terra danse conta que a radiación provocou cambios no seu corpo e agora Sue pode facerse invisible. Os outros compañeiros tamén adquiren poderes e Sue decide fundar Os 4 fantásticos.
Durante un corto espazo de tempo Sue tamén pertence aos vengadores.
Tedes máis información en:
Pero, ademais da muller invisible, hai máis mulleres superheroinas, aquí tedes 10:



 Estade atentos, lede ben e respondede con tino.

AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 7 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!!  O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos). 
DI O NOME DE 3 SUPERHEROÍNAS DISTINTAS DA MULLER INVISIBLE?
E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)

 Eres capaz de facer invisible algunha cousa?

Para superar o reto coma sempre, pensade que queredes facer, cal é o material que vos vai falla, probade e cando o teñades contádemos que fai falla e como o fixestes. Non vale copiar o do vídeo!
Sedes orixinais, creativos e, sobre todo, pasádeo ben experimentando!!!