Dende que chegaron os cómics do "Baúl viaxeiro" das Bibliotecas Municipais, o préstamo de Cómic, disparouse. Hai moita curiosidade por ver e coñecer algúns dos volumes que veñen no baúl, porque, aínda que temos un fondo editorial interesante neste apartado, como é lóxico, non o temos todo, e con tal motivo, en vista do interese que despertan algúns personaxes, teremos que plantearnos comprar algúns máis.
Pero, ademais de coñecer as distintas colecións, os personaxes, os elementos do cómic (viñetas, bocadillos, onomatopeias, liñas cinéticas,... ),... Tamén toca producir.
Na rede hai moitísimos xeradores de cómic online, nós estamos iniciandonos cun bastante chulo de "Genmagic", non se pode gardar o que vas facendo, pero se tes preparada a historia, os textos, ... , unha vez rematado podes imprimilo.
Pero, atentos!!!
Esta semana durante os recreos teredes a oportunidade de crear textos para tiras cómicas, viñetas, personaxes, ...
ANIMÁDESVOS???